1º Primaria

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" Versión 1º

Os alumnos de 1º leron As pitas baixo a choiva, de R. Carballo Calero e fixeron a súa versión da súa páxina favorita. Aquí vemos os traballos de Alba, Joel e Noelia. Tamén o de Álvaro en arquivo adxunto.

Mateo e a súa tarxeta de Draco

Mateo entrou na ligazón do Reino das Emocións e compuxo a súa propia historia que quere compartir con nós. Ben feito!

 
(Recollido no blog Verdeiroles de 1º)

Música dende a casa (14): BIM BUM. XOGO MUSICAL

Soraya López, profesora de Música e nai de Alonso (1º) e Laura Arribas (5º) quere compartir con todos nós este divertido xogo musical. Animádevos a probalo!!!

Manualidades dende casa...(13):Mateo e as súas creacións.

Con moita imaxinación, reutilizando materiais que temos na casa e un pouco de cartulina podemos facer cousas moi "chuliñas". Mateo preséntanos as súas creacións. Noraboa, "artista"!

Podedes ver máis cousas dos nenos e nenas de primeiro curso no blog VERDEIROLES

Contos dende a casa (31): Álvaro de 1º le "La vaca que puso un huevo"

A Álvaro, de 1º, gústalle estar cómodo na casa e lendo un bo libro. A súa lectura mellorou moito. Grazas, Álvaro, por compartir este conto.

Draco tamén queda na casa

Ola nenos e nenas de primeiro curso, Draco, o noso amigo do reino das emocións, enviounos unha mensaxe. (Pincha na imaxe para lela).

Tamén nos deixa un xogo para os que teñamos ordenador.  Consiste en facer unha tarxeta semellante á que vedes arriba, pero co voso toque persoal. A ver se sodes capaces de facer a vosa propia tarxeta con mensaxes positivas para animarnos a todos e todas.

Para xogar podemos escoller personaxes, escenarios, diálogos, obxectos e músicas, pulsando na casiña "Validar". Despois de escollelos todos pinchamos na casiña "Ver" e movemos os diversos elementos segundo queiramos. Finalmente pinchamos en "Descargar" e xa temos no noso ordenador o debuxo, que podedes envialo ao profe para subilo á web.

Ánimo

Manualidades dende casa...(5):Ainhara fai os seus personaxes de Halloween

Na seguinte ligazón podes ver como Ainhara (1º) crea os seus personaxes de Halloween:

https://verdeiroles.blogspot.com/2020/03/ainhara-e-os-seus-personaxes.html

 Anímate, crea os teus personaxes ou as túas historias e compárteas.

Poema de Joel

Joel (1º curso) compuxo este poema para compartilo con todos nós.                             OS VIRUS NON PASAN

Manualidades dende casa...(2) Coas mans na masa

A Alba (1º) encántalle facer magdalenas; xa é casi unha experta. E seus pais están moi contentos de que lle guste e axude un pouco na casa. Quen dixo que os nenos de 6 ou 7 anos non podían facer nada na casa? Ademais, así váisenos pasando o tempo moito mellor. Ummm... Quen me dera probar unha desas ricas magdalenas!

Contos dende a casa (9): Alonso Arribas López

Alonso aproveita que está na casa para ler. Hoxe regálanos o conto do Gaiteiro e o lobo.

Segue o blog de 1º e 2º no seguinte enderezo: verdeiroles.blogspot.com

O arco da vella

Álvaro (1º curso)  e súa irmá Nora quixeron compartir con todos este magnífico traballo de Plástica. Grazas por compartir!

Contos desde a casa (1): Diego Soage 1º curso "O galo Quirico"

Xa temos o primeiro "Conto desde a casa", Diego Soage de 1º curso, "O galo Quirico".

A ver quen é o seguinte...

Radio cos rapaces da EEI O Grupo

O pasado venres, 31 de xaneiro visitaron o noso colexio os alumnos de Infantil da EEI O Grupo.  Logo de coñecer as distintas dependenccias do colexio compartiron cos rapaces de 1º unha interesante actividade.

Aproveitando que traballamos conxuntamente as adiviñas, na aula onde está situada a RADIO SEQUELO, e coa asistencia técnica dos alumnos de 5º, gravamos esta emisión de radio.

Foi inha experiencia moi enriquecedora e divertida.  Nunca esqueceremos a nosa primeira vez diante dos micros da radio.

 

SEMANA DA FROITA FRESCA

Aos de 1º encántanos a froita. Hoxe tocou plátano, mañá tocará amorodo. Que ricos! A froita debe formar parte da nosa dieta diaria.

PILABOT. UN CONCURSO PARA RECICLAR PILAS

Esta semana encetou o concurso PILABOT. Trátase de recoller moitas pilas usadas. O colexio que máis xunte...P R E M I O ! As pilas teñen materiais moi contaminantes que fan necesario un tratamento diferenciado dos demais residuos. NON tires pilas no contedor do papel ou do plástico. Só se poden botar nos contedores de pilas.

  Nos primeiros días está tendo máis éxito do agardado.

A maxia do Nadal

O NADAL É MAXIA E ILUSIÓN Hoxe puidemos disfrutar da maxia grazas ao Mago Paco que, ademais, nos convidou a escribirlle a carta a Papá Noel.

A ver se o adiviñas. Reto en colaboración coa EEI O Grupo

Os alumnos de 1º decidimos mandarlle "un reto" aos nenos e nenas da EEI O GRUPO. Algúns de nós temos moi bos recordos dese cole. Pois ben, nós escollemos unha adiviña, mandámoslla por vídeo e eles teñen que adiviñala e enviarnos a nós a súa adiviña. Esta é a nosa. A ver se a acertas! CUCURRICO NON TEN OLLOS NIN CU NIN BICO, PERO OS FILLOS DE CUCURRICO TEÑEN OLLOS, CU E BICO.

Que rico está o leite!

Dentro do Plan PROXECTA, o programa ALIMÉNTATE BEN permítenos este ano repartir leite de balde aos nosos alumnos. O leite é un alimento moi importante para que os nenos poidan medrar sans e fortes. Ánimo a todos a que o proben e sigan tomando esta rica bebida, como fan os nenos/as de 1º que aparecen na imaxe.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.