Secretaria

Portas abertas virtuais

A situación actual de restriccións pola pandemia da COVID fai que este ano non fagamos a tradicional xornada de portas abertas. Para que poidades coñecernos un pouco mellor elaboramos un video con imaxes das diferentes dependencias e instalacións do colexio e tamén compartimos un "lip dub" elaborado no 2015 onde podedes ver o colexio dun xeito máís orixinal. Tamén podedes descargar o tríptico de acollida e un documento de preguntas frecuentes. Non obstante quen teña algunha dúbida que non solucionen calquera dos documentos mencionados, pode escribir ao enderezo ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.gal, solicitando unha resposta ou aclaración.

 

Convocatoria para reparto de máscaras

No DOG do venres 13 de novembro a Consellería de Educación realizou unha convocatoria para o alumnado de Educación Primaria para obter máscaras gratuitas. Resumimos a continuación a convocatoria:

  • Todo o alumnado beneficiario do vale de material escolar neste curso NON terá que entregar solicitude. Recibirán as máscaras automáticamente.
  • Poden presentar solicitude os que non foron beneficiarios do vale de material, sempre e cando cumpran o requisito de ter unha renda familiar per cápita inferior a 6000 euros (renta 2018), ou se é alumnado de Educación Especial, se está tutelado pola Xunta ou se ten discapacidade recoñecida de máis do 65%.
  • Modelo de solicitude para descargar. (acompañar fotocopia do libro de familia)
  • Prazo e lugar: ata o 27 de novembro na secretaría do colexio (ver horario)
  • O luns 30 de novembro publicaremos a listaxe de beneficiarios das máscaras. (no taboleiro da entrada do colexio)
  • O reparto das máscaras realizarémolo no mes de decembro. Informaremos do procedemento.

 

Seguimento das normas

 

Esta semana por fin, o Concello instalou a sinalización vertical que prohibe aparcar os vehículos arredor das portas de acceso nos momentos das entradas e as saídas. Se respectamos entre todos-as esta breve limitación, teremos maior espazo e separación, e polo tanto máis seguridade.

Aproveito para agradecer ao conxunto das familias, a vosa colaboración e seguimento de normas e franxas horarias que está a posibilitar que o acceso e recollida do alumnado se faga con bastante fluidez e seguridade. De todos os xeitos non quero perder esta oportunidade para seguir pedindo o voso apoio no cumprimento de normas esenciais e colectivas na contorna do colexio:

  • Uso correcto das máscaras
  • Distancia social entre familias
  • Prohibición de fumar cerca do colexio e cerca dos demais.
  • Respecto dos sinais de aparcamento e acceso ao recinto.

Unha vez máis, grazas pola colaboración.

A Dirección.

Taboleiro informativo dixital

Na situación actual, co acceso ao recinto educativo bastante restrinxido para as familias, pensamos que sería unha boa idea ter toda a información habitual do taboleiro do colexio volcada nun taboleiro virtual, onde toda a comunidade educativa poda consultar información de interese, circulares, convocatorias, etc. O enlace estará permanentemente no menú lateral na esquerda da páxina https://drive.google.com/drive/folders/1PPoW5AZb8I4xNH5yaaFjoS7WiVwi-DPx?usp=sharing

 

Plan de Adaptación do colexio ao contexto COVID-19

Seguro que tedes moitas dúbidas e preguntas sobre o deseño e as adaptacións a este curso tan singular. No documento atoparedes moitas das respostas. Tamén tede en conta que será un documento actualizable según as circunstancias. Trátase dun documento baseado en instruccións da Consellería de Sanidade e Educación.

ACCESO AO PLAN (actualizado o 11 de novembro tendo en conta o Plan de Ensino Virtual proposto pola Consellería)

Notificación de grupos

Os servizos informáticos centrais da Consellería indican agora que ata mañá xoves non estarán dispoñibles os novos grupos 20/21 en Abalar. 

Solucionaremos a situación do seguinte xeito:

  • 3 anos: as titoras chaman hoxe a todas as familias (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 4 anos: Bea, titora de 4 anos C avisa hoxe as súas familias que son as que cambian. O resto siguen na mesma clase.  (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 5 anos: Aurora, titora de 5 anos C avisa hoxe as súas familias que son as que cambian. O resto siguen na mesma clase.  (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 1º, 2º e 3º elaboraremos unha listaxe con nome e iniciais dos apelidos e a poñeremos na porta principal para a súa consulta (ás 13h)
  • 4º, 5º e 6º utilizaremos Abalar Móbil mañá xoves. 

