Secretaria

Inicio do proceso de admisión 2023-24

A partires de hoxe 16 de xaneiro actívase este procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6ºEP interesado en continuar estudios no IES Monte das Moas (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 6 de febreiro (o colexio enviará documentación ás familias nos vindeiros días) e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas.

No caso de solicitude de prazas para 4ºEI ou calquera outro nivel ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Publicaremos vacantes e información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Celebrada a votación o luns 28 de novembro de 2022 os representantes candidatos elixidos foron:

SECTOR PROFESORADO: Alfonso González López e Luis Seijas Penas

SECTOR FAMILIAS: Rubén Cuellas Vázquez e Ramiro Eduardo Maceira Martínez

Tamén aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa implicación e participación ás representantes saíntes, que son as nais María García e Mónica Scandura, e as mestras Eva Fariñas e Ana Roca.

Solicitude de axudas para libros e material no curso 22-23

Publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto para 1º e 2º de primaria, material escolar e participación no fondo público de libros para 3º e 4º de EP. O prazo terminará o 22 de xuño e premendo na imaxe tedes toda a información resumida.

 

Listaxes definitivas de admisión curso 22-23

Estimadas familias, dende hoxe 11 de maio podedes consultar no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de admitidos-as e non admitidos-as para o vindeiro curso 22-23. Para a vosa tranquilidade avisamos de que non varían respecto das provisionáis.

MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO: Lembrade que é imprescindible matricular no centro ao novo alumnado admitido, entre os días 20 e 30 de xuño. A documentación necesaria e horarios de atención ao público dispoñibles facendo clic na imaxe.

 

Listaxes provisionais de admisión de alumnado 22-23

Este xoves 21 de abril, a dirección do centro publicou as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2022-23. Pódense consultar físicamente no taboleiro, na entrada principal do colexio. A modo de resumo indicar que as 50 solicitudes de 4º de infantil están admitidas, igual que a única presentada para 5º de infantil e a única presentada para 5º de primaria. No resto de cursos as solicitudes presentadas non están admitidas, ao carecer de vacantes no momento actual. Lembrámoslles que antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Admisión de alumnado 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 22-23. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario indicado. A continuación deixamos todo o necesario para realizar este trámite.

Coñece o noso colexio. Portas abertas virtuais

A situación de restriccións e medidas nos centros educativos orixinadas pola pandemia do COVID-19, levaron a dirección do centro a tomar a decisión de non realizar unha xornada de portas abertas presencial. No seu lugar, poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido recorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e undocumento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. De todos os xeitos, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal (próximamente publicaremos todo o necesario para a solicitude formal de praza no vindeiro curso)

Calendario procesos de admisión de alumnado

Publicouse un ano máis, o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con cartos públicos, para o curso 2022-23. A continuación resumimos brevemente os procesos e prazos diferenciados:

  1. Reserva de praza en centros adscritos (para os de 6ºEP ao IES Monte das Moas): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. Recibirán circular informativa e anexo I nos vindeiros días para devolver ás titoras debidamente cumplimentado.
  2. Sorteo público na Consellería para determinar letra de desempate. ( na derradeira semana de febreiro)
  3. Publicación das vacantes ofertadas. (antes do 1 de marzo)
  4. Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 22-23. (do 1 ao 21 de marzo)
  5. Publicación de listaxes provisionáis de admitidos. (antes do 25 de abril)
  6. Publicación de listaxes definitivas de admitidos. (antes do 15 de maio)

IMPORTANTE:

  • Na última semana de febreiro publicaremos toda a información e documentación necesaria para o proceso de solicitude de praza. Tamén publicaremos a posible data do día de portas abertas, que será presencial ou virtual, dependendo da situación da pandemia nese momento.
  • LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL A 5º DE PRIMARIA, QUE NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE PARA CONTINUAR NO COLEXIO O VINDEIRO CURSO, A RENOVACIÓN É AUTOMÁTICA.

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO BENEFICIARIO

 

O martes 11 e mércores 12 de xaneiro procederemos á entrega de máscaras ao alumnado beneficiario.

Powered by Drupal - Design by artinet