FONDO LIBROS CURSO 2017-18

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS ESO

 

OS QUE NON APAREZCAN NA LISTAXE DE FONDOS LIBROS ESTÁN EXCLUIDOS E TERÁN DE PRAZO PARA RECLAMAR O 17 E 18 DE XULLO

 

CHEQUE MATERIAL: OS ALUMNOS QUE XA ESTEAN MATRICULADOS E TEÑAN DEREITO A EL PODEN RECOLLELO NA SECRETARIA DO CENTRO

 

Convocatoria das Probas de Acceso ás Ensinanzas Deportivas 2017

Publicouse  resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/2018 no DOG do 14 de xuño.

PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS:

 Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 

LIGAZÓNS:
 
 

Convocadas Prazas nos Centros Residenciais Docentes para Estudos Postobrigatorios en Galicia 2017

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/2018.

PRAZO ORDINARIO:
  • Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 12 de xuño e o 15 de xullo de 2017.
  • Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 12 de xuño e o 8 de agosto de 2017.
LIGAZÓNS:

Acceso e Admisión as Ensinanzas Profesionais de artes plásticas e Deseño 2017

Publicouse a Resolución do 30 de maio de 2017 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2017/2018 en Galicia.

LIGAZÓNS:

 

O Noso Alumnado de 1º de Prevención de Riscos na súa Práctica de Extinción de Incendios.

O alumnado de  1º de Prevención de Riscos Profesionais preparados para apagar calquera lume. 

 

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017


As listaxes definitivas poden ser consultadas na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Ábrese un prazo de 5 días (ata o 13 de xuño) para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar, e remitan a Consellería de Cultura e Educación a seguinte documentación:

- Aceptación ou renuncia á axuda (ANEXO III)
- Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos.

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Politécnico coparon o palmarés do festival Cinedfest

Tres curtos realizados por alumnos conseguen os tres premios da categoría de Bacharelato no festival audiovisual Cinedfest

 

 

Xornada Técnica gratuita Inno-Tech Days

Webseite_Inno-Tech-Days_150x90px

O vindeiro mércores 24 de maio celebrarase a Xornada Técnica Inno-Tech Days organizada no IES Politécnico de Vigo xunto coa empresa FARO. 

A xornada diríxese a estudiantes, profesores e empresas que queran coñecer as últimas innovacións de instrumentación en metroloxía da empresa FARO. 

Bolsa de emprego

2º Premio no IX Concurso Galego de Robótica

 

 

 

O grupo do IES Politécnico de Vigo dirixido pola profesora Esther Fraga Rodríguez, integrado polas alumnas de 1º da ESO 

Lucía Rama Álvarez,

Lucía Prado Merino,

Sarah Alessi Estévez,  

Laura Domínguez Filgueira e

Eva Vila Comesaña

obtivo o segundo premio na modalidade de Primaria e 1º de ESO no IX Concurso Galego de Robótica "A maxia dá robótica" que convocan a Fundación Barrié e a Institución Galega dá Ciencia.

 

Noraboa!!

 

 

 

Listados proba libre da ESO convocatoria xuño 2017

 

Listado provisional de admitidos e validacións

Listado de excluidos

Día do exame: 2 de xuño de 2017

Hora de presentación: 08:30

Lugar: IES Politécnico de Vigo

Ofertas de Emprego e Novo Portal de Emprego do Estado

Podes consultar as ofertas de emprego recollidas no portal xuventudexunta.es nas seguintes ligazóns:
Emprego privado: http://ow.ly/MiXS309Ar
Coñece o novo Portal de Emprego do Estado:  https://www.empleate.gob.es/empleo/
 

Erasmus+ intercambio cultural e artístico entre Hamburgo e Vigo

 

Hamburgo e Vigo plasman a súa arte nun mural ao Pollock

 

Alumnos alemáns e os seus anfitrións no IES Politécnico de Vigo pechan unha semana de intercambio cultural e artístico. 

A finais deste mes os nosos alumnos farán unha visita á cidade xermana.

 

Acreditación de Competencias 2017. Publicación das Listaxes Definitivas de Admitidos e Excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas  no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.

Ligazón listaxes

 

Facendo Sinerxias con outros Centros

Axudas para un Curso Intensivo de Inmersión Lingüística en Inglés.

Convócanse  ata   2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017. Destinados a estudantes de Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinos deportivos e ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. Prazo ata o 20 de abril de 2017

Información e solicitude on line

Distribuir contido