blogue deMiguel

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.

Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.

 

Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto.

O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.

Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto

O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.

 

Xa temos operativa a aula de Informática con Ubuntu.

Na aula de informática do CEP Sequelo, xa temos instalado o Ubuntu en todos os PC's. Dende que Windows aunciou a retirada para abril de 2014 do sistema operativo Windows XP, quedan as opcións de Windows 7 e o novo Windows 8. Con Ubuntu temos unha alternativa máis e con software libre, polo que pensamos que é unha boa opción para traballar con ela. A compañía cre que migrar a Linux será unha alternativa válida cara o futuro.

 

 

Samaín 2012.

Por fin chegou o Samaín ao CEP Sequelo. Certamente a casa dos horrores da ANPA Aidón, non puido dar máis medo. Parabéns a todos os que colaboraron nesta montaxe incrible. Puidéronse oír os berros de terror máis aló do Lameiriña.

 

Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia para os alumnos do CEP Sequelo de 5º e 6º de primaria.

 

 

Por segundo ano consecutivo, os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria do CEP Sequelo de Marín, participan no programa de La Voz de Galicia de Prensa-Escuela.

 

Prensa-Escuela é una aposta de La Voz de Galicia (cabeceira líder en Galicia e sexta no ámbito nacional gracias aos seus máis de 600.000 lectores diarios) para que o xornal chegue á escola e se converta nun importante elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O seu fin é que, a través das súas páxinas, os escolares desenrolen o sentido crítico que lles axudará a formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática.

 

Lecturas para o curso 2012-2013 de 5º e 6º de Primaria.

Lecturas de 5º de Primaria. Curso 2012-2013

 

 

Sinopsis

Kori es un niño sordo, vive en un campo de refugiados saharauis, le gustan los camellos e ir a la escuela para aprender a leer y escribir. El día que su maestra entiende que puede enseñarle a escribir, algo muy especial sucede en su vida: es capaz de plasmar en el papel sus emociones, especialmente aquellas que surgen de su relación con su amigo Caramelo, un pequeño camello color canela.

 

 

 

Sinopse

Calendario Escolar 2013-2014 do CEP Sequelo-Marín.

Poemas audiovisuais de Valentín Paz-Andrade polo día das Letras Galegas 2012.

Pezas audiovisuais da Obra de Paz-Andrade de carácter suxestivo, que están construídas sobre algúns dos versos máis significativos do autor.

 

Solidariedade dos nenos e nenas do CEP Sequelo na campaña 'Un tapón por Paula'.

Os nenos e nenas do CEP Sequelo tamén levan uns meses unidos á campaña ''Un tapón por Paula'' . Esta campaña está superando as expectativas dos seus promotores e xa reuniron varias toneladas de pezas de plástico que se venden á empresa alicantina Acteco. Os nenos de 6º do CEP Sequelo de Marín reúnen cada semana centos e centos de tapóns. Xa entregaron en distintos puntos de recollida da vila moreas de bolsas. Moitas gracias a tod@s.


Teatro en Pontevedra. 'Enamorirse'.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º do CEP Sequelo asistiron a unha nova aventura da pallasa 'Hula' e o pallaso 'Piojo' que, de novo na escola de 'La Seño', enfrentaranse a un dos retos máis esixentes da súa distinta traxectoria: representar a tráxica historia de amor de Píramo e Tisbe a partir de "El sueño de una noche de verano" de William Shakespeare. Tras breves preparativos, dan vía libre á súa versión cubrindo as numerosas lagoas con improvisacións e ousadías narrativas que converten o que era tráxica historia nun canto ao amor e á vida.

 

Debuxos do Xabarín Club.

Polo 18 Aniversario do Xabarín Club, os rapaces do CEP Sequelo, debuxaron personaxes das súas series. Aquí tedes algúns exemplos dos rapaces de 6º. Espero que vos gusten. Aburiño.

Educación Vial. CEP Sequelo 2012.

Visita dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo ao Museo Marco de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEP Sequelo visitaron o Museo Marco de Vigo. A exposición 'Presenza Activa. Acción,obxecto e público'. Aquí tendes algunhas imaxes do que puideron disfrutar. 

 

'Presenza Activa':

A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.

Gonzalo Moure visita o CEP Sequelo.

Hoxe, 8 de febreiro tivemos o enorme pracer de difrutar da visita do escritor Gonzalo Moure.É un autor adicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como 'el Gran Angular', 'el Ala Delta','el Primavera' ou 'el Barco de Vapor', entre outros. Antes de adicarse por completo à escritura, Moure traballou tamén como xornalista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta aos problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. No CEP Sequelo, os nenos e nenas de 5º de primaria leron 'Os cabalos do meu tío' e os alumnos e alumnas de 6º de primaria 'Los caballos de mi tío'. Ten obras tan recoñecidas como: 'Palabras de caramelo,Lili libertad,Nacho Chichones, El oso que leía niños, Geranium 2204,El mejor amigo del perro', etc.

Na oficina de obxectos perdidos.

Curto realizado por alumnos de IES O Mosteirón, baseado nun texto de Sechu Sende publicado en: "Made in Galiza".

Día da Paz no CEP Sequelo. 30 de xaneiro de 2012.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.