Os maios
Música dende a casa (20): "Ritmo para acompañar as coplas de "Os maios"
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 08:31O mundo dos Maios
Enviado por josean o Mar, 21/04/2020 - 21:01Recopilatorio dos nenos de 4º B sobre o mundo dos Maios
Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/04/2020 - 19:59
LXVII CONCURSO DE MAIOS DE MARÍN
Enviado por josean o Lun, 13/04/2020 - 23:06Como tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por mor das especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila. Pero o que supón un inconveniente é unha oportunidade única para que todos vós poidades aprender a facer a vosa propia copla tanto de barcos como de Maios.
A guía para facer a copla dos maios xa hai uns días que a subimos á nosa páxina web. Para acceder a ela clicade no link seguinte:
Cando as teñades rematadas mandádeas cos vosos datos (Nome, Idade, curso, telefono e correo electrónico se tedes a estoutro correo ceipsequelo@gmail.com)
Lede ben as BASES
Concurso de Maios e Embarcacións 2020 by Josean Pazos on Scribd
ESTADE ATENTOS
Entre mañá e pasado daremos os pasos para construir unha copla de embarcacións sinxeliñas.
Coplas dos Maios
Enviado por josean o Mar, 07/04/2020 - 18:49Tódolos anos máis ou menos por esta altura aos de 5º e 6º dámoslles un manual para que saiban como facer en debida forma unha copla de maio. Como parece ser que este ano non imos poder facer o maio, polo menos copla imos intentar facer e cantalo aínda que telematicamente tamén.
ANIMÁDEVOS COA AXUDA DESTE MANUAL A FACER A VOSA PROPIA COPLA e enviárnola a sequelonacasa@gmail.com