Ed. física

Mini-Olimpiada con sexto

Un curso máis e no mes de novembro rematamos a unidade didáctica de iniciación ao atletismo nas pistas da UDC de Elviña. Pasámolo xenial, correndo , saltando e lanzando, todos xuntos nun entorno moi profesional. Aquí tedes unha mostra.

 

Con quinto no Camiño

Un fermoso día de primaveira acompañounos este venres 24 de maio pola nosa ruta Furelos - Ribadiso do Camiño de Santiago. Deixámosvos algunha das imaxes da xornada.

 

Día da Ed. Física na rúa

Por segundo ano consecutivo participamos nesta iniciativa a nivel nacional, que busca o apoio para aumentar o horario de educación física e apostar por modelos de vida activos e saudables. Este ano o lema EVA (estilo de vida activo) foi o lema da xornada. Aquí tedes unha mostra das imaxes da xornada celebrada en María Pita, así como a súa repercusión nos medios de comunicación.

 

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/maria-pita-llena-actividades-deportivas-reivindicar-mas-horas-lectivas-educacion-fisica/20190410203840402803.html

https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2019-04-11-156667-educacion-fisica-corua.html

Visitamos Riazor

Da man de La Opinión de A Coruña e o Depor, participamos un curso máis na iniciativa "Os Valores do Deportivo". Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer por dentro o Estadio de Riazor, ademáis de disfrutar dun interesante audiovisual da evolución do Depor e o fútbol, e por último estivemos cunha xogadora do Depor feminino e dous xogadores do Fabril. Como agasallo final, unha entrada para cada un para o vindeiro partido do Depor na casa.

Agradecemento ao CRAT feminino

Durante dúas semanas de marzo o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de coñecer, aprender e divertirse coa iniciación ao rugby que chegou da man do equipo feminino do CRAT de A Coruña, e a través da campaña da Federación Galega de Rugby, "Semente do rugby". Debido ao éxito acadado, decidimos que en adiante, teremos unha unidade didáctica de rugby nestes cursos.

Por certo, parabéns as xogadoras do CRAT que este domingo gañaron a final da liga nacional en Madrid!! 

 

+ EF, Premio Galicia á mellor actividade deportiva

Queremos compartir con todos-as o premio recibido este venres 23 de novembro en Ourense, de mans de AGAXEDE, e que anualmente entrega os premios Galicia á xestión deportiva. Este ano a actividade desenvolta en abril en colaboración con outros cinco colexios foi galardonada como a mellor actividade deportiva de 2018. Dende aquí agradecemos a AGAXEDE o recoñecemento e felicitamos ao resto de compañeiros-as e o alumnado dos diferentes centros educativos participantes.

Recollendo o premio con Elena do Victor López,

 

 

UD de Atletismo con 6ºEP

Logo de 12 sesións rematamos a unidade didáctica de atletismo coa nosa mini xornada nas pistas da UDC en Elviña.

Powered by Drupal - Design by artinet