Inicio de clases

O xoves 10 inician as clases 1º, 2º e 3ºEP e 4º e 5º de Infantil co seguinte horario especial:

  • 3ºEP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta da Av da Concordia – (porta grande corredera). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta, gardando a distancia de 1,5m, e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 1ºEP e 2º EP: De 9:25 a 9,40h. Acceso pola porta principal-1. Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 5º de ED. INFANTIL: De 10:00 a 10:10h. Acceso pola porta principal-1. Pode entrar un acompañante por alumno-a. Seguir as flechas de entrada e saída do recinto. Dirixirse cara a porta correspondente e deixar ao alumno-a. Non se farán filas. Manter a distancia de 1,5m en todo momento. Mascarilla recomendable.

  • 4º de ED. INFANTIL 1º quenda 10h a 11,30h, 2ª quenda 11:40 a 13:45 Un acompañante por alumno-a entrará no recinto pola porta principal e achegarase á porta de acceso correspondente. (Período de adaptación ata o 28 de setembro).

O venres 11 comezará o resto de cursos e co seguinte horario:

  • 1ºEP e 2º EP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta principal-1. Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 3ºEP e 4ºEP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta da Av da Concordia – (porta grande corredera). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta, gardando a distancia de 1,5m, e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 5ºEP e 6ºEP: De 9:30 a 9,40h. Acceso pola porta das escaleiras (Av Casanova de Eirís). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta, gardando a distancia de 1,5m, e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 5º e 6º de ED. INFANTIL: De 10:00 a 10:10h. Acceso pola porta principal-1. Pode entrar un acompañante por alumno-a. Seguir as flechas de entrada e saída do recinto. Dirixirse cara a porta correspondente e deixar ao alumno-a. Non se farán filas. Manter a distancia de 1,5m en todo momento. Mascarilla recomendable.

  • 4º de ED. INFANTIL 1ª quenda 10h a 11,30h, 2ª quenda 11,40 a 13:45 Un acompañante por alumno-a entrará no recinto pola porta principal e achegarase á porta de acceso correspondente. (Período de adaptación ata o 28 de setembro).

A partir do luns 14 horario seguindo este horario xeral:

ENTRADAS:

  • ED. INFANTIL: De 9,05 a 9,15h. Acceso pola porta principal-1. Pode entrar un acompañante por alumno-a. Seguir as flechas de entrada e saída do recinto. Dirixirse cara a porta correspondente e deixar ao alumno-a. Non se farán filas. Manter a distancia de 1,5m en todo momento. Mascarilla recomendable.

  • 1ºEP e 2º EP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta principal-1. Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 3ºEP e 4ºEP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta da Av da Concordia – (porta grande corredera). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta, gardando a distancia de 1,5m, e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

  • 5ºEP e 6ºEP: De 8,55 a 9,05h. Acceso pola porta das escaleiras (Av Casanova de Eirís). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O alumnado, baixo a supervisión do profesorado de garda, accederá a súa aula directamente, e na que estará o mestre-a correspondente. Deben entrar coa máscarilla posta, gardando a distancia de 1,5m, e utilizar o xel hidro alcohólico que terán na súa aula.

SAÍDAS: (APLICABLE DESDE EL PRIMER DÍA)

  • ED. INFANTIL: De 13,45 a 13,55h. Acceso pola porta principal-1. Pode entrar un acompañante por alumno-a. Seguir as flechas de entrada e saída do recinto. Dirixirse cara a porta correspondente e agardar Non se farán filas. Manter a distancia de 1,5m en todo momento.

  • 1ºEP e 2º EP:  De 13,55 a 14,10 Saída pola porta principal-1. O mestre-a acompañará ao grupo ata a porta principal 1 e fará a entrega personalizada. O uso da mascarilla e distancia de 1,5m será obrigatoria.

  • 3ºEP e 4ºEP:  De 13,55 a 14,10 Saída pola porta da Av da Concordia – (porta grande corredera). Non pode entrar ningún acompañante no recinto. O mestre-a acompañará ao grupo ata a porta exterior e fará a entrega personalizada cando sexa o caso.

  • 5ºEP e 6ºEPDe 13,55 a 14,10 Saída pola porta das escaleiras da Av Casanova de Eirís. Non pode entrar ningún acompañante no recinto para a recollida. O mestre-a acompañará ao grupo ata a porta exterior e fará a entrega personalizada cando sexa o caso.

COMEDOR COMEZA O DÍA 10

MADRUGADORES COMEZA O DÍA 14

Adscrición do profesorado

Durante a mañá do 1 de setembro reunímonos en claustro para realizar a elección de cursos e dar as primeiras instruccións ao profesorado. Xa podedes consultar esta adscrición nos seguintes enlaces.

TITORAS-ES

ESPECIALIDADES

Nos vindeiros días publicaremos as listaxes de material para cada nivel educativo. Excepcionalmente, este curso non haberá entregas previas de material e libros nas titorías. Todo o material chegará co alumnado o primeiro día de clase.

 

Información sobre inicio de curso 20/21

ACCESO Á CIRCULAR

Modificación: Os grupos estables de convivencia serán TODOS OS CURSOS (Protocolo actualizado da Xunta o día 31 de agosto)

Powered by Drupal - Design by artinet