Marzo 2020

Contos dende a casa (23): Andrea Nunes Brións

Os e as poetas da vila, que os hai, e do mellorciño de Galicia quixeron estar connosco.  E aínda que nunca fixeran incursións no eido infantil prestáronse coma neste caso Andrea a lerlle un conto aos nenos.

Activista política, feminista, poeta, cosmopolita e ao mesmo tempo moi galega. A obra de Andrea céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo co que ten elaborado varios videodocumentais. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007.

A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

Andrea Nunes Brións - Orellas de Bolboreta from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

As Voces dos Animais (Faranduleando)

Cando a un alumno lle pides que continúe unha canción tradicional sobre animais e che manda unha marabilla coma esta, danche ganas de non xubilarte nunca.  Dos nosos alumnos, logo destes días podes dicir calquera cousa, agora que non lles vaia a farándula, non.

No principio Deus púxolle nome aos animais, agora ás voces deles o grande Roi Rodiño Fraguas

As voces dos Animais from JOSEAN PAZOS on Vimeo.

Traballando cos ángulos (I)

Este desafío vai enfocado aos de 5º, porque eles traballaron un chisquiño co cine, pero tamén ten que ver coas Matemáticas e cos ángulos e a súa amplitude. A ver os de 5º e máis quen o saiba.

COMO SE CHAMA O ÁNGULO CO QUE MARTÍN LLE SACOU A FOTO AO SEU GATO E PORQUE SE CHAMA ASI?

e o que é máis importante

COMO SE CHAMA O GATO?

Lingua Castelá (3º)

Mándovos un compendio de actividades sobre temas traballados con anterioridade. Van cunha pequena aclaración teórica máis uns exercicios e despois dez preguntas de repaso que requiren concentración. A por todas!

Chegamos a metade do neboeiro! Seguro que veñen novos ventos que disipen estas nubes e en breve estaremos todos xogando e brincando todos xuntos!

Ánimo familias! Estades a facelo moi, pero que moi ben! Saúde!

Boa fin de semana!

CONCURSO PILABOT: Necesitamos os vosos votos

Necesitamos os vosos votos, pois só quedan catro días. O primeiro dos nosos representantes é o 5º. A votalos. Fai click na imaxe e entra a votalos

 

Contos dende a casa (22): Iria Alfonso de 4ºA "Escarlatina a cociñeira defunta"

Iria de 4ºA le un fragmento do libro de Ledicia Costas titulado "Escarlatina a cociñeira defunta".

Carta de ánimo. Uxía 6ºB

¡Hola! Me llamo Uxía y tengo 12 años. Mi cole es el C.E.P. Sequelo de Marín (Pontevedra). Sé que no me conoces y pensarás... ¿pero de quién es esto? Yo tampoco te conozco y te mando esta carta para darte mucho ánimo y para desearte una recuperación pronta y segura.

P.D.: ¡NO TE RINDAS!

#JUNTOSPODREMOSCONSEGUIRLO

#QUÉDATEENCASA              

 Uxía Portela Dasilva - 6ºB

Contos dende a casa (21): Rubén Argibay de 5ºB "La casa Embrujada"

Aquí temos outro conto máis, Rubén de 5ºB que nos le un fragmento de "La casa embrujada".

Carta aberta a un enfermo do virus. Óscar 6ºB

Carta aberta a un enfermo do virus

Ola! Ti non me coñeces; eu a ti, tampouco. Son Óscar, teño 11 anos, son de Marín (Pontevedra); máis concretamente da parroquia de San Xulián. Espero que te atopes, dentro das túas circunstancias, ben. Estarás maldicindo a este virus e aos seus culpables, se os hai. Que saibas que eu tamén o estou facendo. 

Sempre mente positiva. Disto vaise saír, cedo ou tarde, co traballo de todos os cidadáns, dos teus médicos, das túas enfermeiras, das nosas familias, de todos e todas. Fai plans para cando estés san. Iso sí, o primeiro propósito é abrazar e bicar aos nosos seres queridos e aos nosos amigos. Comidas e ceas, quedadas no parque, facer deporte ao aire libre,… Todo o que nos gusta.

Por certo, na miña familia, tamén tocou a lotería do virus. O meu tío Carlos, que vive en Madrid, leva 12 días aislado na súa habitación, con síntomas de Coronavirus, sobre todo febre. Fixéronlle a proba, pero a día de hoxe, non sabe o resultado. 

Sé forte e non baixes a garda, que o bichiño anda por todos os recunchos. 

Moita sorte e ata vernos!!

 

ÓSCAR DE LA TORRE ABOAL – 6º B CEP Sequelo-Marín

 

Un día con...(1) Naiara. 6ºB

UN DÍA CON NAIARA

 

Ás 9.30h: Levántome e almorzo con tranquilidade.

Ás 10.00h: Séntome no meu escritorio e  acendo o ordenador para comezar a facer as tarefas que o profe nos vai mandando.

Ás 11.30h: Hai días que me tomo un descanso e merendo algunha cousa coma no colexio. 

Ás 12.00h: Continúo coas actividades que mandan os profesores. 

Ás 13.00h: Recollo todas as tarefas e axúdolle á miña nai a facer a comida.

Ás 14.00h: Séntome a comer.

Ás 15.00h: Miro un pouco a tele con programas que me gustan.

Ás 16.00h: Comeza a quenda de xogar co meu irmán pequeno. Dende  xogos de mesa ata manualidades. Tamén bailamos e divertímonos facendo manualidades para o colexio do meu irmán.

Ás 18.00h: Merendo.

Ás 18:30h: Continúo pasando o tempo con cousas en familia.

Ás 20.00h: Saio á ventá a aplaudir. Tamén poñen cancións e divertímonos moito.

Ás 20.30h: Hora de recoller, preparar a cea e cear.

Ás 21.30h: Voume para cama.

 

Naiara García Eidón – 6ºB

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.