Acreditación de Competencias 2017. Publicación das Listaxes Definitivas de Admitidos e Excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas  no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.

Ligazón listaxes

 

Facendo Sinerxias con outros Centros

Axudas para un Curso Intensivo de Inmersión Lingüística en Inglés.

Convócanse  ata   2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017. Destinados a estudantes de Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinos deportivos e ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. Prazo ata o 20 de abril de 2017

Información e solicitude on line

Listas para Persoal Interino e Contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

Áberto o prazo ata o 15 de xullo do 2017  para inscribirse nas listas de persoal interino, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Plan de Práctica Laboral en Concellos e na Deputación de Pontevedra

Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a deputación e os concellos da provincia de pontevedra, ano 2017.Destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Microrrelatos premiados

Parabéns ás persoas premiadas, moito talento  hai no IES Politécnico.

premiados

Alumno do IES Politécnico, medalla de ouro na competición nacional de FP Skills 2017

Noraboa ao alumno do CS de Programación da producción por fabricación mecánica Raul Fernández polo seu extraordinario resultado nas probas das Spain Skills, ao acadar a medalla de ouro na categoría de torneado e fresado. Noraboa tamén ao outro equipo do centro do CS de Automatización e robótica industrial, formado por Raul Acuña  e Miguel Sotelo pola súa gran participación neste certame, así como aos profesores que os acompañaron e titoraron

 

 

 

 

8 de Marzo, día da muller traballadora

A área de Igualdade do IES Politécnico organizou actividades para todos os niveis educativos. ¡Participa  e Reflexiona!

Educar na Igualdade non é unha opción é unha obriga

 

8 marzo

 

Xóvenes vigueses dan a cara polo feminismo

 

 

 

 

 

 

CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS CONVOCATORIA 2017

Convocatoria 2017 carnés e habilitacións profeionais . Prazo  convocatoria ordinaria desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Prazo convocatoria extraordinario desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/carnes-profesionais

Orde da convocatoria

EMPREGALIA 2017

Feira do Emprego de Galicia na estación marítima de Vigo os días 10 e 11 de marzo de 2017.

O venres 10 de marzo o horario será de 9:30 a 20:00 horas e o sábado 11 de marzo de 9:30 a 13:30 horas.

Entroido 2017

O Entroido no IES Politécnico de Vigo 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

A Consellería CEOU convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017 (acceso ao cartel informativo)

 

 Prazo aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (ambos incluídos)

https://www.edu.xunta.es/axudasle/ 

 

 

 

ALUMNOS DO IES POLITÉCNICO NA COMPETICIÓN NACIONAL FP SKILLS 2017

Alumnos do CS de Automatización e robótica industrial

e do CS de Fabricación mecánica, do IES Politécnico de Vigo,

representan a Galicia no 'Spainskills 2017'

Madrid do 1 ao 3 de marzo de 2017

 

 

  

 

 

CURSO EN LIÑA NIVEL BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais  ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación  necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 13/2/2017 ao 23/2/2017. Selección por orde de incrición.Tedes  mais información de cursos  de nivel básico de prevención  tanto en liña como presencial na  ligazón do ISSGA

LIGAZONS

http://issga.xunta.es/portal/index.html

http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html

https://egap.xunta.es/matricula/login.php

 

 

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS POLA IGUALDADE

A  Área de Igualdade  do centro convoca , co  obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres,  un concurso de Microrrelatos no que toda  a comunidade educativa podemos participar .Animádevos!

 

BASES DA CONVOCATORIA

Selección de persoal para o programa "Vigo Emprega 2017"

O Concello de Vigo, ten previsto a contratación de 128 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo, para o desenvolvemento de obras de interese social e municipal.Entre elas  demandan :un auxiliar de topógrafo, un técnico de Prevención de Riscos Laborais e un Delineante. Prazo solicitude 3/2/2017.

Bases convocatoria

Postos demandados

Solicitude

 

 

CURSOS DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA

 

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

 

Prazo de solicitude aberto ata o 16 de febreiro do 2017.

 

 

BASES AXUDAS 

CONVOCATORIA ABERTA DE BOLSAS ERASMUS +

 

Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnos de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 17 de XANEIRO de 2017 nos RECREOS da mañá (11:30 h) no SALÓN DE ACTOS do IES.politécnico de Vigo, e pola tarde no recreo das 19:20 h. na AULA D1 de DELINEACIÓN.

FOLLETO INFORMATIVO

ALUMNOS DO IES POLITÉCNICO ACADAN PRIMEIROS PREMIOS NA COMPETICIÓN SKILLS 2016

 

Medalla para la cantera industrial viguesa

Na competición autonómica das Skills 2016, celebradas en Silleda dende o día 29 de novembro ata o 2 de decembro, os equipos dos ciclos superiores de Automatización e Robótica Industrial, e de Programación da Producción por Fabricación Mecánica, conseguiron senllas medallas de ouro nas especialidades de Mecatrónica e Mecanizado.

Os equipos participantes foron os seguintes:

Ciclo superior de automatización e robótica industrial

Alumnos: Miguel Sotelo Gónzalez e Raul Acuña Freire

Titor: David Fraga Maquieira.

Ciclo superior de programación da producción en fabricación mecánica

Alumno: Raul Fernández Lorenzo

Titor: David Queimaño Piñeiro

 Ciclo superior de mecatrónica       

Alumnos: Alejandro Pérez Vega, Samanta Rodríguez Álvarez

Titor: Miguel Gómez Torreiro

Noraboa a todolos/as participantes

 

Distribuir contido