3º Primaria

MATEMÁTICAS (03-06-2020)(3º)

Bos días!

Para este mércores déixovos uns exercicios que teñen que ver con rectas e curvas!

Espero que vos guste!

Unha aperta forte a todas e todos!

 

LINGUA GALEGA (01-06-2020)(3º)

Ola! Bos días a todas e a todos!

Mes de xuño! Xa non queda nada! Un último esforzo e teredes unha cousa menos na que pensar! Estades a facelo moi ben!

Deixovos unhas actividades sobre verbos (tempos verbais) e algo de ortografía!

Tamén vos deixo un link que seguro vos gusta moito!

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1291198233/contido/MBGUAI/ortografi_a.html

 

Moito ánimo para estes días!

Unha aperta moi grande!

LINGUA CASTELÁ (29-05-2020) (3º)

Bos días!

Para hoxe van uns exercicios interactivos sobre lingua castelá!!

Estes días houbo moita calor e seguro que queredes realizar algo rápido e entretido para rematar antes e comezar con ganas a fin de semana, verdade?

Pois hale! Pasádeo moi ben! Na praia, piscina, de paseo, en bici, camiñando... É obrigatorio pasalo ben! De acordo? Obrigatorio!!!!

Mil apertas e a polo fin de semana!!!

https://www.liveworksheets.com/mf337689hs

 

https://www.liveworksheets.com/vd95856sz

 

https://www.liveworksheets.com/kn78542yz

 

https://www.liveworksheets.com/ml39059tr

REFÓRZATE (3º)

Queda nada para acabar el curso. Este curso fue diferente para todos pero, aunque es difícil, aprendimos mucho con esta nueva experiencia y vuestro gran trabajo.

Como fin de curso compartiremos algunas actividades para todos los cursos que os gustaron mucho porque aprender no tiene que ser aburrido.

Lo estais haciendo muy bien!

Os dejo dos enlaces para que entreis y paseis un rato divertido aprendiendo:

https://www.cokitos.com/pasapalabra-para-ninos/play/

https://kahoot.it/challenge/04581011?challenge-id=f1e0d36a-8ad9-426e-b8d0-f9a526a1de31_1590686005426

Aunque se que muchos entrais no olvideis dejarme algún comentario con vuestro nombre y curso. Espero que os gusten!

 

MATEMÁTICAS (28-05-2020)(3º)

Moi boas a todas e todas!

Veña! Ánimo! XA queda menos para a fin de semana!

Vai outra de mates para completar a semana! 

Que pasedes un bo día!

Apertas fortes!

O curso de 3º felicita no Día da Nai

Quedábanos no tinteiro este vídeo creado con motivo do Día da nai, o 3 de maio, en pleno confinamento polo Covid-19.

Porque en épocas estrañas, elas, bravas, máis ca nunca, o merecen! Feliz Día da nai!!!

MATEMÁTICAS (27-05-2020)(3º)

Bos días e moitas felicidades para Aitana! A cumprir moitos máis!

Hoxe volvemos ás matemáticas. Aos euros! Hai que ir indo practicando para mercar xeados no verán!

Tamén vos deixo un enlace para ir practicando a multiplicación e que non se nos esqueza!

Un saúdo!

 

https://www.liveworksheets.com/fr215410zi

 

Saúdos dende a cuarentena 3º curso Sequelo

Os compañeiros, familias e mestre de terceiro curso saúdannos a través deste marabilloso vídeo, no que nos  desexan que todo pase e pronto nos volvamos ver.

Moitísimas grazas a todos!!!

LINGUA GALEGA (25-05-2020)(3º)

Bos días!

Nova semana! Cada vez queda menos para voltar á normalidade e que chegue o verán! Verémonos?

Para hoxe propóñovos unha tarefa das moitas que nos quedaron pendentes para facer no cole. Unha delas foi coñecer a vida sorprendente de distintas mulleres galegas que cambiaron o mundo e conseguiron vencer barreiras para dar os primeiros pasos en traballos que só eran para homes. Dúas destas mulleres saen no conto que se titula Pioneiras da editorial Xerais, escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Seguro que moitos de vós xa as coñecedes pero... Coñecémolas máis profundamente?

 

Unha aperta!

 

Aaaaaahhhhhhh!! Noraboa polo traballo que fixestes a semana pasada!!! Estades traballando moito!!

MATEMÁTICAS (22-05-2020)(3º)

Moi boas!

Últimas tarefas de matemáticas desta semana! Máis sinxelas que a destes días!

Espero que disfrutedes moito da fin de semana e poidades tomar un xeado ben frío!

Unha aperta moi forte!

 

MATEMÁTICAS (21-05-2020)(3º)

Boas!!

Seguimos con matemáticas e cos números ás voltas! Desta vez, composición e descomposición!

Estade atentas e atentos as tarefas que son de pensar, vale? Moito ollo!

Tamén vos deixo dous enlaces da mesma temática para facer online que sei que a algúns de vós vos gustan moito!

