Iniciamos o 3º trimestre

Estimadas familias, esperamos que estedes ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento nas casas. Sabemos que esta a ser duro pra a maioría, pero tamén sabemos por moitas das vosas mensaxes e contribucións que o estades superando con ilusión, creatividade e moito cariño. Queremos pediros que sigades así agora que comezamos o último tramo do curso, e pedimos a vosa imprescimdible colaboración co profesorado, para o seguimento de actividades e tarefas.

Dende a dirección do colexio queremos informaros dalgunhas noticias e medidas que poden ser de interese a partir de agora:

  1. Como será a 3ª avaliación?. Esperamos instruccións a partir do mércores ou xoves. Estaredes puntualmente informados.
  2. Cando volveremos ao Colexio?. Non temos ningunha información oficial sobre este asunto. Nin datas, nin como o faremos. 
  3. Como estamos a comunicarnos? Principalmente polos correos electrónicos aportados por titores-as, tamén Abalar Móbil, este sitio web, Edixgal en 5º e 6ºEP e outros recursos como videoconferencias ou teléfonos. Cando teñades dúbidas sempre podedes contactar co colexio no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal ou en horario de mañá en días lectivos no 981133029.
  4. Onde están as tarefas ou propostas didácticas?. Principalmente na web do colexio nos apartados de cada curso e/ou especialidade, coa excepción de 5º e 6ºEP que traballan na plataforma Edixgal. Tamén a Aula Virtual e algún blog persoal que atoparedes sempre na web do cole.
  5. Alumnado con problemas de falta de ordenador e/ou internet. Somos coñecedores da maioría das familias con este problema. A partir deste martes 14 procuraremos darlles unha solución co préstamo de equipos. Tamén o Concello acaba de sacar un programa no que pretende levar as tarefas ás familias. Estaremos en contacto con eles para traballar coordinadamente.
  6. Departamento de Orientación. Encabezado por Luis Seijas, quero informaros que sigue totalmente activo e colaborando nas necesidades de reforzo e apoio do alumnado de NEAE e NEE e tamén disposto a resolver as vosas dúbidas ou consultas. Deixo enlace as súas indicacións e recomendacións.
  7. Comidas para alumnado becado. Poden obter diariamente o seu menú. Toda a información aquí.
  8. Actividades extraescolares on line. No seguinte blog tedes toda a información de como participar nos diferentes retos e actividades propostas polos monitores-as de extraescolares.

Moito ánimo en nome de todo o claustro e demáis persoal do colexio.

Powered by Drupal - Design by artinet