Ed. física

Material para o curso 21-22

Neste curso 21-22 Juan e Pablo continuaremos encargándonos da materia de educación física en primaria, coa novidade de que intercambiamos os roles, e como Juan é o novo dire, terá menos clases, concretamente os grupos de 1º e 2º de EP e Pablo encargarase do resto de cursos.

No inicio será un curso coas normas e medidas coas que terminamos o anterior. Veremos se podemos flexibilizar e liberarnos da mascarilla ao aire libre nos vindeiros meses, pero mentres continuamos igual que o pasado curso. Procuraremos estar nos patios exteriores e/ou cubertos na maioría das clases.

Aquí deixamos o material de aseo necesario, e lembrade que haberá que traer posto un chandal ou similar e zapatillas deportivas ben cómodas.

 

  • CAMISETA DE REPOSTO
  • TOALLA PEQUENIÑA
  • MASCARILLA PARA ED. FÍSICA
  • BOTELLA DE AUGA

ESTE CURSO ESTAREMOS CASE SEMPRE NO PATIO, AO AIRE LIBRE. TEDEO EN CONTA POLO TEMA DA ROUPA.

Regresamos ao Camiño cos de quinto.

Dou anos despois retomamos esta actividade co alumnado de quinto de primaria. O alumnado dos grupos A e B, e días despois os grupos C e D, desfrutaron dunha xornada de convivencia na ruta Furelos (Melide) - Ribadiso (Arzúa). Catorce fermosos kilómetros do Camiño Francés, cheos de natureza, paisaxe e historia, promocionando outra forma de ocio, actividade física e turismo.

UD de Educación Deportiva en Balonmano

Retomamos neste 2021 a nosa clásica unidade didáctica de educación deportiva en balonmán. O alumnado de sexto tivo a oportunidade de aprender e desenvolver habilidades propias deste deporte, ao mesmo tempo e máis importante, que traballaban a cohesión do grupo-equipo, asumían diferentes roles, responsabilidades e todo impregnado de deportividade e compañerismo. 

 

Unha olímpica no Fdez Latorre

Completamos a nosa participación na actividade Coruña Olímpica recibindo este xoves 20 de maio a Paula Medín, xogadora coruñesa de rugby do CRAT e que participou nos Xogos Olímpicos de Río 2016 coa selección española de rugby 7. Estivo acompañada pola periodista Lis Franco que fixo de enlace entre o alumnado de 5ºEP e Paula Medín. Falou da súa experiencia olímpica e deportiva, destacando a importancia de recoñecer o deporte como un xogo, como unha experiencia saudable e socializadora, desmitificando a necesidade de éxitos, títulos e medallas, que as veces convírtense nunha pesada carga para as deportistas de élite. Sen dúbida, amosounos unha perspectiva máis humana e cercana do que supón ser deportista olímpica. Gracias Paula!!.

Charla con Indalecio Iglesias

Dentro do programa "Coruña Olímpica", este xoves 29 de abril achegouse ao colexio o deportista paralímpico coruñés Indalecio Iglesias. Durante a súa visita, este deportista coruñés participante nas olimpiadas de Barcelona 92, estivo acompañado pola periodista Lis Franco que actuou de moderadora e presentadora na charla de unha hora que mantivo co alumnado de 6ºEP. Narrou a súa experiencia como deportista de élite e as súas experiencias durante aquela participación nas Olimpiadas en Barcelona. O alumnado tivo ocasión de participar con preguntas e tamén compartindo as experiencias deportivas. Unha actividade para o fomento dos valores que transmite a práctica deportiva, e que non sempre teñen que estar relacionados coa fama e a riqueza, senón co esforzo, a igualdade, a comprensión e a solidaridade.

MINI OLIMPIADA 2020

O COVID non deixou que puidésemos culminar a UD de atletismo nas pistas de Elviña da Universidade, como viña sendo tradición. Igualmente fixémolo no patio do colexio e non quedou tan mal, verdade?

 

Celebramos o Día da Educación Física na casa

Non puido ser, estaba todo organizado para acudir a María Pita en compañía de 500 escolares de 10 centros educativos, da UDC e varias entidades deportivas. Pero non quixemos perder a oportunidade de celebralo e reivindicalo dende as nosas casas, e para iso contamos coa colaboración de case todo o alumnado de 6ºEP.

 

#Quedanacasa: +propostas saudables

Proposta dos compañeiros do CEIP S. Pedro de Visma.


 

TÁBATA: Ideal para casa. Es un sistema de entrenamiento, con varios ejercicios y con poca recuperación entre los mismos. El nivel lo pone cada uno-a. Hay muchos vídeos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet