Saltar navegación.
Inicio

Libro de visitas 2014

Aquí quedarán gardadas todas as mensaxes publicadas no séptimo ano do Libro.

Feliz Nadal

Ola a todos. Como podedes ver aínda que a miña viaxe no Feal rematou sigo visitando a páxina web e vendo o que seguides facendo polos videos subidos (encántanme, vexo que o estades pasando xenial e alégrome) e mirando os vídeos, hoxe vin o de París en fotos, moi bonito. Espero ir algún dia na segunda avaliación xa que o último día de clase non puiden; boto moitísimas cousas de menos, pero sobre todo os 'calade a boca' de María, as clases de galego xa non son o mesmo, as clases de inglés tampouco, nin mates, nin sociais... Aínda que non nos vexamos moito seguiredes sendo a miña familia para sempre; e esta mensaxe era para desexarvos a tod@s @s profes e alumn@s unhas felices festas e un bo ano novo.

Grazas, David

Ola David: moitas grazas por seguir pendente de nós con esa morriña. Alégrome de que che gustase o novo vídeo de París en fotos (deu bastante traballo!). A verdade é que non é fácil manter sempre o mesmo nivel de dinamismo no cole, pero tratamos de non deixarnos levar pola inercia. Un abrazo!

Excursión a París

Eu quería dar as grazas nesta mensaxe aos tres profesores (María Anca, Montse Lorenzo e Ángel Carrera) polo trato dado na excursión a París (por ternos que aturar polas queixas provocadas por algún inconveniente co avión ou co bus) e por facernos sentir coma se estivésemos na casa, coma se estivésemos en familia, porque iso é o que somos todos: unha FAMILIA; porque nesta excursión a amizade que tiñamos fíxose máis forte e nunca esqueceremos o ben que o pasamos (cantando, facendo fotos, facendo o tonto nas habitacións...) e por iso quería volver a dar as grazas a todas as persoas que foron á excursión, de verdade, a todos e cada un deles (profes incluídos), non sería o mesmo sen vós. Grazas por todo.

París... repetiría convosco!

Pois nestes días que levamos xa de volta, cando me preguntan que tal por París... comezo a contar as peripecias e inconvenientes que tivemos nesta viaxe... supoño que a tod@s vos pasa! Pero de camiño cambio a cara e como conclusión sempre digo que repetiría, que quede claro!

Resalto sempre o ben que vos comportastes (aínda que para min que nos perdemos demasiadas veces, non?Canso ), que fostes un grupo estupendo e que convosco dá gusto ir de excursión!

Merci

Para min era a primeira experiencia de viaxe longa con alumn@s (ata entón só fixera excursións de ida e volta no mesmo día) e volvín encantado. Os inicios non foron agradables, debido ao comprensible mal humor dalgúns polos problemas técnicos, pero pareceume un grupo fantástico co que volvería a viaxar de boa gana.

Debo recoñecer que eu ía nunha posición cómoda porque Montse coñecía moi ben o terreo e ademais contaba coa gran axuda de María (que tamén visitara antes París e sabe francés). Así que puiden dedicarme máis á parte audiovisual, e espero que se poida presentar un pequeno vídeo de recordo no festival de fin de curso.

Un pracer compartir esta viaxe tan especial coas dúas profesoras e @s vinte alumn@s.

Grazas rapaces!

Pois agradécese a túa mensaxe, David. A verdade é que unha viaxe deste tipo dá moito que facer e a pesar de todo sigo animada a organizala porque para min é realmente gratificante compartir con vós experiencias máis alá da aula e o día a día das clases.

Nuns poucos días convivimos, como ti moi ben dis, coma unha familia, estreitamos lazos e todos deixamos ver o noso lado máis humano o que é moi positivo. Eu sempre aspiro a que todo saia perfecto para que gardedes o mellor dos recordos dunha viaxe na que, para a maioría, moitas das cousas se viven e experimentan por primeira vez e con moitísima ilusión, o que o fai dobremente especial. Desta volta as cousas complicáronsenos un pouco, con esperas, "problemas técnicos" e como guinda, a choiva.

Os profesores só podemos ter palabras de agradecemento pola vosa paciencia e queremos que saibades que nós estamos satisfeitos se a pesar dos obstáculos levades un bo recordo dos días compartidos. Grazas a todos, rapaces, e por suposto, quero dar tamén as grazas ós meus compañeiros de fatigas, Ángel e María, que contribuíron a que os pequenos contratempos se levaran con moito mellor humor.

¡CARNAVAL 2014!

¡Buenas tardes-noches!

Queremos daros las gracias a todos por la mañana de hoy: ha sido muy grande y especial para nosotros poder seguir colaborando en las actividades que podamos del colegio, que marcó un antes y un después en nosotros.

Gracias también a los alumnos que se apuntaron al taller de Zumba, y que mutuamante, lo pasamos genial entre todos. Esperamos que les haya gustado tanto como a nosotros pasar esas horas con ellos, y con todos los profesores. Muchas gracias por todo de nuevo.

Un beso enorme de nuestra parte, nos veremos pronto!! ;)

¡Felices Vacaciones chi@s!

Colaboración especial

Gracias, Lucía y David. Agradecemos mucho la colaboración de nuestr@s ex-alumn@s en nuestras actividades. Tanto vosotros dos como Adrián y Fran hicisteis un gran trabajo el pasado jueves de Entroido. Supongo que ya os habéis visto en el vídeo dándolo todo. Un abrazo, y ojalá sigamos en contacto.

Felicidades

Só quero deixar unha aperta e os meus mellores desexos para todos neste ano, 2014. E un forte abrazo ás compañeiras Pura e Rosa.

Feliz 2014!

Ola a todos!! Hoxe pásome polo "Libro de visitas" para desexarvos un feliz ano novo a todos e todas os "fealeir@s" e "exfealeir@s" do Feal!! Un saúdo para todos!! FELIZ 2014! Bicos!Beso

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com