6º Primaria
Non ao Bullying
Enviado por josean o Mér, 15/05/2019 - 18:00Unha pequena animación con Stykz de Angela Durán Silva e Marta Pazos Castro de 6º B preparatoria da que logo imos levar a cabo co Scratch e que nos serve para enlazar co proxecto das Curtas no Museo na que tamén estamos inmersos
Parte informativo do mediodía (3º día en Manzaneda)
Enviado por josean o Mér, 15/05/2019 - 14:55Estamos nun dos días fortes; de mañá pelota canadiense e karts. Choques, adiantamentos... Moito Fernando Alonso temos.
Equitación/Rocódromo Manzaneda 2019
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 13:32Esta tarde tocou o turno á equitación e á escalada. Cansos pero disfrutando de que os nosos alumnos disfruten compartindo un día xuntos.
Sendeirismo (Manzaneda 2019)
Enviado por josean o Mar, 14/05/2019 - 13:15Os mortos vivintes resucitaron un anaquiño para emprender unha loooonga camiñata polo entorno da estación de Manzaneda. Unhas paisaxes espectaculares e que cariñas.... Noites alegres, mañáns tristes..
Chegamos a Manzaneda 2019
Enviado por josean o Lun, 13/05/2019 - 16:46Logo de parar nas Burgas, a tomar as augas, e comer en Castro Caldelas chegamos con ben a Estación de Cabeza de Manzaneda, á hora prevista, 16:30
Estade atentos a máis informativos
Foto diante da catedral de Ourense
Seica o tren que nos leva pola beira do Miño...
Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 23:26A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!
Salta
Enviado por josean o Xov, 02/05/2019 - 18:20Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos. Seguide as instrucións da rapaza...
Boom
Enviado por josean o Dom, 28/04/2019 - 18:00Os alumnos de 6º A recrearon este xogo onde o truco consiste en afastar o ovni do misil, guiando o primeiro co rato, de xeito que non che estupe o misil e non cho desfaga
Certame de Microrrelatos do Saber Marin
Enviado por josean o Mér, 24/04/2019 - 21:53Un Certame de 150 palabras que obrigatoriamente tiña que comezar por "Todo era plástico ata que...". Presentamos uns cantos traballiños e tivemos a sorte que tanto Ángela Silva Durán con "Anxela inventora" como Enrique García Graña por "Maldito plástico!" foron premiados.
Cos ollos da imaxinación
Enviado por josean o Mar, 23/04/2019 - 16:51O segundo vídeo que presentamos ao concurso do Museo, logo do marabilloso de 6º A, aquí chega o de 6ºB, onde colaboran ademais pais, profesores e alumnos. Xa vai collendo xeito inda que a nosa intención é mellorala
O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"
Enviado por Anónimo o Lun, 08/04/2019 - 21:10Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.
Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e os cultivos das distintas tempadas.
En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.
Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.
Conquista a Bandeira
Enviado por josean o Ven, 05/04/2019 - 18:00Leva a bola verde ata a bandeira coas frechas do cursor neste remake do xogo feito por Enrique García Graña de 6º B.
O grande come ao pequeno
Enviado por josean o Ven, 15/02/2019 - 19:00Evolución do típico acuario realizado polos alumnos de 6ºA. Leva co rato ao peixe grande cara aos pequenos e mira o que sucede
Ping Pong futbol
Enviado por josean o Ven, 08/02/2019 - 19:45Traballo de Pedro Grosso mesturando outro xogo clásico cun dos seus intereses, o fútbol. Premede a bandeira verde para empezar a xogar, ontrolade a barra vermella co "a" e o "z" e a azul coas frechas verticais do cursor
Evita ao can
Enviado por josean o Ven, 25/01/2019 - 19:45Un dos primeiros xogos de producción propia baseado nun clásico, desenvolvido por Samuel de la Torre Corbacho de 6º. Ollo, que non é doado; coa tecla espazo fai saltar ao can por riba do gato.
OS CORTICEIROS DO MEL
Enviado por josean o Xov, 22/11/2018 - 01:56Os corticeiros antigamente usábanse para facer o mel. Facíase coa árbore corticeira, e podían ser redondos ou cadrados. Pousábanse enriba dunha pedra e poñíanselle catro paus, dous en forma de cruz da metade para abaixo e dous da metade para arriba. Facíase tamén un burato nun lateral para que entrasen as abellas.
As abellas poñían a cera de pau a pau e logo o mel enriba da cera. Cando ían sacar o mel, a xente dáballe fume ao redor da corticeira para parvear ás abellas.
As abellas facían catro paneis e sacábanse só tres para que a cuarta a tivesen de comida para o inverno.
Damián Otero Villanueva 6º B
"Clara" conto terrorífico de 6ºA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:26O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.
Visita ao museo de Pontevedra
Enviado por Anónimo o Lun, 29/10/2018 - 13:23Visita ao Museo de Pontevedra
O pasado xoves, 25 de outubro os rapaces e rapazas de 6º fomos visitar o museo de Pontevedra.
Como chegamos cedo, realizamos un pequeno percorrido por algunhas das súas prazas: A Pedreira, a da Leña, a da Verdura e a da Ferrería; tamén contemplamos por fóra algunhas das igrexas: San Bartolomeu, A Peregrina e San Francisco.
Logo fomos para o museo onde varios monitores nos estaban a esperar. A nós, os de 6º A correspondéronnos Rubén e Agustín. Visitamos catro seccións: sala de pintores galegos do século XIX e XX, como Ovidio Murguía e Fernando Álvarez de Sotomayor,; sala de Manuel Quiroga, famoso violinista pontevedrés; sala de Castelao, sala de cerámica de Sargadelos e sala da prehistoria.
Foi unha visita moi interesante!!!
As abellas e os seus inimigos
Enviado por Anónimo o Mér, 24/10/2018 - 21:58O pasado martes, 23 de outubro, o noso orientador, Xosé, que tamén é apicultor, deunos unha charla, aos rapaces e rapazas de 6º, sobre as abellas e os seus inimigos. Falounos das súas características, a súa organización, os seus beneficios coma a polinización e todos os productos que nos proporcionan: mel, pole, propoleo, xalea real, cera...
Mostrounos colmeas antigas feitas de cortiza e todos os trebellos que empregan os apicultores, asi coma o traxe.
Por último, informounos sobre os seus depredadores: ácaros e... a máis perigosa a avespa velutina! En Galicia é unha auténtica praga. Ensinounos distintos métodos de loitar contra elas: raqueta de badminton, arpas, dardos con insecticidas e a máis coñecida, a botella rechea dun líquido atractivo para elas.
Orientounos en como fabricalas e indicounos a fómula máis económica para o líquido: 1 litro de auga, un vaso de azucre e un pouco de levadura de panadeiro. Pediu 5 voluntarios que tivesen finca para colocar as trampas, aos que lles repartiu o necesario para elaborar o "zume". O próximo luns comprobaremos os resultados. A ver quen atrapou máis velutinas!!!
AS PALMEIRAS
Enviado por josean o Lun, 22/10/2018 - 19:50Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas: reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »