Xuño 2018

Gañadores do VI certame de Relato Curto organizado pola FANPA

Parabéns para Saúl Mariño Recamán que gañou o primeiro premio na categoría de Primaria. Xunto a él outros catro compañeiros resultaron finalistas:  Álvaro Pereira Omil, Jorge Fernández Beloso, Martina Pazos Iglesias e Víctor Moreira González, que ademais foi un dos cinco finalistas destacados. É esta a segunda vez, nas súas seis edicións, que este premio recae nun alumno do CEP Sequelo.

A noticia aparece publicada no Diario de Pontevedra.

E tamén aparece publicada no blog Cousas de Carragal, de Marín.

Impresión dun dos finalistas:

 "Eu fun ao acto, moi nerviosa, porque non quería ler o meu relato diante de moitas persoas. Fun coas miñas curmáns, a miña nai e o meu pai.  Ao chegar, vin que había 5 persoas de xurado, mais 4 micrófonos, aquilo fixo que me sentira máis nerviosa aínda. Ao final só os gañadores tiñan que leer o seu relato. Agasalláronnos a cada un de nós cos libros onde estaban os nosos relatos.

 Todo o acto acabou cunha canción dun coro da Academia de Ópera de Pontevedra".

Os ganadores das distintas categorías

Desmontando a Casa das Ciencias

Os alumnos de 4º de primaria fomos de excursión  visitar os museos científicos de A Coruña. Empezamos pola Casa das Ciencias.

 

English class: Making sentences with mBot

Facendo frases co mBot na clase de inglés.

Saida ao Principe Felipe

Os nenos de 4º foron ao Principe Felipe ao campeonato de fútbol sala

 

 

Visita ao IES Illa de Tambo

O pasado luns os alumnos e alumnas de 6º curso fomos coñecer o IES Illa de Tambo. Visitamos algunhas das súas dependencias: o laboratorio de Física e Química, o pavillón polideportivo, o salón de actos, a biblioteca, e tamén visitamos dúas aulas de 1º de ESO onde atopamos a moitos compañeiros do curso pasado.

Ao saír fixemos a foto de grupo.

Letras Galegas

Os nenos de 4º estiveron investigando a vida de Mª Victoria Moreno para escribir un pequeno rap coa súa biografía. O resultado foi este:

Victoria Moreno

gañou o premio

das letras galegas

por facer poemas.

A cuarta muller 

en levar o premio

por escribir en galego.

Filla de mestra 

e pai militar

ela facia as letras bailar.

 

PROXECTO RÍO LAMEIRA

Durante o presente curso fixemos varias saídas ao río Lameira para coñecer a vexetación, a fauna, as construcións do río, minerais, costumes, elementos do río,.. Destas saídas recollimos a información nunha presentación multimedia; por parellas os nenos foron traballando os contidos e aprendendo a traballar coas novas tecnoloxías.

Power Point elaborado por Paula e Aroa 4º A

CHEGADA MANZANEDA

ATENCIÓN: CON PUNTUALIDADE INGLESA CHEGAREMOS SOBRE AS 6

A EXPEDICIÓN DO RÍO LAMEIRA

O dia 1 de xuño, os alumnos de 5ºA e 5ºB, fumos ao río a investigalo. Estivemos vendo o río paso a paso. Cada parella tiña que investigar un tema do río que a profe mandou. Investigamos: a bioversidade, os usos do solo, contaminación acústica, contaminación lumínica, impactos de detectados, etc... nunha libreta puxemos: que investigamos, como investigamos, conclusións que sacamos. Foi unha experencia moi divertida coa que aprendemos moito.

Manzaneda día 3

Levantados a golpe de Sonata ás 8 da maña, o que a fai o primeiro día logo ten que pagalo. "Noites alegres, mañáns tristes"

Poalla, frío, afonías, nada nos detivo, tivemos carts, cabalos, rockodromo.... e algún pique ao ping pong con algún alumno, que nos gañou, o que logo se verá reflectido nas notas. Saimos nuns intres para a Sesión Disco. Última cena cos apostoles e a ver se nos deixan durmir, porque algún resucitou e maña cediño para comer en Allariz e como moito ás 6 na casa. Canto nos extrañan as nosas camas aos mestres.

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.