Marzo 2020

Todos xuntos gañaremos

Dobraxe na escola

O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo.

A Ecopanda e o misterio do Románico.

O alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Manuel Sueiro traballou durante o segundo trimestre a lectura do libro “A Ecopanda e  misterio do Románico” centrándose na investigación dun grupo de nenos e nenas (Marta, Xiana, Henrique e os xemelgos Álvaro e Xaime) ao longo da ruta principal do camiño de Santiago intentando descubrir os roubos das pexas románicas.

Os segredos dos franciscanos

O 6 de marzo, na sede do Arquivo Histórico Provincial, o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria participou no obradoiro "Os segredos dos franciscanos".

É unha actividade didáctica que xira arredor da exposición "O legado de Asís: franciscanos e pobres clarisas en Ourense". A través da experimentación e os xogos propostos polas dúas personaxes de ficción que guiaron a actividade (Xoana, lavandeira e frei Xan "Farrapeiro", o arquiveiro do convento). Grazas a eles, viaxamos ao longo do tempo a partir de vellos. documentos que nos invitan a coñecer diferentes aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado.

A frauta máxica

O 5 de marzo asistimos ao auditorio municipal á presenciar a ópera infantil "A frauta máxica" grazas á Concellería de educación que fixo posible a nosa asistencia de forma totalmente gratuíta.

A representación é unha adaptación infantil en castelán da célebre ópera de Mozart "Die Zauberflöte" (La Flauta Mágica) estrenada en Viena no ano 1791.

Os obxectivos a conseguir a través desta actividade son os de introducir aos nenos e nenas no mundo da ópera e do canto lírico, así como dar a coñecer a figura de Mozart e os distintos aspectos da traxectoria deste autor.

A ópera complementase cunha unidade didáctica e un posterior coloquio.

Asistiron 1200 alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de educación primaria de 22 centros de ensino da cidade. 

Lectura funcional

Unha das sesións semanais da hora de ler, programada dende o aula de audición e linguaxe co alumnado de sexto,  vai encarada a dotar de funcionalidade á lectura para facilitar a súa comprensión e uso en diferentes contextos da súa vida cotiá .

A actividade de hoxe foi a elaboración dun Brownie de chocolate no microondas, que na hora de recreo compartiron cos seus compañeiros de clase.

Foi todo un éxito, non quedaron nin as migas.