Decembro 2012

Clima de aula necesario para un neno autista

Non  podemos pretender ter una ambente desestructurado, ruido na clase e que un neno con autismo funcione ou  incluso calquier neno con necesidades estea  relaxado e saiba  o que debe facer en todo momento.

De modo que é importante seguir unhas pautas:

1º) Cando se traballa NADA DE RUIDO.

2º) Todos traballamos AO MESMO TIEMPO. Ao igual que todos xogamos ou bailamos ao mesmo tempo. Ningún neno quererá traballar se ve a outros xogar.

3º) Cando chegamos a clase, cada neno debe saber ir ao seu percheiro, falar tranquilamente cos seus compañeiros, ao mesmo tempo que vai deixando as suas cosas e vaise  sentando no seu sitio

4º) Antes de dar ordes sinxelas como: sentamonos na asamblea, recollemos, imos empezar coa ficha... é importante que ESTEAMOS TODOS EN SILENZO  eque o profesor teña a atención da clase. 

5º) Á hora de dar as ordes é importante que ao principio non se fale en xeral, se non  que se nomee aol neno. Por exemplo: Todos os nenos e Gael sentanse na asamblea. Agora imos poñernos na fila, Gael fila...  Se é necesario amosaselle o pictograma pertinente para facilitar a comprensión.

6º) Ao longo da xornada escolar está ben que se vaia anunciando o que iremos facendo ese día a toda a clase. Por exemplo: Hoxe vai  vir a profe de inglés. Lembrádevos de que hoxe chove e imos ao patio cuberto, cando vos chame á  fila...imos directamente, hoxe toca psicomotricidade  acordadevos de que cando toca o timbre imos á fila... Iso axudará a que toda a clase saiba o quefará en cada momento e estea organizada coma unha colmea. ANTICIPAR O QUE ACONTECE GARANTIZA TRANQUILIDADE para Gael  e para o grupo clase en xeral.

7º) Orden na clase: cada material ten  o seu  sitio para que seaibamos onde está cada cousa.

8º) Evitar ter la clase sobrecargada con adovios e miles de estímulos visuais.

9º) Ter unhas RUTINAS facer sempre o mesmo. Por exemplo: preparar ls carpetas e colocalas sempre no mesmo sitio, gardar sempre as fichas no  mesmo sitio,  prepararse para as merendas sempre do mesmo xeito... As rutinas facilitan que o neno con autismo se sinta moi seguro, aprenda por repetición e imitación e favorece cos nenos gañen autonomía. 

Debemos funcionar coma  unha colmea sabendo o que se espera de nos en todo momento e que cada neno teña a man  recursos dabondo para manexarse no ámbito educativo. Para elo lembradevos:

 

- Manexar o ruido: pouco o ningún ruido ao traballar. Ruido moderado durante os rincóns.

- Traballar todos ao mesmo tempo.

- Dar unhas orientacións deos acontecimentos do día na asamblea ou durante a mañá.

- Material colocado.

- Ordes sinxelas que se deben dar cando todo o mundo estea atento para garantir unha boa comprensión.

- Rutinas

DISTINTAS CAPACIDADES

PARA SUBIR A AUTOESTIMA DOS TEUS FILLOS

AS PANXOLIÑAS 2012

 

Este ano imos formar un coro para Nadal como viñemos facendo outras Navidades.

Aquí vos deixo as Panxoliñas que imos interpretar.

Facede click enriba do libriño para ollar mellor as panxoliñas

 

                                         
     -    
 PODEDES IMPRIMIR ALGUNHA COPIA SE A NECESITADES.

EN GALEGO - MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Tardou pero por fin o podemos conseguir para Drupal desde Youtube, unha marabilla de poema e video.

No Culturgal

Xunto cos nosos compañeiros do EEI Montedaguia estivemos, presentando o noso proxecto conxunto, o Xabarín 18 no Culturgal desta fin de semana. Reproducimos o que eles subiron ao seu Superblog Tegriña.

"Unha enorme ilusión foi enchendo este proxecto e facendo medrar o Xabarín dentro e fóra das nosas Escolas.  A comezos deste curso chega unha gran sorpresa: unha invitación para expoñer o proxecto do Xabarín 18 no CULTURGAL, a cas grande da cultura galega" (Grande Martiña!)

"E alí estivemos, rodeados de grandísimos profesionais que presentaron experiencias de traballo impresionantes nos seus Centros e cos que aprendimos moitísimo".

O equipo ao completo con dous dos talentosos artistas e amigos que se xuntaron a nos no proxecto e que estaban alí tamén polos seus sobrados propios méritos, Miguel Angel Alonso Diz e Luz Beloso do IES das Barxas.

E por suposto que non podía faltar a nosa foto co mais grande, por fuciños, por cacheiras

 

 

POÑENDOLLES CARA

E por fin agora si poñemoslles cara aos nosos afortunados participantes na pregunta desta quincena. Preparados que a semán que ven vimos cunha nova. Todo rapazas, unha representación viva da sociedade galega, as que mandan e saben facelo.

OS AFORTUNADOS

Entre os moitos acertantes, que moitos foron,da pregunta que se facía dende o equipo de Normalización "Porque aos trompos tamén se lles chama buxainas" só tres podian sair elixidos e diso encargaronse os nenos do Santo Ildefonso. Aquí tedes o momento e os nomes dos afortunados. Loguiño as fotos

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.