blogue deMiguel

Programa X Obradoiro da Filloa. 2014.

Obra de teatro en inglés "Time travellers"

Os rapaces e rapazas do 3º ciclo asistiron en Pontevedra a obra de teatro en inglés "Time travellers" o pasado luns 20 de xaneiro de 2014.

Coa obra Time Travellers os nenos de 3º ciclo de primaria poderán practicar o seu  inglés mentras se divirten viaxando polo pasado. A compañía Blue Mango Theatre actuará no Centro Social de Pontevedra os días 20 e 21 de xaneiro de 2014.

 

Liz é unha rapaza aparentemente normal que conta cunha característica moi especial: pode viaxar no tempo. No seu  percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes da historia, pero alguén a está seguindo… Acompañarémola nas súas aventuras ao longo de máis de cinco mil años de historia e coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e inventores. Esta obra entretenida versa sobre o pasado e todo o que nos pode mostrar.

 

Duración: 60 min

Dirixido a: 3º ciclo de primaria

 

Actividades para O Magosto.

Temos a continuación cinco enlaces para traballar o Magosto e o tempo de outono

 

1. O MAGOSTO: PARA SABER MÁIS

 

2. 0 CASTIÑEIRO

 

3. OS COGOMELOS

 

4. TEMPO DE OUTONO

 

 

XOGOS INFANTIL E ACTIVIDADES MULTIMEDIA

 

Os máis pequenos poden aprender xogando con vedoque e LIM

 

OUTONO VEDOQUE

 

ACTIVIDADE LIM. O OUTONO (EEI TARRÍO SAMIEIRA)

 

ACTIVIDADE LIM. OS COGOMELOS (CEIP FRIAN-TEIS)

 

ACTIVIDADE LIM. LAS SETAS (CEIP FRIAN-TEIS)

 

ACTIVIDADE LIM. A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA (Ana Martínez)

 

ACTIVIDADE LIM. CELEBRAMOS O MAGOSTO (Ana Martínez)

 

ACTIVIDADE LIM. ESTAMOS EN OUTONO

 

ACTIVIDADE LIM. A CASTAÑEIRA

 

ACTIVIDADE LIM. O OUTUNO PARA OS MÁIS CATIVOS

 

 

POEMAS E ADIVIÑAS

 

Aprende poemas e adiviñas do tempo do outono

 

REFRÁNS. Escolma de refráns compartida por Blogoteca do Ceip Campolongo

 

 

ACTIVIDADES CLIC PARA1º E 2º CICLO

 

ACTIVIDADES CLIC 2º E 3º CICLO (CEP Maestú-CEP Cespón)

 

ACTIVIDADES INTERACTIVAS (HOTPOTATOES)

 

No seguinte enlace de contidos educativos, webquest para o 3º ciclo

 

WEBQUEST PARA O TERCEIRO CICLO

 

O Ceip o Pombal comparte esta aventura dixital

 

O MAGOSTO PARA O SEGUNDO E TERCEIRO CICLO

 

Aquí tes tres enlaces con moitos debuxos

 

1. OTOÑO PARA COLOREAR

 

2. ACTIVIDADES PLÁSTICAS-COLOREAR

 

3. ACTIVIDADES PLÁSTICAS. Instruccións en Inglés.

 

4. CARTEL DO OUTONO para colorear.

 

5. DEBUXOS PARA COLOREAR. Magosto

 

6. DEBUXOS PARA COLOREAR. Outono

Samaín 2013.

O pasado mércores 30 de outubro, celebramos no colexio o Samaín. Coa colaboración da ANPA Aidón, os nenos poideron entrar na casa dos terrores onde arrepiantes criaturas do alén esperábanos en cada recuncho. Houbo tamén un concurso de adiviñas e máis o "I Concurso de Microrrelatos de terror".

 

Fai clic para ver máis fotos dese día.

Saída ao Museo de Pontevedra e Visita á Exposición sobre o Neolítico.

Os rapaces e rapazas de 6º de primaria non faltaron á súa cita de cada ano a principios de curso no Museo de Pontevedra. Desta vez tamén visitaron a Exposición que había en Pontevedra sobre o Neolítico na Plaza de España. Foi unha mañán moi interesante e divertida.

