Febreiro 2020

Taller de Robótica

Xa hai un par de semanas que dende os cursos máis pequenos ata os máis grandes se apuntaron a traballar nos recreos cos robots e como había mestres dispostos, nos recreos na Aula que estamos preparando para os nosos robots os alumnos empezaron a traballar e esperamos que continuen e resolvan os retos que lles imos propor. 

Por se algún inda non se enterou deixámosvos tamén os horarios

Entroido 2020: "XVI Obradoiro da Filloa"

Deixámosvos un resumo de todas as actividades que fixemos este Entroido para celebrar o "XVI Obradoiro da Filloa".

O xogo da bola

Move o cursor para xogar coa bola, outro dos xogos clásicos transformados polos alumnos de 5º B

 

O entroido chega a 4º

Chega o entroido con ganas de festa. Os nenos de 4ºB fixemos un photocall que esperamos vos guste, pero antes tivemos que probalo; tamén fixemos un poema, un mural e uns banderins para adornar o corredor. Pasádeo ben no entroido e moitos risas.

Entroido 2020

Entroido 2020

Festival de Entroido, Concurso e Degustación de postres.

Chegou o Entroido no CEP SEQUELO

Aquí tendes algúns primeiros planos dos sorrisos deste Entroido

O xogo do globo

Chega aos 15 puntos, premendo enriba do globo.  Irene e Candela de 5º B transformaron este coñecido xogo

 

XVI Obradoiro da Filloa

Un ano máis agardámosvos no "Obradoiro da Filloa", non faltedes á cita o día 20 ás 16:30.

Carreira escolar de Campo a través- 3º curso

O pasado xoves 23 de xaneiro, os "atletas" do 3º curso foron á carreira de Campo a través, a Portas. Correron por cursos, había mais de 10 colexios, e resultaron ganadoras Noa (1ª ) e Valeria (2ª) !

Correron moi ben e Uxía demostrou o valor da amizade coa súa amiga Aitana, que caeu e axudoulle a levantarse, mentras os demais lle pasaban por diante! Eso sí, que é ser unha boa amiga! Esperemos que sirva de exemplo para todos e todas!

Noraboa campionas!!

Deixo o enlace para que vexades as imaxes da carreira.

https://gopro.com/v/eQ299BwNN2rKz

Entrevista á teacher da EEI Nosa Señora do Carme

Hai uns días visitáronnos os pequeniños das escolas infantís de Marín.  Moitos dos nosos alumnos foron antes alumnos seus e gardan bos recordos do seu paso por aqueles centros e dos seus mestres; o mesmo que esperamos que teñan de nós cando nos deixen.

Sabedes aquilo de que o bo se breve, dúas veces bo; pois esta entrevista que se guisaron soíños os exalumnos do Nosa Señora do Carme, non só cumpre o dito senón que o amplifica (tres, catro, dez veces bo). Os nenos magníficos e a teacher non defraudou, uns artistas todos.

Especies de ría (videodocumentais)

Comezamos a editar en vídeo.  

Dentro do proxecto do porto no que estamos mergullados este ano, os nenos aproveitaron varios vídeos que circulaban por Youtube para darlle "nova vida": crearon uns pequenos guións que explicaran as distintas especies animais e vexetais que viven na nosa ría, axeitárono aos tempos dos vídeos, buscaron músicas de fondo Creative Commons, grabaron os guións na radio e por último no momento da edición mesturaron todo con AVS Video Editor. O resultado son estas curtas que representan un principio no traballo coa linguaxe cinematográfica.

1. A Canilonga

2. Os Mexillóns

Os vídeos elixidos son de alta definición, 720p ou 1080p. Elixide esa definición na configuración de Vimeo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.