Saltar navegación.
Inicio

Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

Xogando con mazarocas

14/10/2015

Xa son moitas as cousiñas que temos na clase para investigar e aprender un pouco máis acerca do outono: castañas, landras, noces, ourizos, abelás, marmelos, peras, moitas follas para clasificar (castiñeiro, carballo, piñeiro, eucalipto...) e mazarocas de millo que nos chamaron moito a atención por que eran moi diferentes entre si, e investigamos coa profe e no ordenador para que se empregaba o maínzo (para a elaboración de pensos para o gando, fariñas para elaborar pan, flocos de millo...) debullamos na clase, abrimos a mazaroca, comparamos os diferentes tipos de grans (cores e formas) e fixemos a nosa propia manualidade.

Nota da web: Grazas polo vídeo, Sandra!

Festa dos Maios 2015

Festa dos Maios 2015

Fai clic para ver máis fotos

07/05/2015

As profes de Infantil Paula e Sandra envíannos estas imaxes (fixas e en movemento) da festa dos Maios que celebrou hoxe o noso alumnado de Infantil, coa axuda de dúas monitoras do Concello de Narón.

A luz do Nadal

16/12/2014

Aquí tedes un novo vídeo de Nadal. Neste caso feito pola mestra Paula Neira, e que recolle a interpretación dunha panxoliña de Mamá Cabra interpretada polos diferentes grupos de Educación Infantil.

Novo blog de Infantil - 4 anos


cativeando.blogspot.com.es

Obradoiro de cabazas para Educación Infantil

05/11/2014

As nosas compañeiras de Infantil enviáronnos este simpático vídeo que recolle un obradoiro para elaborar cabazas por Samaín. Moitas grazas polo material!!!!

Rematan Infantil...

Infantil Feal 5 anos (2013)

19/04/2013

Quedan xa poucas semanas deste curso, e temos que comenzar a facer as fotos dos grupos que rematan algunha das nosas tres etapas educativas. Nesta imaxe, podedes ver o grupo que remata Infantil no edificio do Feal coa mestra Rosa Cornide.

Fotos dos bombeiros e do magosto

24/11/2010

Xa podedes disfrutar de dous novos álbumes de fotos na nosa Galería:

Esperamos que sexan do voso agrado!

A Esfolla

11/11/2010

O mércores estiveron na nosa aula as monitoras do Concello para falarnos da esfolla. Tras unha breve charla onde nos explicaron moitas cousas, como que, os nosos avós utilizaban as espigas para crear os seus propios xoguetes, nós quixemos emulalos e velaí as nosas creacións. Esperamos que sexan do voso agrado.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido