Fealidades
A primeira voda no Feal?
21/02/2021
Non temos claro se esta foi a primeira voda celebrada no Feal, porque sabemos que hai moitos anos, na zona onde agora está a sala de profes, celebrábanse misas.
En calquera caso, desexamos unha fermosa lúa de mel a Lara e Ismael, e deixamos aquí algunhas imaxes da emotiva voda celebrada o pasado venres de Entroido, oficiada polo noso sacerdote Samuel (atención ás bágoas do pai da noiva).
A ecoloxía do Feal
14/10/2020
Non hai maneira. Á xente do Feal non lle gusta apagar todo cando unha aula queda baleira. Demasiado traballo. O vídeo sobre o tema que fixo parte do alumnado de 4º de ESO en 2018, será lembrado por ser o menos efectivo da Historia das campañas de concienciación, pero polo menos... pasámolo ben facéndoo. Unha aperta para os/as protas!!
Coidado co vento!
26/03/2019
Unha das árbores máis carismáticas do noso centro quedou partida esta tarde polo vento. Cantas fotos de fin de curso foron feitas alí! Afortunadamente, a esas horas xa non había actividade lectiva, e non houbo que lamentar danos persoais, pero... non deixa de dar pena a árbore, claro.
4º de ESO B, o 15 de maio de 2018
A Mesa da Paz do Feal
22/03/2019
Baixo as escaleiras do edificio de Infantil e Primaria, temos unha novidosa Mesa da Paz para resolver conflitos internos dun so alumn@ ou entre dous, aínda que hai que destacar que desde que se instalou hai xa unhas semanas... aínda non foi necesaria!
Cando chegue alí alguén que a necesite, poderá coller algún dos obxectos da mesa para relaxarse, ou entrar na tenda... ou falar, tendo que facer soar unha campaíña cando considere que xa está ben. Nese momento, aparecerá un adulto que o felicitará e o tratará con agarimo.
Felicitacións
31/12/2018
Quero felicitar a elaboración do vídeo "Apagha iso!!".
Non sería necesario o recordatorio se todos fósemos conscientes de que é o noso centro de traballo, onde, suponse, convivimos persoas responsables e como tal teríamos que facer o mesmo que nas nosas casas, xa que o CPI do Feal forma parte da nosa vida diaria.
Unha aperta a todos os que formamos parte do Feal
Marisa
Antena nosa que estás no ceo... veñan a nós os teus megas
28/11/2017
Si, amigos e amigas: xa temos a nosa antena diabólica... na súa nova ubicación, no máis alto do Feal. Sen embargo, teremos que adorala ata que lle pete enchernos de megas ata as orellas dunha vez.
Din por aí que en quince días un enviado virá para facer a migración de R a Orange, e entón... sucederá o milagre!
Simulacro de evacuación
05/05/2016
O simulacro de evacuación de hoxe non foi perfecto, pero o persoal de Protección Civil de Narón quedou satisfeito con el. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Éxito da nosa convocatoria leiteira
23/09/2015
A semana pasada, dende a páxina web do centro puxemos a andar un ofrecemento feito por pais de alumnos no que se trataba de aproveitar e non deixar que se estragasen 3.000 litros de leite dunha granxa da zona. A nosa convocatoria foi un éxito, e non se estragou un só litro, polo que non nos queda máis que felicitar e agradecer aos promotores da idea a súa mostra de xenerosidade, que permitiu que en dous días moitos fogares recibisen un produto básico como é o leite de xeito altruísta. Unha vez máis, grazas pola iniciativa, e amosar tamén o noso apoio ás xustas reivindicacións do sector lácteo galego.
O Director
O espello secreto do Feal
15/06/2013
Remata o curso e chegou a hora de desvelar algún dos segredos mellor gardados do Feal.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
