Blogues
Na Residencia do Maior e no Illa de Tambo por Nadal...
Enviado por inesduran o Xov, 28/12/2023 - 21:12O pasado luns, día 18 do mes de Nadal,
un grupo de cantores da clase de Relixión e de 3º de inglés,
fixeron unha visita á Residencia do Maior de Marín.
Despois de mirar o Belén da Residencia
cantaron no Centro Comunitario
para lles desexar unhas boas festas.
onde algúns cursos de Relixión da ESO tiñan preparadas unhas panxoliñas.
Concursos de Nadal do Ateneo
Enviado por inesduran o Dom, 24/12/2023 - 01:47Recomendacións Lectoras
Enviado por inesduran o Sáb, 23/12/2023 - 14:16Intercambio de postais
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 16:03Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés.
Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
Os golfiños- Educación Infantil
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:31Os nenos e nenas de Infantil estiveron todo o trimestre investigando sobre os golfiños. Agora, que xa son uns expertos e expertas, amósannos algunhas curiosidades sobre estes animais. Como traballaron!
Entrevista na beira III: Montse Ogando
Enviado por josean o Xov, 21/12/2023 - 02:51Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica. Se queredes saber máis dela estade atentos a esta entrevista na beira.
Tarxeta de Nadal Scratch
Enviado por josean o Mér, 20/12/2023 - 23:09Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º
Cualificacións en Abalar
Enviado por Belen o Mar, 19/12/2023 - 10:17As cualificacións desta avaliación comunicaranse a través de Abalar, este xoves 21 de decembro.
É convinte ter a aplicación de Abalar actualizada.
Non obstante, se algunha familia non tivera Abalar, pode solicitar o boletín de cualificacións ó titor ou titora.
No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 19:31Mary Poppins estuvo aquí!!!
Enviado por inesduran o Mér, 13/12/2023 - 18:23O sequelo cociña...edición Outono
Enviado por laurarialf o Mar, 12/12/2023 - 18:15
Esta vez os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traénnos unhas receitas do outono con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?
Moitas grazas familias!
Concurso de Tarxetas de Nadal
Enviado por inesduran o Mér, 06/12/2023 - 01:13A Constitución cumpre 45 anos.
Enviado por Miguel o Mar, 05/12/2023 - 18:00Os nenos e nenas de 2º de primaria atrevéronse a cantar unha canción para celebrar o 45 anivesario da Constitución española. Feliz aniversario!
Traballamos algoritmos
Enviado por josean o Mar, 05/12/2023 - 17:07Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa.
A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.
Visita da Familia de Matilda de 1º
Enviado por inesduran o Lun, 04/12/2023 - 21:19Contacontos "A trastenda dos contos"
Enviado por laurarialf o Lun, 04/12/2023 - 13:45O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.
A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Que momento máis divertido pasamos!
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Enviado por Belen o Dom, 03/12/2023 - 22:25Hoxe, 3 de decembro, é o día Internacional da Discapacidade.
O venres pasado, o alumnado do 5º curso de Educación Primaria, na sesión de Educación Física, puido experimentar unha serie de actividades para alumnado con discapacidade visual, reflexionar sobre as diferenzas que presentamos cada un de nós, sobre a aceptación e sobre o respecto.
Resumimos esta experiencia na seguinte frase: ''La discapacidad no te define; te define cómo haces frente a los desafíos que la discapacidad te presenta.''-Jim Abbott.
A continuación mostro algunhas fotos con este grupo. Irei engadindo mais porque ó longo de este mes, tódalas clases vivirán estas experiencias e algunha mais!
GOL?
A QUE OLE?
PINTO COA MAN NON DOMINANTE!
OUTRA MANEIRA DE VER!
PASEAMOS?, DESCUBRIMOS ONDE ESTAMOS?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »