Saltar navegación.
Inicio

Rock do Feal

Diego Villanueva e José Docal

23/06/2009

Festival guitarreiro no Feal para rematar o curso 2008/09. José Docal e Diego Villanueva tiveron a fantástica iniciativa de montar un concerto de despedida, que en principio era para os seus compañeiros/as de 4º de ESO, pero que ao final tamén foi para a xente de 3º. Como non pode ser doutra maneira, houbo algún problema técnico (o directo é así), pero non hai nada mellor que un concerto feito polo propio alumnado para pechar un curso o unha etapa. Grazas de corazón aos protagonistas, aos invitados especiais, aos colaboradores e a todo o público en xeral. Achegamos tres pequenos vídeos da actuación:

Ademais, tamén tedes fotos adicionais no álbum "Festivais Fin de Curso 2009" da nosa Galería.

Aínda que xa non estudiarán aquí... contamos con Diego e José en 2010!!!

AdxuntoTamaño
JOSE_DOCAL.wmv10.66 MB
DIEGO_VILLANUEVA.wmv8.77 MB
DIEGO_JOSE.wmv12.31 MB

NORABOA

Hola. Súmome á felicitación a estes virtuosos da guitarra que puxeron un animado peche a este curso e ao seu paso polo Feal. Noraboa e esperamos poder disfrutar doutro concerto no próximo ano. Grazas tamén a Adrián España e Bruno Leiras que se animaron a participar coa súa versión hip-hop. Noraboa tamén a todo o alumnado que asistiu como público, polo seu saber estar e pola súa complicidade cos artistas. Agora a disfrutar das vacacións. Feliz Verán a todos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com