blogue deMiguel

Manualidades dende casa...(1): Irene 6ºB

Ola, boas tardes. Hoxe tamén engadimos outra nova sección á nosa páxina: "Manualidades dende casa". Para inaugurala, Irene Pazos Iglesias de 6ºB vos ensina como facer flores de papel. Animádevos a facelas! 

Música dende a casa (4): El Sol no regresa.

Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.

 

Coronavirus (6º)

Ola!. Déixovos un enlace a un blogue que levaba un tempo parado, onde podedes atopar diferentes actividades. Neste enlace diríxevos á páxina "Coronavirus". Aí podedes ver varias suxestións para facer na casa. Saúdos.

Coronavirus

 

 

Calendario escolar 2019-2020.

Facendo clic no seguinte enlace, veredes o Calendario escolar 2019-2020.

Calendario 2019-2020.

O meu blog de Scratch. Irene 5ºB.

Ola a todos. Chámome Irene Pazos Iglesias e son de 5ºB. Quérovos presentar o blg que creei con actividades feitas en Scratch, programa que serve para facer xogos, animacións e historias interactivas con linguaxe de programación. Estivemos traballando con el en clase e xa fixemos varias actividades. Aquí vos deixo o enlace ao meu blog. Só tedes que facer clic enriba da imaxe. 

"A noite dos mortos" de 5ºB

Aquí vos deixamos o conto que preparamos en 5ºB para o día de Samaín. Como este ano estamos a usar portátil e pizarra dixital, metimos uns fondos e sonidos no noso conto. Perdoade algún despiste porque estabamos algo nerviosos. Esperamos que vos guste.

Alumnado de 5ºB.

 

O Samaín de 5ºB

Ola a todos. Este mércores 31, celebramos no noso colexio a festa do Samaín. Viñemos disfrazados e case dabamos tanto medo coma os personaxes que atopamos cando visitamos a casa do terror, que era arrepiante. A exposición das cabazas era moi bonita e déronnos chuches a todos.

Os alumnos de 5ºB.

 

...

Obra de teatro "De los cuentos a las cuentas"

O pasado luns 29 de outubro, o alumnado de 5º de primaria asistiu á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas", organizada por Abanca dentro do seu programa de educación financieira; co que pretende facer chegar aos nenos o valor do esforzo, a previsión, a xestión adecuada do diñeiro, o aforro e a solidariedade. 

 

...

Información proceso admisión alumnado 2018-19.

 

>

O decreto de admisión está no DOG do Venres, 15 de marzo de 2013. Facede clic no enlace de abaixo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0...

Relación de libros de texto para o curso 2017-2018.

Aquí tedes a relación dos libros para este curso 2017-2018.

 

 

Calendario Escolar 2017-2018.

Aquí podedes ver o calendario para este curso 2017-2018, inclusive os dous días non lectivos en Marín.

 

CURSO 2017-2018.

O COMEZO DO CURSO 2017-2018 SERÁ O  LUNS 11 DESETEMBRO ÁS 09:00H. POLA PORTA DIANTEIRA ENTRARÁ O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º E

POLA PORTA TRASEIRA (PATIO DE COLUMNAS) ENTRARÁ O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º.

Inauguración oficial do grafiti e entrega de premios.

Este xoves visitounos a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social Marían Sanmartín para inaugurar oficialmente o grafiti ralizado na fachada da primeira vivenda preto da entrada e entregarlles os premios aos tres finalistas do concurso que se realizou para escoller un debuxo que representara ao colexio. 

IX Semana Matemática Mestre Landín. Concurso de Eulerías.

Dentro da IX Semana Matemática do IES Mestre Landín, tivemos varios participantes do noso colexio no concurso de Eulerías. Acaban de coñecerse os premiados e temos que felicitar de novo a un alumno noso de 5ºA de primaria, Carlos de la Torre Aboal, que resultou gañador na categoría de primaria entre todos os centros de Marín. Parabéns e a seguir traballando.

    

Scratch e robótica.

Despois da visita dos alumnos do Mestre Landín e a súa demostración dentro do proxecto común "Aprendo programando", o alumnado de 5ºB ensináronlle o robot Mbot Ranger aos alumnos de primeiro, probando o manexo do mesmo. Por outra banda, na aula ensináronlles os xogos creados co Scratch, visitando o blog de Martina, onde podemos atopar varios deles deseñados por ela e mais polos seus compañeiros.

"Aprendo programando".

Visitáronos os alumnos de Mestre Landín e o seu profesor de tecnoloxía Heber para ensinarnos o Mbot Ranger programado por eles e máis o seu proxecto de Scratch.

Saímos todos os de 5º no Diario de Pontevedra e o Faro de Vigo.

"Alalás encadeados" de Uxío Novoneyra.

As nosas escaleiras enchéronse de poesía con estes “Alalás encadeados” dun dos meirandes poetas da nosa literatura, Uxío Novoneyra. Parabéns polo bo traballo ao profe José Antonio. Está feito un artista.

 

Concurso de Grafitis CEP Sequelo.

Xa temos a gañadora e 2º e 3º posto no I Concurso de Grafitis que se organizou no noso centro para decorar a fachada da primeira vivenda que se ve ao entrar no reciento escolar. Os finalistas recibirán un pequeno obsequio e a gañadora poderá disfrutar da súa obra que quedará para sempre aí exposta. Estes foron os tres finalistas: 1º posto = Alba Lores (5ºA), 2º posto = Claudia López (6ºA) e 3º posto = Rubén Castro (6ºA). Parabéns aos tres e grazas a todos os participantes.

 

 

Exposición Circuitos Eléctricos e Tecnoloxía do agro.

Estes días o alumnado de 6º de primaria estivo explicando a pais e alumnado como fixeron os seus circuitos eléctricos e tamén ensinándolles diferentes aparellos do noso agro. Tamén aproveitaron para ensinarlles os traballos de todos os grupos do colexio que fixeron un LapBook titulado "Descubrindo o noso agro", en relación ao proxecto escollido para traballar neste curso escolar.

 

 

V Certame Relato Curto FANPA.

Por fin chegou o día para Carlos de la Torre Aboal de 5º A, onde recolleu o seu diploma no V Certame de Relatos Curtos e o seu libro de Relatos Curtos, editado por Kalandraka, onde figuran todos os relatos finalistas e no que figura tamén o seu. Parabéns!

  

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.