24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

 
Hai xa máis de 20 anos que a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxo a celebración deste día. A
sí, o 24 de outubro aparece como data sinalada no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos publica a Xunta de Galicia.
O Ministerio de Cultura edita todos os anos un pregón e un cartel conmemorativo e propón actividades para a súa celebración.
Para celebrar este día, a  Consellería de Educación edita tamén cada ano un cartel cun lema para dar a coñecer as numerosas e variadas oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa. O cartel deste ano é obra da ilustradora Nuria Díaz; unha imaxe fermosísima na que o lema "Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar" anímanos a descubrir ese mundo da poesía que se agocha en numerosos lugares, moitos máis dos que nos veñen á cabeza nun primeiro momento. A poesía envolve ao mundo e é tan diversa coma el.

Bo día da Biblioteca!

 
 

 

Powered by Drupal - Design by artinet