 

Fai clic para ver máis.

 

Gañadora da XBOX 360.

Aínda que con certo retraso e vaian por diante as disculpas, aquí tedes a gañadora do sorteo da XBOX 360 que foi para unha alumna do noso centro, Alba Cortegoso Blanco de 6ºA. Faille entrega a súa titora.

 

Excursión a Coruña de 4º de primaria.

Os rapaces e rapazas de 4º de primaria foron de excursión a Coruña o martes 7 de maio. Fixeron un percorrido polos Museos Científicos coruñeses (Casa das Ciencias e Domus), a Casa das Ciencias-Planetario e o Aquarium Finisterrae.

Pincha enriba da foto para entrar na galería.

Visita de 6º de primaria á Escola Naval de Marín.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria visitaron o martes 7 de maio a Escola Naval de Marín. Puideron asistir a unha charla no planetario de escola militar.

Pincha enriba da foto para entrar na galería.

Marcapáxinas pola celebración do Maio 2013.

Aquí tedes unha mostra dos marcapáxinas elaborados polo Equipo de Normalización Lingüística para a celebración do Maio 2013 no noso centro e que se repartiron entre o alumnado.

Relación provisional alumnado admitido para o curso 2013-2014.

Nos arquivos adxuntos figura a lista provisional do alumnado admitido para o curso 2013-2014.

Cantando o Maio 2013

Os nen@s de 4º, 5º, e 6º cantando o maio a víspera do día 1 de maio, como ensaio para participar no concurso da vila. Por certo que obtiveron o segundo premio pola letra.

Os Maios

Visita de Okutu y Riobó ao noso centro

 

''El Camino del Lobo''.

Este pasado martes 16 de abril, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do colexio foron a Pontevedra  ver a obra de teatro: ''El Camino del Lobo'' da 'Compañía del Saco'. 'La Compañía del Saco' naceu no ano 2005, como un proxecto para a recuperación da oralidade e a música tradicional que aínda existía no val do río Ebro e no conxunto do Camiño de Santiago (nun primeiro momento no tramo que pasaba por A Rioxa, pero posteriormente ampliou a súa búsqueda a todas as etapas do ''Camiño francés'' e a outros camiños). Durante estes anos recopilaron centos de historias e melodías, moitas delas de fontes orais e outras de fuentes escritas. Tamén, recuperaron instrumentos tradicionais, atopados na Serra dos Cameros, na Rioxa.

''El camino del lobo'': Tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha vila do Camiño de Santiago e despregan os seus instrumentos, os seus monicreques, os seus bártulos i enseres. Entón, comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e cancións que foron recollendo no seu percorrido.

 

 

Charla sobre traíñas.

O deportista marinense do ano 2003, Luis Pazos, gañador de catro regatas da Concha e varios campionatos de España, visitounos para dar a coñecer entre os nenos e nenas do Cep Sequelo o seu fermoso deporte. Na hora que compartiu cos nenos e nenas do colexio onde os seus fillos estudan, houbo tempo para todo: coñecer de preto a orixe deste deporte tan enraigado na nosa tradición mariñeira, as características das traiñas, a actualidade deste deporte e por suposto para compartir as experiencias dun deportista de élite. Houbo tempo tamén para que os nenos lle fixesen unha morea de preguntas e mirasen, se non podia ser unha de verdade, si unha reprodución en maqueta da traiña na que agora voga, Samertolameu.

 

Admisión alumnado 2013-2014.

Información referente a este proceso: oferta de postos, área de influencia, centros adscritos,etc. nos seguintes adxuntos que tedes aquí abaixo.

RVB. Letras Galegas 2013.

Aquí tedes varias actividades por ciclos sobre Roberto Vidal Bolaño para o Día das Letras Galegas 2013, que fixo a xente do Seminariogalan. Espero que vos gusten.

 

Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013.

Aquí tedes outra actividade para ver o que sabedes do autor ao que se lle adica este ano o día das nosas letras.

 

Calendario proceso admisión curso 2013-2014.

Nos arquivos adxuntos que figuran debaixo deste texto á dereita teñen o calendario para o Proceso de Admisión para o curso 2013-2014 e outros arquivos coas solicitudes editables que se poden encher, imprimilas e presentar no centro.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.