Novembro 2020

Día da Non Violencia de Xénero

Ao longo da semana do Día contra a Violencia de Xénero traballamos no aula varios recursos educativos que foran compilados polo Equipo de biblioteca do noso centro.

O 25 de novembro, para conmemorar esta data, o alumnado de terceiro de Ed. Primaria agasallounos coa interpretación en lingua de signos a canción de “A porta violeta” de Rozalén.

Escollemos dita canción para traballar esta temática xa que fai unha clara descrición da violencia de xénero aludindo a algunhas das emocións que senten as vítimas como o medo, a tristeza, a culpabilidade, ou a algún dos feitos que forman parte desta violencia como son os berros ou os golpes.

A porta violeta podémola identificar como a loita pola igualdade que vai axudar ás mulleres que son vítimas de violencia a saír desa situación se  abren a porta. O noso alumnado aportou, a través de bolboretas e flores, mensaxes e desexos cheos de esperanza e boas intencións que axudarán ás vítimas a saír desa situación de soidade e desamparo.

Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria disfrazáronse de superheroes e superheroínas para defender as mulleres e crear así un mundo moito máis xusto.

O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizaron na súa aula carteis contra a violencia de xénero para visibilizar este problema.

Na Aula de Inglés traballouse esta temática a partir do visionado do vídeo We are one woman.

SUPERHEROES SAY NO!!

Lendo a Ricardo Carvalho Calero

Lendo a Ricardo Carvalho Calero autor homanaxeado nas Letras Galegas do ano 2020.

Día Internacinal contra a violencia de xénero

Compilación de recursos para traballar na aula e conmemorar o Día Internaciional da Violencia de Xénero...


 RECURSOS EDUCATIVOS



CURTAS DE VÍDEO



CANCIÓNS


Recursos compilados polo CPI Antonio Orza

Recursos recollidos pola bilioteca do CEIP Bouza Brey de Ponteareas.

O cazo de Lorenzo

Ao longo deste trimestre o alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou o conto de “O cazo de Lorenzo” no que a súa autora, Isabelle Carrier, tenta transmitirnos, con tenrura, agarimo e de xeito próximo, a historia dun rapaz chamado Lorenzo, que ten que arrastrar unha pota vermella, sempre ao seu carón. Ás veces a pota dálle certas dificultades e desafíos na vida que, grazas á axuda dalgunhas persoas amables, aprende a superalo aos poucos. Tendo, deste xeito, que atopar onde antes só vía aspectos negativos, os aspectos positivos da vida.

Quizais, a principal moral que se esconde entre as súas letras é que as persoas con discapacidade, que neste caso simula a cazola vermella, non teñan que querer desfacerse dela, é dicir, non teñen que velo como un estorbo. É certo que, ás veces, impide unha vida normal, pero é moito mellor, sobre todo para si mesmos e as súas familias, se intentan levala creativamente en vez de crear unha loita continua, aínda que non sempre é tan sinxelo, como Lorenzo Acaba levando a súa cacerola vermella nunha bolsa, o que lle permite superar os obstáculos cos que se atopou anteriormente dun xeito menos complicado. Se dedicamos o suficiente tempo para ver a discapacidade como o contrario, é dicir, como algo intrínseco á propia persoa, será moito máis doado para nós axudar aos que conviven con eles na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E ademais, probablemente terán unha autoestima máis alta que lles permita, igualmente, levar unha vida plena e feliz.

Por que a discapacidade adoita asociarse a algo negativo? Por que cremos, dun xeito estereotipado, que as persoas con discapacidade non poden ou poden, pero dun xeito máis difícil, facer o mesmo que outras? Como ben explica a historia, os forasteiros a miúdo ven só a pota vermella que leva Lorenzo, e esta é información suficiente para crear equívocos. Creo que aos que non coñecen de cerca este mundo, botan de menos algo extraordinario e paga a pena exploralo porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.

Día internacional da Infancia

O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento.

As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo.

É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento.

Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito.

Superheroes Say No!!

O 25 de novembro os Superheroes da escola usaron os seus superpoderes para intentar frear a violencia sobre as mulleres e as nenas que desgraciadamente afecta á nosa sociedade.

Prepararon as súas purple cloaks e unha representación na que deixaban ás claras o seu compromiso a favor do respecto e da non violencia.

Así atravesaron unhas purple doors que nos deixen acceder a un mundo máis igualitario, participando da actividade xeral da escola.

https://www.unwomen.org/en/about-us/about-un-women/un-women-song

A castaña que rebentou de risa

O alumnado de 6º de primaria representou na sala de psicomotricidade o coñecido conto "A castaña que rebentou de risa" que figura recollida na nosa web e cunha adaptación teatral realizada polas mestras e alumnado da aula de apoio.

Debido ás medidas implantadas polo protocolo COVID tiveron que realizar tres pases da función: un para educación infantil, outra para primeiro e segundo e unha terceira para o resto do alumnado.

 

Photocall do magosto

Preme na imaxe para ver a galería do potocall do magosto

 

Celebración do magosto 2020

O martes 10 de novembro celebramos no noso cole a festa do magosto dun xeito distinto ao de anos anteriores debido ás esixencias que nos impón o protocolo COVID.

O alumnado de 6º volveu a agasallarnos cun contacontos sobre a historia de "A castaña que rebentou de risa" da que tivo que realizar tres pases para dar cumprimento as medidas de seguridade na sala de usos múltiples.

Unha vez rematada a representación do contacontos realizamos un photocall sobre o magosto no que participou todo o alumnado do centro.

Posteriorme, saímos ao patio a degustar unha merenda magosteira na que o protagonismo foi asumido polos boliños preñados de chourizo. Nesta ocasión as castañas foron as grandes ausentes ao faltarnos o fogueiro maior do cole.

Unha vez rematada a degustación das viandas, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria recitounos varias coplas da antoloxía poética que realizaron ao longo da semana, nas súas clases, nun obradoiro de escritura.

Como colofón á celebración desta festa, realizamos catro coreografías musicais: dúas de ritmo e dúas de baile, iso si, gardando as distancias de seguridade establecidas.

COPLAS DO MAGOSTO

COPLAS DO MAGOSTO DE 4º Ed. PRIMARIA

We Will Rock You

PANTEIRA ROSA

MAGOSTO 13 LÚAS

CHUCHUWA

Coplas do magosto

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria traballou a lírica nos primeiros días de novembro coa realización de varias coplas sobre temas que consideraron de interese en relación á celebración do magosto.

AS COPLAS DE TERCEIRO

 AS COPLAS DE 4º DE ED. PRIMARIA

AS COPLAS DE 5º DE ED. PRIMARIA

 

 

Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro

Ver a pantalla completa