Instruccións sobre o regreso ás aulas

Este xoves día 9 de setembro comezamos a actividade lectiva. Farémolo en horario habitual, e coa mesma dinámica de entradas e saídas do curso anterior. Lembrade a importancia de respectar as franxas horarias nas entradas e saídas; de 8,55h a 9,05h para primaria e de 9,05h a 9,15h para infantil. Importante tamén facer uso exclusivo da porta correspondente, en función do curso. No seguinte documento tedes a posibilidade de consultar detalladamente todo o relacionado coa organización das entradas e saídas.

En canto ao protocolo de adaptación ao COVID, o Equipo Directivo traballa na súa actualización, que publicaremos nos vindeiros días, pero xa podemos anticiparvos que non haberá cambios significativos. O uso da máscara e a hixiene de mans continuarán sendo obrigatorias. En canto á distancia entre o alumnado, e sempre que sexa dentro do grupo estable de convivencia, existirá unha certa relaxación e non será obrigatorio manter unha distancia mínima. Ademais, poderemos compartir materiais con precaución e desinfección. Nos recreos, de momento, continuaremos tendo un espacio delimitado para cada aula.

A partir do xoves poderemos comunicarnos a través de Abalar Móbil; antes foi imposible por cuestións organizativas dos servizos informáticos da Consellería de Educación.

Agardamos a vosa colaboración e apoio, do mesmo xeito que o tivemos en cursos anteriores, e xa o agradecemos por adiantado. BENVIDOS e BENVIDAS!!

Powered by Drupal - Design by artinet