Animación á lectura

A ESCOLA DO FONDO DO MAR 1º B

Formando parte dos traballos do noso proxecto "40 Anos de Escola". Así imaxinaron os nenos e nenas de 1º B como podería ser unha escola no fondo do mar, e así o plasmaron neste comic.
 

Instrumentos de corda fretada. Explicación de Diego e Raquel. 6º A

Este trimestre estivemos falando na clase de música das familias de instrumentos, dous alumnos de 6ºA que estudan violín tiveron a xentileza de explicarlles aos seus compañeiros as partes de que consta e como se toca; incluso se atreveron a a tocar unhas pezas. Noraboa rapaces seguide así, sabemos que non é doado tocar en público. Moitas grazas tamén á súa titora por animalos a facelo.
 

Visita de Gonzalo Moure

Hoxe acompañounos na Biblioteca Gonzalo Moure, que estivo falando co alumnado de 5º e 3º sobre dous dos seus libros "Los caballos de mi tío" e "Cama e conto".

Alumnado de 3º curso

 

Alumnado de 5º curso

 

 

OS XOGOS DOS NOSOS PAIS E AVÓS

Como traballo para o proxecto que se está a desenvolver este curso "40 Anos de Escola", os nen@s de 6º A preguntaron a os seus pais e avós a que xogaban de pequenos. Con toda a información recollida fixeron estas recopilacións.

 

 

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Nalgún sitio da rede topamos o lema de pasada, gustounos, parecenos efectivo e para adiante; para o día do Libro no intercambio anual de marcapáxinas que temos cos rapaces do EEI O Grupo fixemos estes tan chulos.

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ E "A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ"

Miguel Ángel Alonso Diz estivo cos nenos durante unha hora falando do seu último libro? Non, porque tamén nos falou do seu libro máis noviño do trinque "O soño de Ester" e abriunos un millar de xanelas e portas novas que é o que ten que facer todo bo escritor. Un libro a dúas voces onde a outra voz é Luz Beloso; voz que se deixou sentir con forza tamén nesta mañá

ADIVIÑAS DO 40 ANIVERSARIO

Despois de 3 anos nun Obradoiro de Expresión Escrita, isto foi o que conseguiron facer os rapaces de 4º ao redor do mundo da escola dentro do proxecto que estamos levando a cabo "40 Anos de Escola"

 

Visita de Mau e Pin

O pasado venres 28 os nen@s de Primeiro estiveron acompañados por Mau e Pin autores do libro "Xelo, o carteiro xurelo". Cos que falaron, debuxaron e pasárono en grande.

RONSEL 55

O noso Ronsel 55 vai destinado aos alicerces da nosa literatura, representado neste caso, polo rei don Dinís de Portugal, nun momento histórico onde pese a xa ter reino de seu Portugal inda falaban igual ca nos o galego. "Ai, flores do verde pino" que cantaba Amancio Prada.  Reparade no uso do adverbio U = onde, como inda o seguen facendo os nosos maiores. Ai Deus, e ú é?

A versión de Amancio Prada:

VISITA DE MARCOS CALVEIRO "OLLOS DE AUGA"

Hoxe acompañounos na biblioteca Marcos Calveiro que estivo falando cos alumn@s de 5º curso do seu libro "Palabras de auga". Despois da amena charla aínda tivo un ratiño para asinar exemplares.

RONSEL 56

Os fins de semana, que non estamos no colexio, imos botar man de persoas alleas ao colexio (poetas na súa voz, representantes do pobo...) para que nos reciten poemas, e o primeiro en chegarnos foi este  "Non fagas caso filla" de Miguel Ángel Alonso Diz

 

RONSEL 57

Para o noso Ronsel 57 quen mellor e tan preto de nós, que Bernardino Graña. Cuns mínimos arranxos Bernardino (saberá perdonarnos) tiñamos adaptado ao vocabulario dos peixes de Marín esta "Canción para ir ao mar de pesca", que en Cangas nin teñen casapas, nin rabadas, nin badexos; canción que imos traballar moi profusamente e dende distintos frontes

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

21 de Marzo "Día da Poesía" e nos escomenzamos ronseis que nos levarán cara a Díaz Castro, ronsel a ronsel. E para o primeiro, convidamos a aquela persoa que todos os marinenses elixiron para que os representase, a nosa alcaldesa María Ramallo. A cousa foi un pouco a correr pero resultou, nin sabía o poema que lle tiñamos preparado, mais por ser o primeiro coidamos que debía ser sobre a nosa vila e xa hai tempo que topamos este marabilloso ronsel co que Celso Emilio Ferreiro gañou os II Xogos Florais da AC Santa Cecilia "Vivir non é preciso , navegar si".

Levamos anos cun Obradoiro de Poesía e que mellor ca este día para amosar os productos do mesmo. Aquí tedes un par deles que presentaremos como o ano pasado ao Concurso Literario Añon Paz de Serra de Outes onde a rapaza foi finalista.

 

E outro poema de autor máis:

 

Visita de Marcos Calveiro

O venres acompañounos na biblioteca Marcos Calveiro, que estivo falando cos alumn@s de 5º curso do seu libro "Palabras de auga". Despois da amena charla aínda tivo un ratiño para asinar exemplares.

ADIVIÑAS PROXECTO 40 ANOS DE ESCOLA

O proxecto que dende o colexio se esta levando a cabo, vai collendo forma, dentro das propostas de actividades cos compañeiros da Biblioteca programaron para o segundo ciclo estaba a de realización de adiviñas/definicións e a espera de serén editadas nun libro impreso, dende 4º A mándannos este póster interactivo cunha pequena seleción das que fixeron para o proxecto.

 

DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO

O 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro realizamos lecturas colectivas dos seus poemas tanto na Biblioteca como no espazo da aula de Psicomotricidade habilitado para a ocasión. Pedimosvos que nos acompañasedes nesta lectura e houbo familias dabondo que puderon achegarse ata o colexio. Tamén contamos tanto en directo como en diferido cunha chea de artista do Morrazo que amablemente nos acompañaron neste día. Graciñas a todos e ata ao ano que vén.

 

Rosalía 24 from Endl Cep Sequelo Marín on Vimeo.

Resumo do "X Obradoiro da Filloa"

Así foi este ano o "X Obradoiro da Filloa"

 

Gañadores Concurso "Quen é quen?"

Despois de laboriosas pescudas, aquí temos aos gañadores do Concurso "Quen é quen?" unha das actividades propostas dentro do Proxecto "40 anos de Escola", que se está a desenrolar ao longo deste curso.  

Décimo Obradoiro da Filloa

Un ano máis. E xa van dez! Celebrando o Obradoiro da filloa.

Décimo Obradoiro da Filloa do CEP Sequelo by megoleal1 on GoAnimate

Celebración do Día da Paz 2014

Unha pequena mostra das actividades que fixemos este ano para celebrar o Día da Paz.

 

Día da Paz 2014 by Slidely Slideshow

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.