SAMAÍN NO SEQUELO

Durante esta semana os corredores do cole enchéronse do Samaín.

Elaboramos tarxetas de pantasmas nas que dentro incluímos palabras relacionadas co sentimento do medo. Tamén fixemos uns botes moi monstruosos.

Coa colaboración das familias fixemos exposicións de cabazas.

Ademais, na clase elaboramos debuxos (EI, 1º e 2º) e contos terroríficos (3º,4º,5º e 6º).

No seguinte vídeo podédeslle botar unha ollada.

 

O propio día do Samaín xuntámonos todo o cole para cantar e interpretar en Lingua de Signos a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras coa axuda da profe Montse. 

 

Os de 3º léronlle lendas e adiviñas na biblio aos de 4º e logo os de 4º léronlle un conto feito por eles e elas mesmas. 

Por último, a ANPA preparounos unha casa terrorífica onde puidemos disfrutar dun momento de intriga e curiosidade e un altar de defuntos mexicano onde puidemos debuxar e recordar a algúns dos nosos seres queridos. Moitas gracias pola vosa colaboración e parabéns por todo o traballo!


 

PASÁMOLO EN GRANDE NESTE SAMAÍN 2023!

 

O Sequelo cociña...edición Samaín

Estreamos "O Sequelo Cociña" coas achegas dos pequenos e pequenas do cole. Aquí tendes as receitas tan ricas e monstruosas que vos queren amosar. Que boa pinta!

 

 

Moitas grazas familias! 

 

O Sequelo cociña

Este ano queremos presentarvos un novo proxecto: O Sequelo cociña. Nesta sección compartiremos receitas propostas polos nenos e nenas en colaboración coas familias. En cada festividade poderedes atopar como cociñar cousas deliciosas!

Un Samaín responsable

No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!

 

HORARIO DE DEDICACIÓN AO CARGO DO EQUIPO DIRECTIVO

HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

09:00 A

09:55

SECRETARIA

DIRECTORA

SECRETARIA

DIRECTORA

SECRETARIA

DIRECTORA

SECRETARIA

DIRECTORA

SECRETARIA

DIRECTORA

13:05 A

14:00

 

DIRECTORA

DIRECTORA

 

DIRECTORA

XXVI Carreira Pedestre San Martiño 2023

O club Corredoiras Bueu vai celebrar a XXVI Carreira Pedestre San Martiño 2023. Esta proba realizarase o sábado 11 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social de Bueu sita na rúa Montero Ríos.

As categorías, distancia e horario móstranse na seguinte táboa:

 


CATEGORÍAS

ANO NACEMENTO

DISTANCIA

HORARIO*

Alevín feminino

2012 a 2013

700 m

17:00 h

Alevín masculino

2012 a 2013

700 m

17:10 h

Infantil masculino/feminino

2010 a 2011

1000 m

17:20 h

Benxamín feminino

2014 a 2015

500 m

17:35 h

Benxamín masculino

2014 a 2015

500 m

17:45 h

Cadete masculino/feminino

2008 a 2009

2000 m

17:55 h

Minibenxamín masculino

2016 a 2017

300 m

18:15 h

Minibenxamín feminino

2016 a 2017

300 m

18:25 h

Chupete (conxunta)

2018 a 2021

100 m

18:35 h

 

A proba será totalmente gratuíta para os rapaces e rapazas, que ademais levarán agasallos por participar.

Enlace para inscribirse:

https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2652/xxvi-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2023

 

 

Campionato escolar zonal de campo a través

O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!

Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren

 A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras

A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.

Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.

Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.

Animavos a tódalas familias a participar neste evento!

Ponte a Conducir

Achegamos a información aportada dende o Concello de Marín: 

 Ponte a Conducir  terá lugar o día 7 de outubro no parque Eguren en Marín ás 10:00 horas, para que o teñan así para a difusión da actividade que considere oportuna.

 

O lema deste ano é o “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava edición, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.

O obradoiro celebrarase na seguinte data:

·         Marín: sábado 7 de outubro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial que se montará no Parque Eguren – Marín.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.

A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:

·         Nome e apelidos do/a participante

·         Curso escolar

·         Centro educativo ao que pertence

·         ANPA (se é socio)

·         Nome do pai, nai ou titor/a responsable

·         Teléfono de contacto

·         Firmar o documento de toma de imaxes (pode descargarse da páxina da FANPA)

 

Tamén poderanse escribir presencialmente o día da actividade, sempre que haxa prazas dispoñibles.

TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.

NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.

CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre o lema do mesmo.

Días non lectivos

A Xefatura Territorial declara non lectivos para o CEIP Sequelo- Marín os días 13/10/23 e 20/05/24 de acordo co calendario laboral.

San Miguel-Danza de Espadas

Hoxe é San Miguel! Por iso, dende o noso cole quixemos celebralo un pouquiño. Dende o Ateneo Santa Cecilia algúns cursos recibimos unha pequena charla para así manter e coñecer un pouquiño máis esta festa do noso pobo.  Algúns compañeiros e compañeiras tamén viñeron vestidos segundo a tradición.

Ademais, os de 4º xunto coa profe Belén, a profe Ruth, a teacher María e a profe Laura fixemos, de acordo coas cores propias deste día, unha decoración moi chula para o cole. Mirade que ben quedaron!

 

 

 

 

 

Conservando as Tradicións

SAN MIGUEL

Danza das Espadas

Charla do Ateneo Santa Cecilia

para a conservación do patrimonio cultural de Marín

fai click na imaxe para continuar coa información.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES- PREPARADOS/AS?

ESTIMADAS FAMILIAS:

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MAIS VOTADAS FORON TODAS!

COMEZAN O LUNS 2 DE OUTUBRO, DE 16:00 A 17:00 HORAS, NO PAVILLÓN DO SEQUELO.

RECORDAMOS:

LUNS: MULTIDEPORTE

MARTES: ATLETISMO

MERCORES: ACTIVIDADES AERÓBICAS CON FONDO MUSICAL

MÉRCORES: XADREZ

XOVES: DEPORTES DE RAQUETA

 

Benvida ao curso 2023/24.

Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.