Ánimo que para vós isto é pan comido!!

Unha aperta grande!

A polo xoves!!

 

https://es.liveworksheets.com/ii528939em

https://es.liveworksheets.com/gy125564bn

MATEMÁTICAS (20-05-2020)(3º)

Bos días!

Como a semana pasada foi adicada ás Letras Galegas, o que queda de días ímolos aproveitar para facer matemáticas!! Ben!!! (aplausos)

Hoxe repasamos números ordinais!! E mañá... mañá é outro día! A ver que toca!

Un saúdo moi grande e a polo mércores!

LINGUA GALEGA (15-05-2020)(3º)

Bos días!

Derradeiro día para traballar as Letras Galegas deste 2020! 

Hoxe propóñovos só dúas actividades (ben profe!)!! 

A primeira, gústame moito porque a miña avoa cantábame moitos "arrolos" para que durmise. Botoos tanto de menos, que ainda hoxe me custa coller o sono! Pedro Chosco tarda en pasar pola miña casa!

A segunda tarefa é para que me escribades e contedes cando vos sentides felices! Se fose eu... Tería tantas cousas que contarvos!!!

Ah! Déixovos dous debuxos para, se queredes e vos apetece, coloreedes!

O luns non vos mando tarefas, vale?

Disfrutade desta fin de semana longa! Moito ánimo e sentidiño!

Unha aperta moi grande!

A por mil primaveras máis!

LINGUA GALEGA (14-05-2020)(3º)

E COMO É A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS... NON DEIXEMOS DE PRACTICAR E CREAR EN GALEGO!

MOITO ÁNIMO!

MATEMÁTICAS (14-05-2020)(3º)

BOS DÍAS!

AÍ VOS VAI UNA DE MATEMÁTICAS PARA QUE ESTEADES BEN ATENTOS!

PENSADE, COMPARADE E SOLUCIONADE, VALE?

A POLO XOVES!

LINGUA GALEGA (13-05-2020)(3º)

Moi bo día a todas e a todos!

Como estades? Espero que sigades todas e todos moi ben e que esteades disfrutando moito do tempo en familia, dos avós, das tías e tíos e das vosas curmás e curmáns.

Eu onte, especialmente, boteivos do menos!

Para hoxe déixovos dúas tarefas: Ir ao teatro dende a casa visualizando un video onde teredes que responder a unhas preguntas e unha lectura de imaxes para saber se vos organizades ben no espazo!

Quero que saibades que estades traballando moito e moi ben!! Seguide así que se nota o esforzo!

Moitos bicos de cores que espero vos cheguen polo ar!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Lingua Galega (11-05-2020)(3º)

Esta é unha semana moi especial, pois é a semana das Letras Galegas que se celebra o día 17 de maio. Este ano adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero, así que as actividades xirarán en torno a el!

A proposta para hoxe é coñecer a vida e obra deste escritor para que nunca se esqueza o que fixo nin o que escribiu. Son actividades facilitadas polo seminario Galán sobre o autor homenaxeado e propostas polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de CEP Sequelo. Tedes dúas versións: Unha para imprimir (non é obrigatorio e son moitas páxinas. Podedes utilizar o pdfescape para escribir sobre os documentos pdf) e outra para traballar online. Podedes elixir a que mellor se vos axuste ou facer un pouco de cada unha:

 

Actividades para o 3º curso de primaria

 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/467

 

Tamén vos deixo un divertido xogo sobre o autor (Búsqueda do tesouro) onde tendes que ir recollendo unha serie de pistas para resolver o misterio!

 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

 

Hoxe non é necesario que me enviedes nada por correo nin por teléfono. Vale?

Só quero que viaxedes polo vida e a memoria de Ricardo Carvalho Calero!!!

 

Un saúdo!!

CCNN + LENGUA (08-05-20)(3º)

Bos días!

Hoxe vamos a traballar ciencias da natureza e lingua. Despois de repasar e traballar un pouco sobre o diccionario e a orde alfabética, vades a crear un diccionario de animais con todas as letras do abecedario para facer un rosco de pasapalabra. Animádesvos?

Pois aí vos van os exercicios e as instruccións!

Que pasedes un bo día e un fantásticos fin de semana! 

Bótovos de menos! 

Unha aperta!

LINGUA CASTELÁ (07-05-2020) (3º)

Bos días!

Xoves! Vaia loucura! Que rápido pasa o tempo!

Hoxe vamos a ser escritores de contos. Esta actividade é obrigatoria facela a man, nada de ordenadores!

Explícovos como tendes que facer paso a paso, asi que, sorprenderme e que esa creatividade que levades dentro voe ben alto.

Un saúdo!

MATEMÁTICAS (06-05-2020) (3º)

Bos días!

Aí van unha batería de preguntas tipo test e de responder rapidamente pero con cabeza!

Moito ollo as respostas e as operacións que tedes que realizar!

Se considerades que son moitas preguntas, deixade algunha para mañá!

 

Moito ánimo!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.