ADMISIÓN 20/21: Listaxes provisionáis

Dende hoxe venres 5 de xuño (a partires das 12h), podedes consultar as listaxes provisionáis de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021. Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web por temas de protección de datos.

Como podedes consultalas? :

  1. PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, na entrada principal. (de 9,30h a 14h)
  2. TELEMÁTICAMENTE: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
  3. NON PODEMOS PROPORCIONAR INFORMACIÓN TELEFÓNICA SOBRE ESTES DATOS.

Ata o día 10 de xuño poderanse presentar reclamacións na secretaría do colexio.

As listaxes definitivas as publicaremos previsiblemente o 22 de xuño. O prazo para formalizar a matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Powered by Drupal - Design by artinet