Seguimento das normas

 

Esta semana por fin, o Concello instalou a sinalización vertical que prohibe aparcar os vehículos arredor das portas de acceso nos momentos das entradas e as saídas. Se respectamos entre todos-as esta breve limitación, teremos maior espazo e separación, e polo tanto máis seguridade.

Aproveito para agradecer ao conxunto das familias, a vosa colaboración e seguimento de normas e franxas horarias que está a posibilitar que o acceso e recollida do alumnado se faga con bastante fluidez e seguridade. De todos os xeitos non quero perder esta oportunidade para seguir pedindo o voso apoio no cumprimento de normas esenciais e colectivas na contorna do colexio:

  • Uso correcto das máscaras
  • Distancia social entre familias
  • Prohibición de fumar cerca do colexio e cerca dos demais.
  • Respecto dos sinais de aparcamento e acceso ao recinto.

Unha vez máis, grazas pola colaboración.

A Dirección.

Powered by Drupal - Design by artinet