I Concurso fotográfico "Ningunha máis" do IES Politécnico de Vigo

O IES Politécnico de Vigo, en colaboración coa Responsábel de Audiovisuais, convoca o I Concurso Fotográfico "Ningunha máis" co obxectivo de fomentar valores que eliminen a discriminación que permite a existencia da violencia contra as mulleres.

Accede ás bases para coñecer as condicións de participación. A data de entrega das obras remata o 16 de novembro do 2015.

 

 

Entrega do premio Idea 2015 ao noso alumnado gañador

Entrega do premio

Onte acompañamos ao alumnado á entrega do 1º Premio Idea 2015, convocado pola Consellaría de Educación en Santiago de Compostela.

Agardamos que teñades moito éxito no futuro coa vosa empresa!

 

http://www.crtvg.es/informativos/entrega-dos-premios-emprende-idea-2015-de-fp-1522076

CHARLAS INFORMATIVAS BOLSAS ERASMUS

  O proximo xoves 22 de outubro  as 11:30 e 19:20 h.terá lugar no salón de actos unha charla informativa sobre as bolsas ERASMUS.

A charla vai dirixida aos Ciclos formativos Medios e Superiores, 1º e 2º 

  • Os Ciclos Superiores :bolsa Erasmus para FCT no estranxeiro.
  • Os Ciclos Medios: Bolsas prácticas( unha vez obtido o título) no estranxeiro.Neste caso a bolsa pode ascender a 9.000  euros 
  • Facer grupo para curso de Inglés

 Toda a información a tes na Páxina web do ERASMUS

http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico#!inicio/mainPage

MOI INTERESANTE!!

CARTEL

EMPREGALIA " A FEIRA DO EMPREGO DE GALICIA"

A feira de emprego “Empregalia 2015”  celebrarase o venres 16 e sábado 17 de outubro na Estación Marítima de Vigo.

EMPRESAS:

PSA Peugeot-Citroën Formega, Feprohos, Grupo Egasa, Asime, Allfinanz España, Mary Kay, Método Consultores, Manpower y Adecco. Tamén estarán asociaciones co­mo Abap, Down, Cogami, Caritas o Mulleres en Igualdade.

 

ALUMNOS DO CICLO SUPERIOR DE ARI GAÑAN O 1º PREMIO DO CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2015


Un grupo de alumnos do centro formado por Pablo Álvarez Calvo, Adrián Firmés Fernández, Martín Rego Gerpe e Xurxo Pérez Danta, que cursaran o CS de Automatización e robótica industrial, foi gañador do 1º premio do concurso Eduemprende Idea 2015 na modalidade A.

Pódese consultar

Intercambio multilateral Erasmus+ en Sicilia - Italia

Convocatoria de catro prazas para un intercambio multicultural de oito días  ,único requisito ter entre dezaoito e trinta anos e residir en galicia. Prazo corto de Inscripción ON-LINE do 27 de setembro a 4 de octubro. 

INFORMATE!! MOI INTERESANTE ......

 http://xuventude.xunta.es/2015092816922/intercambio-multilateral-erasmus-en-sicilia-italia.html

 

FP DUAL BENTELER -- LISTAXE ADMITIDOS

Listaxe de persoas admitidas e suplentes por orde de prioridade

XORNADAS "GARANTÍA XUVENIL E COOPERATIVAS "

Se es emprendedor pódenche interesar estas xornadas  :" Garantía xuvenil e Cooperativas".  O DÍA 25 DE SETEMBRO EN VIGO.

Inscríbete xa!!  www.ugacota.coop

CARTEL

INSCRICIÓN

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL CURSO 2015-16

No curso 2015-16 amplíase un novo grupo da FP Dual do CM Mantemento electromecánico.

prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 14 de setembro de 2015.

Máis información sobre o proceso de admisión  AQUÍ

VISITA A DOMIBERIA S.L. POLOS ALUMNOS DO C.S. DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Como todos os anos facemos unha visita á empresa DOMIBERIA S.L ( antes CROW) de novo agradecerlles a atención prestada e a súa colaboración ano tras anos co IES Politécnico.

 

CHARLAS PRIMEROS AUXILIOS 2015

O alumnado de ciclos formativos asistiu a unhas charlas de primeiros auxilios impartidas polo voluntariado de PROTECCIÓN CIVIL do Concello de Vigo. Mostrar o noso agradecemento aos voluntarios/as de protección civil de Vigo que de forma desinteresada colabora ano tras ano co IES Politécnico de Vigo.

 

I FESTIVAL CURTAS 2015

Despois da Esmorga é o maior éxito do cine galego. Parabéns aos nosos premiados no festival CINEDFEST

Ver noticia no Faro de Vigo - 5 de xuño 2015

CONVOCATORIA CONCURSO EDUEMPRENDE 2015

Convócase por orde Orde do 15 de maio de 2015 (DOG 27 de maio de2015)concurso Eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado dás ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño dá Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

1.Ten dúas modalidades

A.Ciclos grao superior

B.Ciclos grao medio

2.A participación ten que ser en grupo, mínimo dúas persoas.

3.O plazo da presentacion solicitude 27/6/2015


Máis información no enlace: 
http://www.edu.xunta.es/fp/fp-plus-idea

Parabéns á nosa alumna Malena Riveiro Mouriño (1º ESO)

Por acadar o 1º posto no Campionato Galego de Judo na categoría Infantil, e o valiosísimo 7º posto nos Campionatos de España.

Un exemplo de cómo as boas calificacións poden ir unidas  aos bos resultados no eido deportivo.

Noraboa!

Gala de fin de ciclo. Promoción 2015

Fermosísima Gala de fin de ciclo do noso alumnado de bacharelato. Emocionante e moi ben organizada. Chea de anécdotas, sorpresas e lembranzas de dous anos inesquecibles. Ao final un divertido photocall. Os nosos mellores desexos para o futuro que comezades.

NOVA CONVOCATORIA BOLSAS ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015

Aberta a nova convocatoria BOLSAS  ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015 .As charlas informativas terán lugar:

  • Martes 26/5/2015 as 11:30 h.
  • Martes 26/5/2015 as 19:20 h

Toda a información a tes na Páxina web do ERASMUS

http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico#!inicio/mainPage

ANIMARVOS!

VIAXE DA FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO, co gallo da fin de etapa, viaxou a Salou o 8 de maio para desfrutar de seis días fóra das aulas, visitando as cidades de Tarragona e Barcelona, e gozando nas atraccións de Port Aventura. Agardamos que teñades moito éxito no novo ciclo que ides iniciar.

Distribuir contido