Outubro 2018

Festa do Samaín 2018

O 31 de outubro, para celebrar o día do Samaín, disfrazámonos con modelos terroríficos tratando de espantar a Jack o da lanterna e a todo aquel que se acercase ao cole.

Durante o tempo destinado ao recreo, disfrutamos dunha merenda con exquisitas viandas, elaboradas polo persoal do centro, as que daba medo comer.

Para rematar, todas as persoas que quixeron, fixeron unha incursión no túnel do medo situado na biblioteca, onde o alumnado de sexto se transformou en persoeiros do máis alá para aterrorizar a todo aquel que tivo a valentía adentrarse no túnel que nos levaba ao mundo das ánimas.

Pasáaamolo terrorificamente ben!!!


O mundo da enerxía

O 29 de outubro contamos co presenza no noso centro dunha aula móbil da Fundación Repsol para impartir varios obradoiros sobre a enerxía, a todo o alumnado do centro, dentro do programa "O mundo da enerxía".

A través de actividades interactivas, conducidas por unha educadora especializada na temática, reflexionamos e aprendemos sobre el mundo da energía:

  • Que é a enerxía.
  • A súa importacia na nosa vida.
  • A necesidade de conseguir unha enerxía sostible.
  • As aplicacións do gas e o petróleo e os seus derivados.
  • Os procesos de exploración, refino e obtención dos produtos derivados do petróleo.

 

 

Exposición calacús 2018

Un ano máis, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro, coa axuda das súas familias, realizou unha exposición de calacús, na entrada do colexio, coa presentación de fantásticas calabazas decoradas terrorificamente para a ocasión.

 

HALLOWEEN by YAYOI KUSAMA

A artista xaponesa agasállanos coa súa pumpkin no tempo de Halloween. Os black polka dots desaparecen como por arte de maxia ao mesmo tempo que as cariñas dos Kusama kids aparecen no seu lugar. Cousa de meigas!!!

A obra orixinal podedes atopala na isla de Naoshima, coñecida como art island. Boa viaxe ata terras xaponesas!

Disfruta da arte de Yayoi Kusama en calquera época do curso, porque …

HERE AND THERE, POLKA DOTS EVERY!

...destino Dinamarca...

O noso PDI xa está en marcha con destino a Dinamarca...

Novos lectores na biblioteca

Como ven sendo habitual, nos últimos anos, o Día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado do centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas.

Xunto co carné, faise entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.

Día das bibliotecas 2018

Título do programa

O  24 de outubro, celebrmos no cole o Día das bibliotecas Escolares. O alumnado de cada curso presentou ante os seus compañeiros e compañeiras o traballo que van  a desenvolver ao longo deste ano dentro do PDI "Pasaxeiros Con destino Dinamarca... Última chamada" co que pretendemos traballar o modelo de organización da nosa biblioteca por medio da CDU ao tempo que pescudamos información sobre este fermoso país.

Os proxectos presentados foron os seguintes:

  • "A Sirenita". Alumnado de Ed. Infantil.
  • "O parrulo feo". 1º Ed. Primaria.
  • "Contos de Christian Andersen". 2º Ed. Primaria.
  • "O soltadiño de chumbo". 3º Ed. Primaria.
  • "Biografía de Christian Andersen". 4º Ed. Primaria.
  • "Os Wikingos en Dinamarca". 5º Ed. Primaria.
  • "Dinamarca: O país máis feliz do mundo". 6º Ed. Primaria.
  • "Crenzas relixiosas en Dinamarca". Ed. Relixiosa.
  • "O Xardín dos deuses". Aula de apoio e 2º e 4º de Ed. Primaria.

Presentación do PDI.
Trailler do PDI.
"O xardín dos deuses".

 

O comezo dos tempos

O comenzo dos tempos

Antes da aparición do home na terra, ao principio de todos os tempos, non había nada, nin terra, nin ceo, nin estrelas, nin firmamento. Só existían dous mundos: ao norte, un mundo nebuloso e frío, cuberto de auga xeada; ao sur, un mundo de lume que non deixaba de arder.

Entre estes dous mundos había un gran baleiro. Cando os dous mundos se atoparon, entre si, parte do xeo fundiuse coa calor do lume e desta fusión xurdiu o ser máis grande de todos os tempos; o máis grande de todos os xigantes que xamais existiu e que tiña os dous sexos, é dicir era home e muller á vez. O xigante facíase chamar Ymir. Tivo varios descendentes que brotaban do seu corpo mentres durmía. Del descenden todos os xigantes e ogros.

Desta auga fundida, tamén xurdiu unha enorme vaca, sen cornos, que creou ao antepasado de todos os deuses lambendo o xeo e que se chamaba Buri.

Tres dos netos de Buri: Odín, Vili e Ve enfrontáronse ao xigante Ymir nunha guerra longa e difícil. Ao final resultaron vencedores e cos restos do corpo de Ymir fabricaron a Terra. Coa carne crearon outeiros, terras chas estepas, así como as cuncas dos ríos, os mares e os lagos. Co seu sangue, encheron estas cuncas. Cos seus dentes e os seus ósos, fabricaron rocas e montañas. Co seu pelo, as árbores e os arbustos. Co seu cranio crearon o firmamento.

Coas súas pestanas fixeron unha muralla ao redor do centro do mundo para protexelo dos xigantes. A este lugar puxéronlle o nome de Midgard.

Unha vez que crearon este mundo déronse conta que non sería realmente un mundo mentres non estivese poboado. Buscaron e buscaron pero como non atoparon a ninguén que o habitase. Decidiron, entón, crear ao primeiro home e á primeira muller tallando uns troncos que atoparon na praia. Chamáronlles Ask e Embla.

Para rematar, os tres deuses repartiron o mundo en 9 zonas diferentes, situadas ao longo dun enorme e frondoso freixo chamado Yggdrasil:

  • O Asgard (o ceo) onde o deus Odín ten a súa morada e vive acompañado dos deuses aesir. A ponte arco da vella, chamado Bifrost, une Asgard coa terra dos homes (Midgard).
  • O reino dos deuses da Paz, onde viven os deuses vanir.
  • A terra dos Elfos de luz.
  • A terra dos homes. No que temos o noso fogar os homes e as mulleres descendentes de Ask e Embla.
  • A terra dos xigantes: no situaron aos xigantes. Prisioneiros e illados por bosques de ferro e anchos ríos que non podían ser cruzados.
  • A terra dos ananos, na cal viven baixo as montañas e fabrican extraordinarios inventos para os deuses.
  • O mundo tenebroso do xeo e as brumas onde habita o dragón Nidhogg que roe as raíces da árbore.
  • O mundo do lume onde habita o xigante Surt que vingará aos deuses na batalla final.
  • Debaixo desta Terra está Hel, a terra dos mortos que non mereceron a eternidade xunto aos deuses.

RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA


 

Visita de Leanne Rivera á nosa biblioteca

O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.

O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:

Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.

Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.