Outubro 2020

O Samaín en terceiro

Chega a noite máis terrorífica do ano e os nenos de terceiro andan contando historias de medo, non vos perdades o seu conto e o recopilatorio das súas fotos. Feliz Samaín!!!

Os cogomelos de Mael

  O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.

 
 Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.

Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles.  Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.

  

Samaín e Magosto 2020: unidades didácticas dos equipos de ENDL

Unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades.

 Samaín 2020                                             Magosto 2020

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020

Neste tableiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo.

Hecho con Padlet

Calendario escolar 2020-2021

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Días lectivos: do 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021.

Periodos de vacacións:1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive

Outros días non lectivos: 2 de novembro, 7 de decembro (Día do ensino), e 18 de maio.

Material Educación Física Curso 2020/2021

Material Educación Física Curso 2020/2021

EF.jpg

EF.jpg

Programa ARCO

No curso 2020-2021 participamos no programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), dirixido ao alumnado de 4º, 5º e  6º de primaria, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional, e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, con horario a media xornada, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 15 alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria, en horario lectivo e dentro das aulas ordinarias.

Máis información sobre o programa.

Que aprendimos dos musgos? (6º)

Comezamos a traballar sobre o mundo vexetal, dende a súa unidade funcional máis pequena, a célula, e xurdiunos a dúbida de que eran os musgos. Coa dúbida non íamos quedar.

EF.jpg

EF.jpg

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.