Secretaria

Listaxes provisionais de admisión de alumnado 22-23

Este xoves 21 de abril, a dirección do centro publicou as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2022-23. Pódense consultar físicamente no taboleiro, na entrada principal do colexio. A modo de resumo indicar que as 50 solicitudes de 4º de infantil están admitidas, igual que a única presentada para 5º de infantil e a única presentada para 5º de primaria. No resto de cursos as solicitudes presentadas non están admitidas, ao carecer de vacantes no momento actual. Lembrámoslles que antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Admisión de alumnado 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 22-23. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario indicado. A continuación deixamos todo o necesario para realizar este trámite.

Coñece o noso colexio. Portas abertas virtuais

A situación de restriccións e medidas nos centros educativos orixinadas pola pandemia do COVID-19, levaron a dirección do centro a tomar a decisión de non realizar unha xornada de portas abertas presencial. No seu lugar, poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido recorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e undocumento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. De todos os xeitos, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida no enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal (próximamente publicaremos todo o necesario para a solicitude formal de praza no vindeiro curso)

Calendario procesos de admisión de alumnado

Publicouse un ano máis, o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con cartos públicos, para o curso 2022-23. A continuación resumimos brevemente os procesos e prazos diferenciados:

  1. Reserva de praza en centros adscritos (para os de 6ºEP ao IES Monte das Moas): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. Recibirán circular informativa e anexo I nos vindeiros días para devolver ás titoras debidamente cumplimentado.
  2. Sorteo público na Consellería para determinar letra de desempate. ( na derradeira semana de febreiro)
  3. Publicación das vacantes ofertadas. (antes do 1 de marzo)
  4. Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 22-23. (do 1 ao 21 de marzo)
  5. Publicación de listaxes provisionáis de admitidos. (antes do 25 de abril)
  6. Publicación de listaxes definitivas de admitidos. (antes do 15 de maio)

IMPORTANTE:

  • Na última semana de febreiro publicaremos toda a información e documentación necesaria para o proceso de solicitude de praza. Tamén publicaremos a posible data do día de portas abertas, que será presencial ou virtual, dependendo da situación da pandemia nese momento.
  • LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL A 5º DE PRIMARIA, QUE NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE PARA CONTINUAR NO COLEXIO O VINDEIRO CURSO, A RENOVACIÓN É AUTOMÁTICA.

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO BENEFICIARIO

 

O martes 11 e mércores 12 de xaneiro procederemos á entrega de máscaras ao alumnado beneficiario.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS

 

Publicada a listaxe definitiva de adxudicación de máscaras no taboleiro da entrada ao colexio. O reparto será no mes de xaneiro.

 

Solicitude e reparto de máscaras en primaria 21-22

No DOG do venres 12 de novembro a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas. Resumimos a continuación a convocatoria:

  • Todo o alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.
  • Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2019), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
  • Modelo de solicitude para descargar. (acompañar fotocopia do libro de familia)
  • Prazo e lugar: ata o 29 de novembro na secretaría do colexio. (Horario secretaría)
  • O martes 3 de decembro publicaremos a listaxe de beneficiarios das máscaras. (no taboleiro da entrada do colexio)
  • O reparto das máscaras realizarémolo no mes de xaneiro. Informaremos do procedemento.

 

Instruccións sobre o regreso ás aulas

Este xoves día 9 de setembro comezamos a actividade lectiva. Farémolo en horario habitual, e coa mesma dinámica de entradas e saídas do curso anterior. Lembrade a importancia de respectar as franxas horarias nas entradas e saídas; de 8,55h a 9,05h para primaria e de 9,05h a 9,15h para infantil. Importante tamén facer uso exclusivo da porta correspondente, en función do curso. No seguinte documento tedes a posibilidade de consultar detalladamente todo o relacionado coa organización das entradas e saídas.

En canto ao protocolo de adaptación ao COVID, o Equipo Directivo traballa na súa actualización, que publicaremos nos vindeiros días, pero xa podemos anticiparvos que non haberá cambios significativos. O uso da máscara e a hixiene de mans continuarán sendo obrigatorias. En canto á distancia entre o alumnado, e sempre que sexa dentro do grupo estable de convivencia, existirá unha certa relaxación e non será obrigatorio manter unha distancia mínima. Ademais, poderemos compartir materiais con precaución e desinfección. Nos recreos, de momento, continuaremos tendo un espacio delimitado para cada aula.

A partir do xoves poderemos comunicarnos a través de Abalar Móbil; antes foi imposible por cuestións organizativas dos servizos informáticos da Consellería de Educación.

Agardamos a vosa colaboración e apoio, do mesmo xeito que o tivemos en cursos anteriores, e xa o agradecemos por adiantado. BENVIDOS e BENVIDAS!!

Listaxes de material escolar

Facemos recordatorio de que non haberá unha entrega previa. O propio alumnado deberá traer o material nos primeiros días de clase.

Powered by Drupal - Design by artinet