Axudas para libros e material escolar no curso 20-21

Hoxe martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Ed. Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación de solicitudes por vía telemática. Tamén pode facerse presencialmente na secretaría do colexio en horario de 9,45h a 12h, respectando as medidas sanitarias en vigor, e as establecidas polo propio centro.

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.

CIRCULAR INFORMATIVA DO COLEXIO

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

ACCESO A APLICACIÓN FONDOLIBROS

 

Powered by Drupal - Design by artinet