blogue dejosean

Creamos mundos virtuais

Creamos os nosos propios mundos de realidade virtual utilizando unha ferramenta online chamada Cospaces que inclúe escenarios e diversos obxectos. Logo, terminamos os nosos diseños e exploramos escenarios creados por outros grupos.

 

Rosalía 2022

Os alumnos de 5º recitan anaquiños de poemas de Rosalía de Castro por mor do 24 de Febreiro.

Adiviña o que debuxo

Nesta actividade imos a descubrir cómo pode, unha inteligencia artificial, identificar os nosos dibujos en Witeboard. com, baixo certas condicións. Pero antes comezamos cun xogo no que o alumnado se comporta como unha inteligencia artificial entrenada para identificar debuxos e formas.

Na segunda parte da actividade imos a debuxar utilizando una aplicación web que usa intelixencia artificial "Quickdraw", para identificar debuxos.

Deconstruíndo Rosalía 2022

A partir do poema de Cantares Gallegos "Adios Ríos, Adios Fontes", e aproveitando versos do mesmo e a temática rosaliana, os alumnos de 5º crearon un poema novo, baixo a forma dun acróstico, acróstico que se engloba no leitmotiv que propón para a celebración do día a Asociación de Escritores en Lingua Galega

A plasmación do poema en video (baixo a supervisión do titor) é cousa dos alumnos Marcos Patiño e Uxía Sanjorge, que ademais lle poñen voz.

Ángeles Alvariño

Antes de entrevistar a Ángeles Alvariño e como complemento ao proxecto recén rematado sobre os volcáns, os alumnos de 5º buscaron información sobre a científica galega

Agora é o momento

Sempre dispostos a probar novas ferramentas, agora a ver que froito lle sacamos cos nenos.

Entrenando unha intelixencia artificial

Ao longo da actividade descubrimos cómo funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscamos imaxes con licencia Creative Commons en Internet, para entrenar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.

Entrenando unha intelixencia artificial

Ao longo da actividade descubrimos cómo funciona unha intelixencia artificial que identifica debuxos. Ademais, buscamos imaxes con licencia Creative Commons en Internet, para entrenar a unha intelixencia artificial propia para recoñecer debuxos de gatos e mazás.

Facemos instrumentos musicais

A partir de material reciclado construímos instrumentos musicales que posteriormente conectados ao ordenador e utilizarlos como mando co makey makey e cables de crocodilo fixemos soar.

Eigui tedes aos nosos guitarristas e baterías.

E a batería

Experimentamos, imaxinamos...Creamos

A través dos 5 min. que dura este video, imos vendo o traballo realizado estes anos no Centro 

Experimentamos (pero non só coa ciencia)

As profes Ruth e Belén, dirixen aos nenos cara ao coñecemento "científico" a través da experimentación directa con diversos materiais. Bótalle unha ollada a estes divertidos experimentos de patio.

Unha de robots

Logo de construír os robots había que tipificalos, e por grupos e diante da cámara, fomos "a posta de longo" dos nosos robots:  nome, apelidos, de quen veñen sendo e para que servían.

E ao final tomas falsas que grabando nunca faltan

 

Robots Perdidos

Aproveitamos o robot construido na actividade anterior para xogar a un xogo de cartas cooperativo. Creamos logo, a base do taboleiro a partir dunha plantilla e xogamos seguindo as indicacións das tarxetas e as instruccións dunha aplicación web.

 

Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia (11 de Febreiro)

Por mor do día Internacional da Muller e a nena na ciencia, visitáronnos Sara e Laura, dúas biólogas coa experimentamos de primeira man o que é a ciencia a través de diferentes experimento clásicos no mundo da ciencia, como o Hemisferio de Nuremberg onde experimentamos o que era o baleiro; pero o que é máis importante, baixo a súa dirección, aprendimos divertíndonos.

 

Construímos robots

Aprendemo sobre algúns tipos de robots que existen, buscando información e imaxes en Google, anotando as súas principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados.

Entrevista á encargada das Obras

Moi agradecidos á María, a encargada das obras, por concedernos un momentiño do seu tempo e contestarnos a tódalas dúbidas que tiñamos sobre o futuro do colexio.

Sans e escorreitos no Sequelo

Pluriculturais e moi galegos tamén mediante a promoción da froita e o leite galegos

Erupción final

A actualidade mandou, e por mor da erupción na illa da Palma do volcán Cumbre Vieja, os alumnos de 5º emprenderon un microproxecto que os achegou á realidade da illa canaria, o seu clima, costumes, flora....e moi especialmente ao coñecemento do seu vulcanismo. Como punto culminante do Microproxecto deseñaron os seus volcáns aos que fixeron entrar en erupción. 

O Sequelo Pluricultural

O que nenos de distintas culturas compartan un espazo educativo supón para o noso centro e os nosos nenos unha enorme riqueza, mais a maior alfaia témola nas nosas máns, en coñecer en debida forma a nosa cultura, a dos antigos e os novos galegos.  Pluriculturais, mais moi galegos, así somos no Sequelo.

Vén en Bicicleta ao Sequelo

Elixe un camiño seguro, e fai como Uxía, vén ao cole dándolle aos pedais. Seguriño e con sentidiño, terás sitio onde aparcala.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.