Admisión e matrícula na ESO e BACHARELATO - Curso 2014/2015

Admisión e matrícula na ESO e BACHARELATO - Curso 2014/2015

Normativa

Solicitude admisión ESO

Solicitude admisión bacharelato

Nesta páxina penduraranse todalas listaxes, cambios e/ou información que vaian surdindo no proceso.

Xubilación do profesor Alejo Castro

   O profesor de física e química Alejo Castro xubilouse o día 12 de xaneiro. Despois dunha longa traxectoria como docente no Politécnico, o seu alumnado e os seus compañeiros ímolo botar moito de menos. O Instituto perde a un moi bo profesor, os seus alumnos o lembrarán sempre e os seus compañeiros agardamos as súas visitas para continuar as tertulias ás que nos tiña afeccionados. 

   Alejo unha aperta de todos, de todo corazón, coa envexa de saber que agora o tes máis novo que o noso.

   Os teus alumnos e os teus compañeiros que che aprecian.

CHARLA BECAS ERASMUS 1º DE CICLOS SUPERIORES

Comunicámosvos que nas seguintes datas darase  unha charla informativa  sobre as bolsas erasmus con motivo de informarvos e de facer previsións para  a solicitude das bolsas.

 

  • Alumnado de 1º Ciclos superiores diúrno: 24 de xaneiro ás  11:30
  • 

  • Alumnado de 1º Ciclos superiores nocturno: 28 de xaneiro de 17:40 a 18:30

PRÁCTICAS REMUNERADAS EN EMPRESA

Xa podes consultar as listas definitivas de admitidos no Plan de Práctica Laboral da Diputación de Pontevedra.  Se non puido ser esta vez, xa sabes que moi pronto sairán novas prazas. http://ow.ly/rt6TA.
 Logo do portal oficial da provincia de Pontevedra

Alumnos de Sosnowiec no IES Politécnico de Vigo

Un total de 16 alumnos do centro formativo Centrum Ksztalcenia Zawodowego i Ustawicznego de Sosnowiec, Polonia, estiveron realizando un curso de Control Numérico nas instalacións do IES Politécnico de Vigo durante dúas semanas, dende o 12 ata o 26 de outubro, mediante un programa desenvolvido dentro dos proxectos Leonardo da Vinci.

Admisión PCPI 2013/14

A Resolución do 31 de xullo do 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, determina os prazos de admisión e se dita instrucións para o seu desenvolvemento no curso académico 2013/14 dos programas de cualificación profesional inicial . (DOG 12 de agosto de 2013)

- Presentación de solicitudes de admisión:    2 de setembro ata as 13.00 horas do día 11 de setembro
- Lista de admitidos:                                     13 de setembro
- Prazo de matricula para admitidos:            13 ao 17 de setembro

Concesión cafetería 2013/2014

Seguindo a Instrucción 4/2013, DO 14 DE XUÑO DE 2013 da Consellería de Educación, para a contratación dos servizos de xestión e explotación das cafeterías dos centros educativos públicos, sácase a concurso o servizo  da cafetería do IES Politécnico coas seguintes INSTRUCCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES Politécnico de Vigo recolleran, na conserxería do centro, o documento titulado “ CONDICIONS PARA A CONTRATACION DO SERVIZO DE XESTION E EXPLOTACION DA CAFETERIA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA”. Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro. 
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Dirección do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: Día  1 de xullo, luns.
PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o martes 2 de xullo, ata o xoves 11 de xullo, as 12:00 horas.
PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: Venres 12 de xuño as 12 horas
POSTA EN MARCHA DO SERVICIO: O día de inicio das actividades lectivas

Horario de verán

APERTURA DO CENTRO

Xullo:

  • De luns a venres pola mañá de 9:00 as 14:00
  • Martes pola tarde de 16:00 as 21:00

Agosto:

  • De luns a venres pola mañá de 9:30 as 13:30

APERTURA DA SECRETARÍA

Xullo:

  • De luns a venres pola mañá de 9:00 as 13:30
  • Martes pola tarde de 16:00 as 20:30

Agosto:

  • De luns a venres pola mañá de 9:30 as 13:00

Admisión e matricula en Ciclos Formativos 2013-14

Presentación de solicitudes:

  • Prazo ordinario: 17 de xuño ata as 13.00 horas do 2 de xullo. 
  • Prazo extraordinario: 2 ao 12 de setembro ás 13:00 horas

Descargar calendario completo aquí.

Listaxes DEFINITIVAS de admisión en 1º Bacharelato 2013-14

Listados DEFINITIVOS de solicitudes para 1º de bacharelato (todas as modalidades e réximes) de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS.

Listado  DEFINITIVO DE ADMITIDOS 1º BACH.pdf

Listado DEFINITIVO DE NON ADMITIDOS 1º BACH.pdf

Estas listaxes son de admitidos para a realización da matricula, que debera ser formalizada nos prazos abaixo indicados:

  • Alumnado promocionado no mes de xuño: 25 de xuño-10 de xullo.
  • O resto do alumnado: 1-10 de setembro.

O alumnado que non realice a matricula no periodo que lle corresponde perderá todos os dereitos sobre a praza concedida.

IMPORTANTE: O alumnado NON ADMITIDO (no réxime ordinario) pode obtar as prazas existentes nos grupos de vespertino e/ou adultos.

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS CICLOS FORMATIVOS MAYO - 2013

 

Curso de primeiros auxilios impartido por profesorado do programa do  SINTOME BEN a cargo do CONCELLO DE VIGO

Listados de admitidos en 1º Bacharelato de Artes 2013-14

Nos enlaces mostrados a continuación obtéñense os listados provisionais de admisión de 1º de bacharelato de artes (réxime ordinario) desglosado en admitidos e non admitidos.

O prazo de reclamación contra estes listaxes remata o venres, 24 de maio de 2013 as 14:00.

Recordamos que o resto de solitudes para outras modalidades ou réximes forón todas admitidas.

Listado ADMITIDOS 1º BACH.pdf

Listado NON ADMITIDOS 1º BACH.pdf

IMPORTANTE: O alumnado NON ADMITIDO (no réxime ordinario ) pode obtar as prazas existentes nos grupos de vespertino e/ou adultos.

Reclamacións 2º Bacharelato 2017

 

Distribuir contido