Xuño 2015

SAÍDA DIDACTICA AO ZOO DA MADROA

Os máis pequenos do colexio visitaron as instalacións do zoo da Madroa, onde seica o que máis lles gustou foron "os tigres e leóns", e polo que se ve o parque. Premede na foto para aceder á galería

 

TALLER DE CURTAS 2015

Esta é a nosa pequena colaboración (colexio, alumnos e pais que non me esquezo) para o concurso de Video de promoción do galego que organiza a Asociación Queremos Galego Marin e a seguinte é unha das películas que estes pequenos artistas produciron e coa que tamén participaremos no Concurso de Queremos Galego con esta historia tradicional que para nós é todo un estudo sociolingüístico do noso pobo e que desde que a matinaron segue, por desgraza, estando vixente.

Galego:  Non deixes perder o teu

 

 

O Angazo:  A Galician Question

FRASES FEITAS QUE NON SON

Se durante o primeiro trimestre traballaramos con refráns en cadea durante o resto, copiamos esta idea fantástica do EPAPU Río Lérez e traballamos coas frases feitas en galego e os "false friends" que din os ingleses. Esta oíramoslla por primeira vez a Shin Chan cando inda era galego "Dar unha no cravo e outra na ferradura" O non por se non se ve ben na foto era "Dar unha de cal e outra de area", pero iso de galego ten pouco

PRESENTACIÓNS DOS ANCARES

Dentro do Proxecto "Pegadas de Pedra dos Devanceiros" os alumnos de 5º B foron a Serra dos Ancares e investigaron sempre tendo como referencia A Pedra que se reflicte nas súas pallozas, cortíns, pontes, torres, picos e forma de vida en xeral. Isto non vén sendo máis ca un pequeno resumo de tódolos traballos que se fixeron

 

CELIAQUÍA

Temos a lo menos a Angela de 5º B que é celíaca, por iso lle pedimos que lle contase ao resto dos seus compañeiros da súa e outras clases que era iso do gluten e da celiaquía.

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Visitounos este xoves Ledicia Costas para falarlle, o que a súa gorxa permitía, do libro que tanto os 5º e os 6ºs escolleron para traballar no terceiro trimestre que non foi outro que "Escarlatina a cociñeira defunta"

 

CORPUS CHRISTI 2015

CORPUS CHRISTI

CUERPO DE CRISTO

 

                                     

ENCONTRO DEPORTIVO CULTURAL (2ª XORNADA)

O venres 5 de Xuño os mestres e rapaces do Ceip A Laxe devolvéronnos a visita. Competiron e compartiron unha xornada onde por riba de todo primou o deporte e o compañeirismo; o de menos era ver quen gañaba.

ENCONTRO DEPORTIVO CULTURAL

Organizado polos profesores de E. Física dos Centros da Laxe e Sequelo a finais do mes de maio desenvolveuse esta xornada de convivencia deportivo-cultural entre rapaces dos dous centros que posiblemente sexan compañeiros na ESO. A volta este venres no noso centro

Se premedes na foto atoparedes máis.

 

III CERTAME DE RELATO CURTO FANPAS PONTEVEDRA

No III Certame de Relato Curto organizado polas FANPAS de Pontevedra xunto con Kalandraka, a nosa finalista que canda outro rapaz de Ardán foron os representantes da vila entre os finalistas de Primaria.

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.