Abril 2022
Obradoiros de "Ecopercussión" e "Novas Tecnoloxías na Música"
Enviado por Anónimo o Dom, 03/04/2022 - 19:27O pasado día trinta o alumnado de 5º e 6º participou en dous obradoiros musicais dirixidos polo profesor Didier Díaz. "Ecopercussión" para 5º, e "Novas Tecnoloxías na Música" para 6º.
Neste vídeo tendes unha pequena mostra de como se desenvolveron.
Teléfono Vermello: "Coma un irmán che falo"
Enviado por josean o Ven, 01/04/2022 - 13:02O teléfono vermello inventouse coma un enlace de comunicación directa entre a Unión Soviética (Rusia) e os Estados Unidos para situación moi críticas. Facía moito tempo que o teléfono deixara de ter utilidade, pero semella que nestes momentos se volveu poñer de moda.
Se os nosos alumnos puidesen usalo que lle dirían aos dous bandos? Pois a mensaxe de solidariedade que encerra este poema de Celso Emilio Ferreiro posiblemente sería unha das cousas que lles mandarían.