Ed. física

No Camiño con quinto

Venres 8 de xuño, día preveraniego, e como cada ano, fieles a la cita, o alumnado de 5º aborda o precioso tramo do camiño francés entre Furelos e Ribadiso. Por terceiro ano consecutivo o realizamos cos compañeiros do CEIP Curros Enriquez. Pasámolo en grande! mirade...

Xornada de xogos tradicionais

Xoves 26 de abril, nenas e nenos de 2ºEP viaxamos ata A Capela, ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para participar no proxecto de Brinquedia, asociación adicada á recuperación e promoción dos xogos populares e tradicionais en Galicia. A actividade, a visita, o intercambio e convivencia, todo fantástico. Grazas.

Xogos de sempre

Durante o mes de marzo o alumnado de 2º EP traballou en Ed Física entorno aos xogos populares. Como broche final, realizaremos en abril, un encontro de xogos populares no colexio de A Capela. 

Promoción do deporte

O luns 21 de novembro achegaronse ao Colexio tres xogadores do Basket Coruña para realizar unha sesión de apoio e promoción do deporte do baloncesto, que por certo, xa conta con moitos adeptos entre o alumnado. Tamén aproveitaron para agasallar aos participantes, 3º e 4º, con abonos gratuitos para asistir aos partidos do mellor clube de baloncesto da nosa cidade. Moitas gracias

Xadrez na escola

Dentro da campaña XOGADE da Xunta de Galicia, na que participamos este curso na modalidade non competitiva, recibimos a un experto profesor chamado Jacobo que animou durante toda a xornada ao alumnado de 3º de primaria a coñecer e disfrutar deste deporte.

Exposición dos valores no deporte

Durante esta semana temos no colexio esta exposición que fai un repaso polos valores a destacar no ámbito do deporte potenciando este como unha vía primordial para a educación e formación do alumnado. Podedes pasar polo colexio para botarlle unha ollada ou ben nas seguintes diapositivas.

A clase de Ed Física

Aquí vos deixo unhas imaxes dunha sesión no ximnasio con 2ºB o martes 15 de febreiro.

 

Visitounos o Basket Coruña

O xoves 3 de febreiro os alumnos de 5º recibimos a visita de tres xogadores e o delegado do mellor equipo de baloncesto da Coruña, que xogan na liga LEB. Contaron anécdotas e ademáis fixemos xogos e exercicios con eles. Antes de teminar nos fixeron algúns regalos e nos invitaron ao seu próximo partido na cidade. Se queredes ver algunhas fotos picade na seguinte imaxe.

Día das Persoas con Discapacidade

Neste curso centramos a conmemoración deste día con diversas actividades. Por unha banda a elaboración dun mural coa colaboración de   todas as aulas e por outro lado, unha posta en práctica de actividades físicas adaptadas a desenrolar nas clases de educación física. Básicamente centrámonos na práctica de deportes adaptados como o voleibol sentado (variante cahibol), basket sentado e carreiras con guía. 

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS

Aproveitamos para deixar algúns links nos que atopar información, imaxes ou vídeos que mostran exemplos destas actividades:

Deportes paralímpicos, Volei sentado, Goalball, Bochia, Baloncesto en cadeira de rodasatletismo paralímpico

Exhibición de Capoeira

O xoves 11 de novembro tivemos a oportunidade durante o recreo de contemplar un verdadero espectáculo deportivo que combina baile, música e arte marcial, a CAPOEIRA. Grazas ao Grupo Nagó pola súa exhibición e promoción desta actividade física.

Powered by Drupal - Design by artinet