A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero.
O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento.
Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…”
Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas.
Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo.
Botas lilas: un símbolo de esperanza
Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.
Un manifesto pola igualdade
O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas.
Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole.
Un xardín pola igualdade
Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero.
Unha mensaxe para o futuro
A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamos sobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario.
Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial!
OUTRAS ACTIVIDADES NA SEMANA DO DÍA DA MULLER
Novo alumnado colaborador na biblioteca!
A biblioteca do colexio enorgullécese en presentar aos seus novos colaboradores e colaboradoras de sexto curso de educación primaria. Estes alumnos e alumnas demostraron un gran interese pola lectura e o bo funcionamento da biblioteca, e comprometéronse a axudar en diversas tarefas como:
Para recoñecer o seu compromiso, o alumnado colaborador recibiu un novo distintivo: un chaleco co logo do colexio e o da mascota da biblioteca, Superleo. Este chaleco identifícaos como persoas colaboradoras e permíteos ser facilmente recoñecidos polas persoas usuarias da biblioteca.
Desde o equipo de biblioteca estamos moi contentos coa colaboración deste alumnado. O seu entusiasmo e dedicación son un gran exemplo para o resto do alumnado.
Os alumnos e alumnas colaboradoras están moi ilusionadas coa súa nova responsabilidade. Encántalles poder axudar á xente a encontrar libros que lles gusten.
A biblioteca do colexio anima a todo o alumnado que estea interesado en colaborar a que se poñan en contacto coa responsable da biblioteca.
Esperamos contar con moitos máis colaboradores no futuro.
Un alumno do cole doa libros á biblioteca!
A biblioteca do colexio vese enriquecida cunha magnífica doazón de libros por parte do alumno Marco de 4º curso. Marco, un apaixonado lector, decidiu compartir o seu amor polos libros cos seus compañeiros e compañeiras doando unha boa colección de fondos que abranguen unha gran variedade de temáticas.
Esperamos que esta doazón inspire a outros nenos e nenas a descubrir o pracer da lectura e que gocen destes libros tanto como fixo Marco.
Desde o equipo de biblioteca mostrámonos moi agradecidos pola xenerosidade de Marco. Este xesto é un exemplo da solidariedade e o compromiso que caracteriza ao noso alumnado. Estamos seguros de que estes libros serán moi apreciados por toda a comunidade escolar.
A doazón de foi recibida con grande entusiasmo por parte do alumnado e profesorado do colexio. O equipo de biblioteca xa comezou a catalogar os libros e estarán dispoñibles para préstamo en breve.
Moitas grazas, Marco, pola túa xenerosa doazón!
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro renova o acordo de colaboración coa Fundación Secretariado xitano dentro do programa Promociona.
O obxectivo xeral céntrase en conseguir maiores índices de éxito escolar na Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O), e promover a continuidade nos estudos postobrigatorios para reducir o abandono escolar temperán, tendo como obxectivos específicos os seguintes:
- Facilitar a transición entre as etapas educativas obrigatorias, a permanencia no sistema educativo e o ascenso a estudos posteriores.
- Xerar e potenciar as condicións necesarias para favorecer o éxito da comunidade educativa: alumnado, familias, centros educativos, axentes sociais e comunidade.
Agardamos que se cumpran os obxectivos e que a relación inicia fai 7 anos continúe por bo camiño.
Celebración do Día de Rosalía en Segundo de Primaria!
Na semana do Día de Rosalía, os nenos e nenas de segundo de educación primaria levaron á práctica na súa aula as propostas da Asociación de Escritores e Escritoras en lingua Galega (AELG) relacionadas co legado literario desta destacada figura da nosa cultura.
Nesta ocasión, a celebración centrouse no traballo na aula de varias estrofas do libro "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro. O alumnado tivo a oportunidade de mergullarse na riqueza da súa poesía, explorando a profundidade dos seus versos e comprendendo a importancia da súa contribución á literatura galega.
As actividades propostas pola AELG permitiron aos nenos e nenas conectar co universo poético de Rosalía dunha maneira lúdica e educativa. Desde a lectura de fragmentos seleccionados, ata o recitación e gravación en vídeo das estrofas traballadas. Os nenos e nenas demostraron un gran interese e entusiasmo por descubrir máis sobre esta emblemática escritora.
Este actividade serviunos para fomentar o amor pola literatura galega e promover a creatividade e a aprendizaxe na aula.
Desde hai máis de 19 anos os fondos da nosa biblioteca está rexistrados e catalogados no programa MEIGA segundo os criterios da CDU simlificada.
A través da páxina web do programa Meiga tense acceso a todos os fondos rexistrrados na nosa biblioteca.
Celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso Colexio!
O día de Rosalía de Castro foi unha xornada chea de creatividade, poesía e tradición no noso cole. Conmemorando o legado desta gran poetisa galega, organizamos unha serie de actividades que involucraron a toda a nosa comunidade educativa.
Unha das actividades máis destacadas foi o obradoiro de decoración de camisetas, onde os nenos e nenas puideron plasmar o rostro de Rosalía de Castro. Utilizando a imaxe creada pola talentosa ilustradora Abi Castillo, cada camiseta converteuse nunha obra de arte única, reflectindo o profundo respecto e admiración cara a esta figura literaria.
Ademais, levamos a cabo unha emotiva recitación colectiva na aula de psicomotricidade do poema "Miña Casiña, meu lar". Este poema, traballado nos días previos na aula a través do libro ilustrado de Blanca Millán, cobrou vida nas voces de todo o alumnado do centro. Foi un momento cheo de emocións onde puidermos apreciar a beleza e a riqueza da nosa lingua.
Para rematar esta xornada tan especial, mergullámonos nunha tradición gastronómica: a preparación do "caldo de gloria". Cada neno e nena contribuíu cun dos cinco ingredientes ao pote (pan de broa, fariña munda, repolo, unto e boliños do pote), simbolizando a importancia da colaboración e o traballo en equipo. Este xesto non só nos conecta coas nosas raíces culturais, senón que tamén nos ensina o valor de compartir e coidar as nosas raíces.
O Día de Rosalía de Castro foi unha oportunidade invalorable para honrar a nosa identidade galega, fomentar o amor pola poesía e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade educativa.
Seguimos comprometidos en cultivar o aprecio pola nosa cultura e seguir inspirándonos en grandes figuras como Rosalía de Castro.
MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA