Xaneiro 2020

Educación Física para a Paz

Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.

Deixamos algunhas imaxes.

Personaxes animadas

Se premes nas personaxes verás que cousas máis divertidas fan. Animacións que realizaron alumnos de 5º A

 

Día da Paz 2020

Día da Paz

Na clase de Relixión traballamos 

pola PAZ

 

SEMANA DA FROITA FRESCA

Aos de 1º encántanos a froita. Hoxe tocou plátano, mañá tocará amorodo. Que ricos! A froita debe formar parte da nosa dieta diaria.

PILABOT. UN CONCURSO PARA RECICLAR PILAS

Esta semana encetou o concurso PILABOT. Trátase de recoller moitas pilas usadas. O colexio que máis xunte...P R E M I O ! As pilas teñen materiais moi contaminantes que fan necesario un tratamento diferenciado dos demais residuos. NON tires pilas no contedor do papel ou do plástico. Só se poden botar nos contedores de pilas.

  Nos primeiros días está tendo máis éxito do agardado.

Espazo Verde

Aproveitando o periódico en Galego Nos, seleccionamos todas aquelas novas que tiñan relación con medio ambiente e fixemos estes dous primeiros episodios do programa da Radio Sequelo que tódalas semanas vos vai falar do medio e o seu coidado

Episodio 1:

Episodio 2:

FROITA NO RECREO!

Durante esta semana e a próxima teremos froita no recreo! 

De todos e todas é sabido que nos aportan auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo. Cada vez é menos frecuente ver aos nenos e nenas merendar froita nos recreos!

As quendas son:

Luns: pera.

Martes: mazá.

Mércores: plátano.

Xoves: fresa ou froitos vermellos.

Venres: mandarina.

 

Grazas á axuda do FOGGA e Froitas Moncho que a reparte.

Carreira de campo a través

Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).

Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.

Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.

https://gopro.com/v/96EZmJgDOwa33

APADRIÑAMOS UN PINGÜÍN

Os nenos de 5ºB apadriñamos un pingüín, chamábase Sequeliño aínda que era gordiño. Para apadriñar un pingüín hai que entrar en www.ejercito.mde.es facer clic en “Unidades”, e por ultimo facer clic en campaña ártica.  O mensaxe chega ao día seguinte, ás veces, o mesmo día.

Con estas campañas de apadriñamento dos pingüíns perseguimos comprometernos co medio ambiente, facendo un lugar mellor.

 

Teatro en inglés "Unboxing Alice", 5º e 6º cursos

Last Wednesday, on January 22nd, we went to watch the play "Unboxing Alice".

It has been a long time since Alice visited Wonderland for the last time. Tweedle Dee and Twee Dum get on the car of new technologies and in their role of influencers they decide to create their own "Wonderland video platform": The Tweedletube!

We had a great time!!!

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.