Notificación de grupos

Os servizos informáticos centrais da Consellería indican agora que ata mañá xoves non estarán dispoñibles os novos grupos 20/21 en Abalar. 

Solucionaremos a situación do seguinte xeito:

  • 3 anos: as titoras chaman hoxe a todas as familias (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 4 anos: Bea, titora de 4 anos C avisa hoxe as súas familias que son as que cambian. O resto siguen na mesma clase.  (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 5 anos: Aurora, titora de 5 anos C avisa hoxe as súas familias que son as que cambian. O resto siguen na mesma clase.  (Temos claustro, chamarán a partir das 12h)
  • 1º, 2º e 3º elaboraremos unha listaxe con nome e iniciais dos apelidos e a poñeremos na porta principal para a súa consulta (ás 13h)
  • 4º, 5º e 6º utilizaremos Abalar Móbil mañá xoves. 

Powered by Drupal - Design by artinet