Listaxes provisionais de Fondolibros e vales

Xa podedes consultar as listaxes provisionais  no taboleiro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación Fondolibros coa Chave 365 ou certificado electrónico. Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno-a, e nas de vales se está concedido ou non. Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno-a. Non obstante, onde vexades que recibides 6 libros corresponderán a Galego, Castelán, Mate, Inglés, Sociais e Naturais. Os que recibides catro serían Galego, Castelán, Mate e Inglés. As entregas serán en setembro nos días indicados na circular de final de curso. Os libros de música, o "activity" de inglés e relixión non entran no fondo e polo tanto cada familia debe adquirilos.

AVISO PARA 4ºEP: Ao marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, 6 libros en préstamo que serán os de mate, lengua, língua, inglés, sociais e naturais. 

Powered by Drupal - Design by artinet