Xaneiro 2021

Día da Paz 2021

Este ano, a celebración do Día da Paz, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, parte do alumnado estivo pescudando ao longo deste mes sobre os ingredientes precisos para elaborar unha vacina contra este virus que está a mudar os nosos hábitos. Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este gran descubrimento para a noso a comunidade educativa.

O alumnado de 1º de Ed. Primaria realizou un mural co abecedario da Paz.

O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividades que se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:

Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio.

Odiovirus. Día da Paz 2021

Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas de 4º estivemos traballando o día da Paz mediante as emocións.

Para elo creamos un virus, ao que lle chamamos "Odiovirus", que representa a violencia, os medos e as preocupacións.

Unha vez detectado o virus, creamos a vacina que nos axudará a combatelo. De nome puxémoslle "Amistidina" e os seus compoñentes son:

  • amizade
  • paz
  • escoitar
  • amor
  • empatía
  • respecto

Comprometémonos a seguir traballando nela e no proceso de vacinación para erradicar a violencia.

Por último, cada un de nós elaborou a súa propia cartilla de vacinación segundo o modelo faciliatdo por Unicef baixo o título de  "Paz e bo trato" coa que nos comprometemos a recordar os nosos compromisos e a mantelos vivos.

 CARTILLA DE VACINACIÓN

Obradoiro de máscaras de Entroido

O día 20 de xaneiro realizamos no cole un obradoiro de creación de máscaras do Entroido, coa colaboración da Concellería de educación de Ourense, como alternativa ao tradicional obradoiro de creación de comadres e compadres que este ano non se celebrará por mor do Covid.

A actividade tivo unha duración de 90 minutos, dividido en dúas partes: unha teórica e outra práctica. Por unha banda, visualizamos un mapa da provincia de Ourense, identificando as vilas que celebran esta festa dunha maneira máis relevante, acompañado dunha explicación dos seus traxes e costumes. Posteriormente, pasamos a decorar catro máscaras de cartolina típicas do Entroido ourensán:  Boteiro de Viana do Bolo,  Cigarrón de Verín,  Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo de Limia.

O obxectivo principal desta actividade foi o de contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais.