Skip to Content


Edixgal 22-23

CURSO 2023-24

Moi boas familias lembramos que o alumnado que pasa de 4º a 5º de EP entrará no programa EDIXGAL pero non recibirán os equipos ata setembro. Deixamos aquí máis información.

Lembrade tamén que as familias do alumnado que pasen para 5º ou para 6º tamén podedes participar na solicitude de fondo libros (data límite 21 de xuño) para material escolar a pesar de estar no programa EDIXGAL. 

(clic na imaxe para descargar)

edixgal 23-24

 

 Tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo ou HP (comprobar no equipo asignado).


Froitas e lacteos 22-23

O luns 23 de xaneiro comezamos co programa de Leite na Escola que durará ata o martes 28 de febreiro. Faremos chegar a todas as clases ao longo da mañá bricks de 200 ml con leite fresco coa denominación "galega 100%" para que o alumnado o consuma durante a merenda escolar. Para alumnado intolerante á lactosa tamén se entregarán bricks con leite sen lactosa.

Esta é unha iniciativa froito do "Programa de consumo de frutas, hortalizas y leche" da Unión Europea coa axuda económica da unión.

Máis información



Acceso AA VV 1º e 2º EP

O alumnado de 1º e 2º de EP levará nestes días unha pequena nota coas credenciais de acceso a aula virtual. As familias podedes ver este vídeo e este documento pdf con toda a información necesaria para acceder por primeira vez á aula virtual.

No vídeo cando se fala de usuario faise referencia a uns números, este ano en lugar de números levan de usuario unha combinación do seu nome por exemplo: blanca.vazquez

  

Intentade acceder o antes posible para que, no caso de confinamento, teñades o acceso asegurado.  



Acceso AA VV 1º e 2º EP

O alumnado de 1º e 2º de EP levará nestes días unha pequena nota coas credenciais de acceso a aula virtual. As familias podedes ver este vídeo e este documento pdf con toda a información necesaria para acceder por primeira vez á aula virtual.

No vídeo cando se fala de usuario faise referencia a uns números, este ano en lugar de números levan de usuario unha combinación do seu nome por exemplo: blanca.vazquez

  

Intentade acceder o antes posible para que, no caso de confinamento, teñades o acceso asegurado.  



digital week

INFORMACIÓN IMPORTANTE HORARIOS ENTRADA E SAÍDAS DA ACTIVIDADE E OUTRAS INFORMACIÓN IMPORTANTES

Achegamos documentación para as familias do alumnado seleccionado para participar na DigitalWeek 22-23

  • Información digitalweek 22 quenda 1 (é moi importante a consulta desta información xa que fai referencia, entre outras, cousas a que debe levar o alumnado).
  • Fichas alumnado (esta ficha debe entragarse cuberta no momento do que o alumnado entre na actividade)

 

 



reunicións inciciais familias EP 22-23

 

1º Ciclo: 19 de setembro

  •  1º de EP ás 15:45
  •  2º de EP ás 16:30

 

2º Ciclo:

 

A entrada para as reunións será polo portalón.

As reunións serán nas aulas das titorías correspondentes.



Educación Primaria

Os materias dos distintos cursos iranse publicando ao longo dos vindeiros días.

 

MATERIAIS

 

1º DE EP 2º DE EP

3º DE EP A

3º DE EP B

 1ºEP 2EP   3EP
     

4º DE EP A

4º DE EP B

4º DE EP C

5º DE EP 6º DE EP
4EP 5EP 6EP
 

 

Datas de entrega de material e libros de texto 

 

1º e 2º de EP


  

As familias poden traer o material e libros ao centro do seguinte xeito:

  • Todo con nome da nena ou neno.
  • En unhas ou dúas bolsas co nome e curso fóra.
  • Entregaranse en conserxería, no caso de non estar o conserxe preguntar en secrertaría.
  • Datas de entrega:  
    • 15 de setembro 1º de EP.
    • 16 de setembro 2º de EP.

 

De 3º a 6º de EP


 

O alumnado traerá o propio material na mochila co nome.

A semana  do 12 ao 16 de setembro repartiránselle os libros de fondo.

Levarán un impreso de compromiso de recepción e bo uso dos textos e devolverano asinado ao centro. (só 3º e 4º)

 

Grazas pola colaboración, un saúdo.

 

 



Información COVID-19  

  • Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.

 

  • Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros. 

 

  • A ventilación segue sendo recomendable en períodos alternos: 15 minutos ao inicio da xornada e 15 ao remate de cada xornada, mañá e tarde. Durante os recreos e durante as clases e entre estas sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

 

  • A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar a partir de 6 anos polo de agora.

 

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 2022-23

 



inicio curso 22-23

Benvidas e benvidos ao curso 2022-23 lembramos as familias que é imprescindible ler o Plan de Acollida de cara ao comezo de curso.

Horarios do centro dispoñibles no seguinte enlace

 

PLAN DE ACOLLIDA 22-23  
plan de acollida 22-23  

Deixamos tamén aquí documentos importantes que debedes imprimir, cubrir e enviar, a través das mochilas das vosas fillas e fillos, antes do 15 de setembro.

  • O alumnado de 5º e 6º de EP traballará con EDIXGAL levarán un consentimento de cesión de equipos en vindeiras semanas para traer tamén asinado.
  • Para alumnado de 3º e 4º de EP beneficiario de fondo libros, levará un modelo de compromiso de bo coidado e devolución dos libros de texto nas vindeiras semanas para traer tamén asinado.


ganador concurso Santa Comba en cores

Parabéns ao noso alumno por ter sido gañador do concurso de pintura organizado pola Asociacións de Empresarios de Santa Comba entre os centros do municipio, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, CPR Nuestra Señora Inmaculada e CEP Plurilingüe Pepe de Xan Baña. 

Deixamos o texto publicado nunha rede social da entidade organizadora dando a coñecer ao noso gañador.

(clic na imaxe para agrandar)

texto face



Resultados votación

Achegamos resultados da votación da xornada continuada

Censo: 328

Votos emitidos: 229

Votos a favor:174

Votos en contra: 53

Votos en branco: 1

Votos nulos: 1

podedes ver os resultados con detalle na imaxe que segue:

(clic na imaxe para ampliar)

resulados



Edixgal 22-23

CURSO 2022-23

Moi boas familias lembramos que o alumnado que pasa de 4º a 5º de EP entrará no programa EDIXGAL pero non recibirán os equipos ata setembro. Deixamos aquí máis información.

Lembrade tamén que as familias do alumnado que pasen para 5º ou para 6º tamén podedes participar na solicitude de fondos libros (data límite 22 de xuño) para material escolar a pesar de estar no programa EDIXGAL. 

(clic na imaxe para descargar)

edixgal 22-23

 

 Tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo.


Información equipos EDIXGAL no verán

Moi boas familias, traemos boas novas! o alumnado de 5º de EP poderá conservar os equipos de EDIXGAL durante todo verán se así o desexan. 


Pola contra, o alumnado de 6º de EP deberá devolvelo para continuar a súa andaina cara a secundaria.

 

O alumnado de 5º que non queira facerse cargo do equipo no verán ou teña que devolvelo por ser alumnado de 6º, deberá entregar o equipo o venres 17 de xuño xunto con dúas follas iguais, que deben vir asinadas por vós. Devolveremos unha delas con selo do centro e sinatura de dirección como resgardo da entrega entre os días 20 a 22 de xuño. 

Lembramos que podedes tramitar un seguro opcional para o portatil

(clic na imaxe para descargar o documento)

 seguro



 

 

Descarga a nosa revista facendo clic na imaxe que segue.

Revista escolar 21-22



bolsas neae 22-23

O prazo para solicita-las bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e remata do 30 de setembro de 2022.

 

Consulta toda a información na páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional

 

Outros enlaces de interese:

 



día mundial do medio ambiente

 

A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga.

 

Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. 

Unidade didáctica para 5ºe 6º de EP: enlace aquí

 

Recursos de SOGAMA

SOGAMA

 

  Para máis recursos podes consultar este Genially.

 

 

 

 

 



doazón ACNUR

O noso centro, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, hoxe día 02 de xuño de 2022 vén de realizar a ACNUR a doazón de 2307,75€ recaudados grazas á carreira solidaria realizada no noso centro.

Grazas a todas as persoas que o fixeron posible.



Instrucións votación xornada continuada 21 -22

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

Será preciso identificarse para poder votar (DNI, NIE, carnet de conducir, pasaporte etc...) 

NOTA: Lembrade que este dous últimos cursos académicos tivemos dúas quendas de comedor debido ao protocolo COVID. En condicións normais en calquera das dúas xornadas haberá unha única quenda de comedor.

(clic para descargar)

Instrucións votación xornada continuada 21-22

Descarga aquí a nota en castelán

Deixamos tamén a papeleta por se desexan traela xa da casa. De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na imaxe para descargar)

Papeleta votación



fondo libros

Publicouse no DOG do mércores 18 de maio de 2022 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2022/2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente via telemática a través da aplicación Fondolibros.  O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ata o 22 de xuño ambos incluídos.  Tamén se pode entregar persoamente no centro. 

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

 

Se preferides entregar en centro podedes descargar a solicitude aquí



Votación xornada continuada 21-22

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

(clic para descargar)

Votación xornada continuada 21-22

 



Menú primavera 21-22

Estes menús entraron en vigor o 19 de abril  

Podes descargar o menú facendo clic na imaxe que segue

Menú primavera 21-22

 



 Día Mundial da Saúde 21-22

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

 

Clic na imaxe para acceder á páxina oficial da OMS

Saúde 21-22

A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

Vídeos sobre saúde


 

A contaminación do aire afecta á nosa saúde e ao planeta  

  

O tabaco mata persoas e contamina o planeta

 

Aprende máis con este Genially


 

  



Día mundial autismo

dia mundial do autismo

   

O 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo. O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.

 

Non te perdas o noso mural do Día Mundial do Austismo nin as nosas lecturas recomendadas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

libros autismo

ár

APRENDE MÁIS CON ESTE GENIALLY  

 

 

O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

  

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



Taller de debuxo e/ou redacción sobre o que significa ser feliz

 

 Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 Páxina oficial Día Mundial do Autismo



Ata sempre Pedro

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos trasladar o noso máis sentido pésame á familia e amizades do actor Pedro Brandariz. Era xa un habitual en dinámicas educativas de xénero do noso centro.

Tamén o noso afecto para a comunidade escolar do CEIP A Igrexa de Calo.

Entre nenas, nenos e contos así te lembraremos sempre...

Ata sempre Pedro



Día Internacional da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.

 Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable.

 

Aprende moito máis e descubre recursos con este Genially 

 

(texto recollido e traducido da páxina da UNESCO)

 



decalogo alimentación saudable

Xa podes descargar o decálogo de alimentacón saudable elaborado enmarcado no Proxecto de Vida Activa e Saudable

(clic na imaxe para descargar)

decalogo alimentación saudable



concurso diverticán

Parabéns ao noso alumno de 4ºA A.L. por ter sido gañador do concurso de debuxo Diverticán dentro do Plan de Vida Activa e Saudable do noso centro

PARABÉNS!

Gañadora Diverticán 21-22

(clic na imaxe para descargar)

DEBUXO DIVERTICÁN 21-22



texto xerais

Parabéns a Ledicia Costas e Berta Dávila que veñen de gañar os Premios Xerais 2021.

Fai clic na foto dos premios para acceder á máis información.

Premios xerais



Do solo á mesa e viceversa

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria vivenciou de primeira man a importancia da reciclaxe de materiais orgánicos.

Realizaron unha actividade no noso centro, impulsada polo Consello de Santa Comba dentro do programa "Do solo á mesa e viceversa".

Fai clic na imaxe que segue para saber máis do proxecto:

manual reciclaxe 



10 de decembro dereitos humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos  inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Aprende máis con este Genially

 

 

Clic na imaxe para ver o documento orixinal 

 

Día dos Dereitos Humanos

 Aprende máis con este vídeo

 

 Clic na imaxe para ver unha versión ilustrada os dereitos.

Día dos Dereitos Humanos

 

Para máis información clic na imaxe para acceder á páxina da ONU 

ONU Dereitos Humanos

 



thanksgiving

Dende a materia de Lingua Inglesa invíntannos a celebrar o Thanksgiving day ("día de acción de gracias"). Podedes aprender moito desta festividade consultado o documento elaborado.

(clic na imaxe para descargar)

thanksgiving 21-22



Menú de inverno

Estes menús entrarán en vigor o 29 de novembro.

Podes descargar o menú facendo clic na imaxe que segue

menú inverno 21-22



Reunións coas familias 21-22

Moi boas familias deixamos aquí unha táboa cos horarios e enlaces a cada unha das reunións das aulas do noso centro.

No caso de EI infantil non se convocan reunións pois, xa se facilitou a información no documento de inicio de curso. De todos xeitos quedan aquí os enlaces das salas das titoras para futuras reunións de ser o caso. 

CURSO

DÍA E HORA DA REUNIÓN

ENLACE WEBEX

4º EI A

----

Victoria Tuñas Tomé

4º EI B

----

Aurora Baña Fuentes

5º EI A

----

María Carmen Busto Bouzas

5º EI B

----

María Carmen Mourelle Castro

6º EI A

----

Sandra Fraga Leis

6º EI B

----

Ana Mª Ríos Vilas

1º EP A

Mércores día 13 de outubro ás 18:00 h.

Mª Isabel Vázquez Golpe

1º EP B

Mércores día 13 de outubro ás 17:00 h.

María Josefa Maroño Outeiro

2º EP A

Luns día 4 de outubro ás 18:00 h.

Fernando González Bao

2º EP B

Martes día 5 de outubro ás 18:00 h.

Adrián Arias García

3º EP A

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª Isabel Barrientos Romero

3º EP B

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Tamara Abuelo Pombo

3º EP C

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Noelia Cabanas Gómez

4º EP A

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª Carmen García Espasandín

4º EP B

Mércores día 6 de outubro ás 18:00 h.

Mª José Lois Ortiz

5º EP A

 Xoves día 14 de outubro ás 17:00 h.

Beatriz Durán  Casanova

5º EP B

 Xoves día 14 de outubro ás 17:00 h.

Mª Dolores Pérez Cancela

6º EP A

 Mércores 13 de outubro ás 16:30 h.

Mª Dolores Gerpe Catro

6º EP B

Mércores 13 de outubro ás 17:00 h. 

Fernando Pintos Recarey



entregados equipos edixgal e info familiias

Queridas familias hoxe foi un día de alegría para o alumnado de 5º e 6º de EP do centro porque  recibiu os equipos de EDIXGAL. O obxectivo e que os carguen na casa e teñan un primeiro contacto con eles e os vaian descubrindo na fin de semana.  Ao longo da semana próxima recibirán as súas credenciais de acceso á plataforma EVA e a súa primeira formación.

É moi importante que consultedes o documento seguinte sobre todo no que se refire á información sobre o seguro non obrigatorio pero recomendable para os equipos. 

(clic na imaxe para descargar)

EDIXGAL 2021-22

Se aínda non o fixeches consulta tamén o folleto informativo para familias que ten información de interese. 

 

Deixamos por último aquí unha imaxe da información que hai nese documento no tocante ao seguro.

Seguro Edixgal

 

Antes as dúbidas sobre o seguro e realizada consulta a EDIXGAL, informaron que tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo.

 



Colaboración comedor escolar curso 2021-22

Todas as familias interesadas en participar na colaboración de atención ao alumnado no comedor escolar para o vindeiro curso, poden achegarse á secretaría do centro para cubrir a solicitude de colaboración.

O prazo permanecerá aberto ata o 8 de setembro, podendo abrirse un novo prazo ata o 22 de decembro.

Coa solicitude acompañarase unha acreditación de non ter sido condenadas/os por delitos sexuais "certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais".

 

Atención ao público de 10:00 a 12:30h na Secretaría do Centro.

Máis información na: Instrución 2/2021

instrución comedor



Xa está á disposición das familias o impreso de autodeclaración para comedor escolar do curso 2021-22.

Nos documentos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Entregarse na secretaría do centro en horario de 10 a 12:30h.

O prazo remata o 7 de setembro

Modelo autodelcaración Aclaracións Instrución 2/2021
autodeclaración aclaracións comedor instrución comedor

 

 



Aprendizaxe 5ºB

Este espazo recorre unha pequena parte do camiño do alumnado de 5ºB ao longo deste peculiar curso educativo.

 

Onte, 16 de xuño, tiveron a oportunidade de visitar a Granxa Escola Bergando en Negreira:

(clic na imaxe para ver)

Bergando 5ºB

Ademais, tamén comparten con toda a Comunidade Educativa, o seu traballo de poesía visual: proxecto de expresión plástica a través da fotografía e o deseño gráfico.

(clic na imaxe para ver)

Poesía 5ºB

Compartimos tamén o proxecto científico realizado por este alumnado coa seguinte hipótese: "Son as miñocas unhas boas aliadas da gricultura?" 

 

(clic na imaxe para ver)

 miñocas

Por último, podedes botar un ollo tamén ao proxecto empresarial que elaboraron no que se traballan conceptos como: análise de necesidades, viabilidade das accións, definir empresa...

(clic na imaxe para ver)

Proxecto empresarial



Información familias EDIXGAL no verán

Moi boas familias, traemos boas novas! o alumnado de 5º de EP poderá conservar os equipos de EDIXGAL durante todo verán.

 

As familias que o desexen, poderán devolvelo nesta semana ao centro, para non ter que facerse cargo do equipo no verán. Nese caso o alumnado deberá entregar o equipo o vernes 18 e xa non poderán utilizalo máis ata que se lles volva asignar en setembro. Nestes casos, unha vez entregado, o venres levarán un documento de devolución que o luns 21 deberán vir de volta ao centro asinado pola familia. 

 

Facilitamos un documento coa información que nos foi facilitada pola direción do proxecto EDIXGAL.

(clic na imaxe para descargar o documento)

equipos EDIXGAL no verán

 

Lembramos que podedes tramitar un seguro opcional para o portatil

(clic na imaxe para descargar o documento)

 seguro



Papeleta votación

Con motivo de axilizar o proceso de votación e previr os contactos debido á situación COVID-19 deixamos aquí a papeleta por se preferides descargala e traela cuberta dende a casa.

De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na imaxe para descargar)

Papeleta votación

 



Instrucións votación xornada continuada

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada continuada.

(clic para descargar)

Votación xornada continuada



Fondo libros

Publicouse no DOG do xoves 20 de maio de 2021 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2021/2022 os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente via telemática a través da aplicación Fondolibros.  O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 22 de xuño ambos incluidos. Se se presenta presencialmente por protocolo COVID ten que ser en horario reducido de 09:45 a 13:30.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:



Votación xornada continuada

A continuación facilítase información sobre a votación da xornada continuada para o vindeiro curso 2021-22.

(clic na imaxe para descargar o documento)  

Foto documento xornada



solicitude comedor e / ou transporte

Deixamos documento para descargar de solicitude de comedor e/ou transporte para o vindeiro curso.  O alumnado entregarallo á mestra titora ou mestre titor antes do 31 de maio.

 

Descarga aquí o documento

 

 

 

 



Formación RCP e DESA

O profesorado do CEIP Pluirilingüe Barrié de la Maza contou cunha formación en centro sobre RCP e DESA.

(clic na imaxe para ampliar)

Formación RCP e DESA



Parabéns Venus

Venus Vila Forján de 2ºB recolleu o seu merecido premio por gañar o concurso de Diverticán.

Venus

 



Tenis na Escola

Os mestres de Educación Física comezaron a desenvolver nas súas clases unha unidade didáctica de tenis, grazas ao material específico cedido pola Federación Galega de Tenis.

Tenis na Escola

O Programa Tenis na Escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares se atopan para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico.

No noso centro educativo levamos tres cursos participando neste programa. A continuación unha instantánea dunha sesión na clase de 6º B.

 

Entrada orixina no Blog do PDC do Centro



Gañadora Diverticán

Parabéns para Venus Vila Forján de 2ºB que, co seu debuxo, foi a gañadora do concurso de Diverticán este curso académico.

Diverticán Venus

 



Proceso de admisión alumnado curso 2021-22

 PRAZOS


 

  •  Admisión novo alumnado: Do 1 ao 20 de marzo.

 

INFORMACIÓN E DOCUMENTOS


   

INSTRUCIÓNS XERAIS

ANEXO II - 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

AUTOCOMPLETABLE

CRITERIO COMPLEMENTARIO

BAREMO

INSTRUCIÓNS INSTRUCIÓNS Baremo
 Clic para descargar Clic para descargar  Clic para descargar
     

NORMATIVA DE REFERENCIA


 

  VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN 

 

LISTAXES DEFINITIVAS 


 

Comunícase que están publicadas as listaxes definitivas de admitidas e admitidos como novo alumnado para o vindeiro curso 2021/22, no proceso de admisión.

Para a consulta das listaxes deberán facelo directamente nos taboleiros interiores do centro ou tamén na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Ley de Protección de datos non se poden publicar nesta web).

Todas as persoas están admitidas.

Todo o alumnado de nova incorporacion ao centro debera formalizar a matricula nas datas indicadas.

 

  • Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 


 

Facilitamos aquí o documento Anexo III-1 para a formalización da matrícula. Podedes descargarlo facendo clic na imaxe que segue. 

 

As datas par a súa entrega serían do 20 ao 30 de xuño pero se alguén quere pasar a entregalo xa dende agora non hai inconveniente. 

 

(clic na imaxe para descargar)

Formalización de matrícula

 



Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo para inspirar e promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, as mulleres seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.

  

A ciencia é unha disciplina colaborativa, pero tropeza co obstáculo da brecha de xénero.

 

Aquí tedes 11 mulleres que cambiaron a ciencia.

 

 

E aquí outras 26.

Mulleres de Ciencia

  

 

 

As nenas e os nenos obteñen os mesmos resultados en ciencias e matemáticas, pero só unha parte das estudantes opta por carreiras científicas na educación superior.

 

 

 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Para estar á altura dos desafíos do século  XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero.

 

Hai que apoiar ás científicas e as investigadoras no exercicio da súa profesión. Aquí tedes algúns exemplos!

 

Esta científica axudou a acabar co Ébola.

 

 As mulleres fan que os equipo sexan máis fortes e creativos na NASA

 

  

 

Texto traducido da páxinas da Nacións Unidas



thanksgiving

We learned about. "Thanksgiving Day".

 

It is celebrated in the USA, every year, on the fourth Thursday of November. It is a National Holiday and it is considered one of the most popular and familiar Festival.

Clic to downlodad!

thanksgiving



Carta ás familias

Estimadas nais e pais:

 

A violencia non sempre se manifesta con agresións físicas, no colexio, os nenos e nenas son vítimas dunha violencia máis sutil que exercen entre eles e contra a que debemos loitar día a día.

 

Entre estas formas de violencia menos visibles atópanse as vinculadas aos estereotipos de xénero, e dicir, ao que nós como sociedade impoñemos como o que é de neno ou de nena.

 

Os estereotipos, prexuízos e demais preconceptos, fannos curtos/as de miras e pouco tolerantes. Ningún neno ou nena debería sufrir polos seus gustos ou preferencias cando non molestan a ninguén e, é por iso, que vos invitamos a que o día 25 de novembro, co gallo da celebración do día en contra da violencia de xénero, abrades posibilidades coa vestimenta dos vosos fillos e fillas. Os/as que queiran poden vir vestidos co que prefiran e tamén coas unllas pintadas ou maquillaxe. Pero ollo, non é un disfraz, e unha visibilización de que, indepentemente do sexo, non se fai mal a ninguén por levar un acondicionamento do vestido diferente ao establecido pola maioría. Porque,  que é normal? A normalidade é estatística e só se trata dunha cuestión de cantidade, a maioría. Pero a quen molestan as diferencias? Por qué teñen que sufrir violencia se non molestan a ninguén? É hora de evolucionar cara a diversidade en todos os sentidos posibles.

 

Parécenos que os xestos suman e é por iso que estendemos esta invitación.

 

Un saúdo.



Distribución de máscaras

A Consellería ven de publicar unha Orde onde establece os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

VER DOG 13/11/2020 (Orde do 6 de novembro de 2020)

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)

O alumnado que non teña sido beneficiario de axuda para adquirir material escolar podería solicitala se cumpre algún dos  seguintes critreios:

  1. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. (PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado matriculado en EE, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%. (PRESENTAR SOLICITUDE)

MODELO SOLICITUDE

Prazo de solicitude dende o 16 ata o 27 de novembro.



Autoriación imaxe

clic na imaxe para a descarga do documento

Autoriación imaxe

 



Día Internacional das Mulleres Rurais

O 15 de outubro celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais. Hoxe máis ca nunca as mulleres e as nenas están en desvantaxe nesta pandemia, un problema que se agrava máis aínda nas zonas rurais. As mulleres rurais xa enfrontaban, e enfróntanse, a batallas previas específicas na súa vida diaria a pesar dos seus roles crave na agricultura, a subministración alimentaria e a nutrición. Agora, desde o COVID-19 e as necesidades de saúde únicas en áreas remotas, élles menos probable ter acceso a servizos de saúde de calidade, medicamentos esenciais e vacinas. As normas sociais restritivas e os estereotipos de xénero tamén poden limitar a capacidade das mulleres rurais para acceder aos servizos de saúde.

 

 

Máis información

Información traducida da páxina das Nacións Unidas  



Entrega de Material

Esta semana farase a entrega de material e libros de texto 

 

EI, 1º e 2º de EP


  

As familias poden traer o material ao centro do seguinte xeito:

  • Todo o material co nome do neno/a.
  • En unhas ou dúas bolsas co nome e curso fóra.
  • Entregaranse en conserxería ou secretaría (no caso de non estar o conserxe.).
  • Datas:
    • Mércores 16 de setembro: 1º e 2º de EP.
    • Venres 18 de setembro: Educación Infantil.

 

De 3º  6º de EP


 

O alumnado traerá o propio material na mochila co nome.

Esta semana repartiránselle os libros de fondo.

Levarán un impreso de compromiso de recepción e bo uso dos textos e devolverano asinado ao centro.

 

Grazas pola colaboración, un saúdo.

 



Alerta Escolar

(clic na imaxe para descargar o documento)

Alerta Escolar

 



IMPORTANTE: INFORMACIÓNS DE INTERESE

Achegamos o documento "Informacións importantes - Fin de curso 2020" , moi útil para as familias á hora da organización do final deste curso e inicio do 2020/2021.



Avisos comedor escolar

Todo o alumnado que vaia facer uso do comedor escolar o vindeiro curso 2020-21 deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 11 de setembro.

      Impreso autodeclaración

- Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as de comedor ata o 11 de setembro

       Ver anuncio



Enquisa voluntaria
 
Solicitan a colaboracion do noso centro para un TFG sobre os coñecementos que adoptan ó longo da etapa educativa primaria, ós nenos e nenas, sobre a educación ambiental, concretamente nos colexios do rural, neste caso en Santa Comba.
 
Gustaríame contar coa súa colaboración, co fin de poder enviarlle a enquisa ó alumnado de cuarto, quinto e sexto do propio colexio, e poder chegar o maior número posible de nenos e nenas. 
 
Clic na imaxe para acceder á enquisa 
 
Enquisa voluntaria 
 


Rimilla con mascarilla

O alumnado de 2º de EP do noso centro está a facer unha actividade que consiste nunha actividade de manualidades pero tamén de creación literaria. Deben facer e decorar unha mascarilla e crear unha rima que leve esa palabra. 

 

No te perdas as súas creacións facendo clic na imaxe que segue:

 



Día Mundial  do Mediambinte

5 de xuño

E

Día dos Océanos

8 de xuño

 

No marco do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemorou o 5 de xuño, SOGAMA vén de lanzar unha campaña orientada a diminuír o exacerbado consumo de plásticos dun só uso.

Desplástifícate

Baixo o título “Desplastifícate: di NON aos plásticos de usar e tirar”, coa mesma pretendemos axudar aos cidadáns a retomar os bos hábitos previos á crise sanitaria do COVID-19 e ata a reforzalos para avanzar na senda da sostibilidade. Cabe recordar que, durante a etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a compra de produtos básicos, priorizouse, por parte da poboación, a adquisición de artigos sobreenvasados co fin de garantir a súa correcta conservación. Podedes acceder ao documento de boas prácticas facendo clic aquí ou a na imaxe anterior.

 

Día Mundial dos océanos

Por outro lado, o 8 de xuño celébrase o Día dos Océanos e, con tal fin, SOGAMA vén de publicar, na súa plataforma educativa de “Caderno Verde”, cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Framilia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo. Son as seguintes:

Mapa do tesouro.

Animais en perigo polo plástico.

Protexendo as aves.

Os restos da merenda. 

 



 Día das Letras Galegas - Ricardo Carballo Calero 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Ola familias!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traemos una nova proposta de actividade de cara a celebración das Letras Galegas 2020. Recordade que podedes consultar datos sobre a biografía e as obras de Carvalho Calero no blog do EDLG, mais esta vez a idea é afondar un pouco nunha das súas obras: As pitas baixo a choiva.

A actividade consiste no seguinte: subirase á páxina web do centro unha breve representación desta obra para que a partir da súa visualización o alumnado faga unha representación gráfica do conto, que pode ser un debuxo, a creación das personaxes con obxectos que teñan por casa, a representación dalgunha escena, un collage formando o título da obra e o nome do autor, etc.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes ver o conto e as fotografías que vaiades enviando ao enderezo electrónico nerea.einfantil@gmail.com

Agueiro DLG

 

 

A continuación móstranse algúns exemplos que podedes ter en conta, pero lembrade que o importante é dar liberdade á vosa imaxinación.

Exemplo 4 Exemplo 3
Exemplo 2 Exemplo 1

 

Lembrade ademais, que facendo clic na imaxe inferior tedes acceso a moitos máis recursos.

Recursos DLG



Entrega diplomas

Diplomas eu son atleta contra o virus

 

Informamos de que xa se están entregando o diploma a todo o alumnado que cumpriu os retos.

Se alguén non o recibiu ou o nome está errado, que o notifique ao correo indicado para esa actividade.

Por outra banda, se alguén quere telo en formato dixital pode enviar tamén un correo co nome do alumno ou alumna.

Eu son atleta contra o virus



Que comen

Dende o PDC queremos poñer en coñecemento da Comunidade Educativa esta iniciativa que vai na liña dos obxectivos do noso programa

Que comen

Logo nutriciona

WEBINAR GRATUÍTO sobre ALIMENTACIÓN INFANTIL 

É o momento de intervir na alimentación dos máis pequenos, agora mesmo non temos eses factores que nos inflúen noutras ocasións. Non temos a  chocolatina da avoa, os  gusanitos que trae o  amiguiño ao parque ou o iogur  bebible con 100kg de azucre da merenda do cole.

 

Se queres saber máis sobre alimentación infantil, coñecer como facer que os máis peques adquiran bos hábitos alimentarios ANÓTATE! É totalmente gratuíto, e a nosa forma de afrontar positivamente esta corentena. Só necesitas acceso a internet, mandarémosche a ligazón para poder acceder ESPERÁMOSCHE!

 



A profe Guadi manda saúdos

A antiga profesora de Música do noso centro, Guadi Galego, lembrouse do seu antigo alumnado. Enviou un agarimoso saúdo en formato audiovisual e unha peza adicada a todo alumnado. 

Grazas Guadi! tamén nos lembramos de ti.

(clic na imaxe para acceder ao vídeo do seu saúdo)

A profe Guadi manda saúdos

 

E aquí a peza que canta con outros músicos de renome, do panorama musical galego.

(clic para acceder a peza musical)

 

 



Easter Day

Diego Valdivieso, auxiliar de conversa deste ano no noso centro e coñecido por todo o alumnado, manda "Greetings from USA".



O Concello de Santa Comba por en marcha a iniciativa "Eu imprimo por ti".

Eu imprimo por ti

Mediante esta proposta o consistorio ofrécese a imprimir os deberes do alumnado que non dispoña de como facelo.

 

Para beneficiarvos desta iniciativa só debedes contactar no email omixsantacomba@gmail.com indicando o nome, lugar e teléfono de contacto para que volos leven á casa.



Aquí atoparedes recursos para 5º de EP


 

Recurso 5º EP estudio traballo



Doazón a ASANOG 

Nestes días de confinamento unha boa nova sempre alegra a xornada. Acabamos de facer unha transferencia a ASANOG "Asociación de Axuda a Nenos e Nenas Oncolóxicos de Galicia" por un importe de 3412,52€.

ASANOG 

Esta cantidade é referente ao total das doazóns recaudadas na carreira saudable "NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL” organizada polo noso centro.

 

Debido a que estes días teñen máis dificultades. Cando todo se normalice visitarán o noso centro para dar unha charla informativa e coñecer o noso centro".

 

TODO VAI SAÍR BEN



Eu son atleta contra o virus

 Diverticán na casa

  

 

Non te perdas a galería de imaxes de

 

trofeos e medallas

 

 Boas a todos os alumnos e alumnas do BARRIÉ:

 

Como sabedes estamos pasando por uns días complicados nas nosas vidas e comosabedes non se nos permite saír das nosas casas, a cousa é tan importante QUE NON PODEMOS NIN IR AO COLE! Algo que estou seguro que despois deste tempo na casa xa botamos en falta.

 

Seguramente moitos dos vosos profesores e profesoras xa vos mandaron tarefas para facer na casa de matemáticas, lingua, inglés, relixión, etc… Pero… que pasa con educación física?

 

Écerto que non podemos saír ao patio, coller a bicicleta, non podemos ir a actividades deportivas, nin volver ás clases de baile ou ao adestramento de balonmán como facíamos antes pero podemos facer moitas máis cousas divertidas das que credes.

 

#EuQuedoNaCasa

 

Non vos preocupedes porque moi pronto volveremos á nosa vida de antes e poderemos volver gozar co deporte e exercicio físico como antes faciamos cos demais nenos e nenas.

 

Dende o CEIP BARRIÉ DE LA MAZA de Santa Comba e incluído no Proxecto Deportivo de Centro, propoñémosvos a todos os nenos e nenas do Barrié, ou de calquera outro colexio, un reto de 10 días, ao que chamaremos: #EuSonAtletaContraOVirus

 

En que consiste? Como podo participar? Que premios hai? Cando empezamos?

 

En que consiste?


 

 

Consiste en que cada día e durante 10 días seguidos realizaremos un reto nas nosas casas. Podemos facelo sós, coa axuda doutro neno ou nena ou dalgunha persoa adulta.

 

   

Ademais dos retos diarios que debedes facer cada día propoñemos, a maiores, que cada quen poida inventar os seus propios xogos e exercicios motrices. Para realizar este exercicio publicamos este vídeo para que nos dea ideas dos exercicios que podemos facer a maiores. Podedes mandarnos imaxes dos exercicios.

 

 

Como podedes participar?


 

 

-   Tedes que cumprir os retos de forma diaria. Cada dous días colgaremos na páxina web do centro, e no blogue do Proxecto Deportivo de Centro, dous retos para os vindeiros dous días. Tedes que enviarnos ao seguinte correo electrónico fotos ou vídeos dos retos. Os vídeos e fotos que enviedes serán colgados na páxina web do centro e no blogue do proxecto. Os pais e nais ou titores legais deben xuntar tamén no correo un documento cos datos do neno ou nena, nome, apelidos, curso, colexio e lugar. Ademais de dar o consentimento expreso para poder publicar as imaxes dos menores (asinar a autorización e enviarnola ou copiar nun folio o texto, asinalo, sacarlle unha foto e enviárnolo).

 

Cando empezamos?


 

   

Os primeiros retos serán publicados o xoves 2 de abril.

 

Que premios hai?


 

 

Elaboraremos un premio para cada un dos participantes.

 

A dirección de correo electrónico onde se ten que enviar todo o material é cesarramos@edu.xunta.es

 

Para enviar vídeos utilizade a aplicación Wetransfer deixamos aquí un pequeno titorial. O correo da Xunta dá problemas con arquivos moi grandes

 

 

Moito ánimo a todos e todas!!

 

Aquí verás o restos diarios


 

Este é o primeiro reto para realizar mañá día xoves 2:

 

RETO 1-  Coller na cociña una cunca, enchela de auga e poñela enriba da mesa. Tes que transportar toda a auga da cunca ata o cuarto do baño sen a axuda de ningún obxecto nin recipiente, só coa auga que podemos tranportar na nosa boca. Deste xeito terás que facer varios percorridos ata o baño para soltar a auga na bañeira ou no inodoro. Cando baleires toda auga da cunca e seques axeitadamente todo o que poideras mollar verás superado o reto. 

 

 

 

MIRADE AQUÍ AS VOSAS PARTICIPACIÓNS NON RETO 1

 

 RETO 2-  Coller un pano de mesa pequeno de papel (servilleta) ou papel de cociña e facer unha bola de papel con ela (pequena, do tamaño dunha pelota de ping pong). Debe quedar unha bola de papel ben apretada. Coa axuda dunha cana de refresco (palliña) , sen tocar a pelota coas mans e soprando debes transportar a bolita 20 metros. O percorrido pode ser no corredor de casa, no pallal, no comedor ou onde ti queiras, facendo idas e voltas. Lembra que o percorrido ten que ser de 20 pasos longos. Se no tes unha  palliña faino sen ela, soprando directamente á bola.

 

 

 

RETO 3-   Transportar en cuadrupedia un libro durante 10 minutos. É dicir, debes poñerte a catro patas (pousando os xeonllos no chan), poñer un libro nas túas costas e desprazarte pola casa durante 10 minutos. Podes pedir axuda para colocar o libro nas costas. Se cae o libro, ou cada certo tempo tes que parar, e facer tres veces o seguinte: tocar o chan coas mans e dar no aire unha palmada. Podes facer os descansos que queiras pero lembra que tes que estar 10 minutosdesprazándote co libro  (sen contar o tempo que estás facendo os saltos). ÁNIMO!

 

 

#EuSonAtletaContraOVirus

 

Para mañá DOMINGO 5 de abril, non imos propoñer ningún reto e daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos tres que propuxemos esta semana ou que inventen os seus propios exercicios. Lembrade que na páxina web do Barrié colgamos un video exercicios para facer na casa e que vos poden dar ideas para crear os vosos propios exercicios. 

 

De todos os que mandedes, o que máis nos guste, propoñerémolo como reto para todos e todas.

 

Tamén vos animamos a que escribades nun papel o hastag #EuSonAtletaContraOVirus, vos saquedes unha foto con el e nola enviedes. Podedes escribilo, pintalo e decoralo como queirades. Moito ánimo! 

 

Aquí un vídeo dos retos que fixestes ata o de agora:

 

RETO 4.-"Colle unha almofada pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da almofada que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, froitas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos".

 

 

 

RETO 5: Coa axuda dunha vasoira transportar unha pelota a ras do chan durante 10 minutos polo espazo do que dispoñas na túa casa. Se podes pon algún obstáculo como unha cadeira ou un libro guindado no chan para facelo máis complicado. Podes utilizar calquera pelota que teñas ou unha feita con papel. Lembra que non se pode tocar a pelota cos pés.

 

 

RETO 6: Reproducir unha coreografía de baile diante da TV, do ordenador, da radio ou poñendo un CD. Para ilo tes que disfrazarte de calquera xeito, poñer unha perruca, un sombreiro, o disfrace do pasado entroido, pintar a cara, o que ti decidas pero algo diferente. Prepáraa e baila durante 15 minutos.

 

Para mañá XOVES 9 de abril, non imos propoñer ningún reto, así de novo daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos que propuxemos ata o de agora ou que inventen os seus propios exercicios. Lembrade que na páxina web do Barrié colgamos un vídeo de exercicios para facer na casa e que vos poden dar ideas para crear os vosos propios exercicios. 

 

Aquí tedes un resumo dos retos 4, 5 e 6 realizados por vós.

 

 

 

Reto 7: Camiña en liña recta 15 minutos desprazándose só de forma que o talón do pé se poña a continuación da punteira do outro. Se tes menos de 6 anos podes apoiarte nas paredes. Cada vez que te desequilibres,  teñas que dar a volta ou cada certo tempo, tes que tocar o chan coas dúas mans e dar un salto con palmada no aire (tres veces). 

 

Reto 8: Sube e baixa 10 veces un chanzo dunha escaleira, banco ou cadeira pequena. Cando remates fai no chan a “croqueta” (xira sobre ti mesmo/a guindado/a no chan). Repite estes movementos ata que completes 15 minutos de exercicio.

 

 

 

Reto 9: enviado por Xiana Rodríguez Pazos de 2ºB. Realiza 10 voltas nun percorrido motriz que ti mesmo/a creas con zapatos, rolos de papel, latas, roupa ou o que teñas por casa. Fai as idas desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) e as voltas facendo zigzag. Como testemuño para contar as voltas podes empregar tamén calquera material que teñas por casa.

 

Reto 10: Imos facer ioga. Deixámosche distintas ligazóns para facer ioga con animais pero se prefires podes buscar outros videos ou titoriais dos moitos que existen na rede. Para superar o reto debes practicar estes exercicios durante 15 minutos. Vamos!

 

Moitas grazas por participar na dinámica para facer exercicio dende a casa #EuSonAtletaContraOVirus.

Como sabedes onte completamos os 10 retos que propuxeramos dende un principio. Imos deixar a xornada de hoxe para que nos enviedes algún reto dos que quedaron descolgados de atrás. Ao longo desta xornada, publicaremos na web e enviarémosvos indicacións dunha última tarefa que deben facer os nenos e nenas para completar esta dinámica.

Informar que xa superamos a barreira dos 300 videos recibidos e dado o éxito acadado e que esta situación de confinamento vaise prolongar no tempo imos valorar continuar con #EuSonAtletaContraOVirus para darlles aos pequenos e pequenas un aliciente máis para realizar actividade de educación física dende a casa.

 

Dádelle unha forte aperta aos nenos e nenas da nosa parte. Téñeno ben mereciudo.

Medalla "Eu son atleta contra o virus"

 

Como actividade final para superar a dinámica #EuSonAtletaContraOVirus propoñémovos a seguinte actividade.

  • Segue as instrucións do seguinte vídeo e fai unha medalla #EuSonAtletaContraOVirus
  • Saca unha foto coa medalla facendo un sinal de victoria (recomendable sacala nun sitio con fondo en branco).
  • Envíanos a túa foto por correo electrónico a cesarramos@edu.xunta.gal.
  • Recibirás no teu correo o agasallo “Atleta contra o Virus”.

 

 

Estamos recibindo xa as fotografías coa medalla pero aínda hai moitos e moitas atletas que non enviaron a súa.

É importante que nos enviedes unha fotografía coa medalla (a poder ser cun fondo branco e que se vexa de cintura para arriba).

Estamos elaborando os regalos para os pequenos e pequenas e para que cada un deles o reciba necesitamos a fotografía. Imos deixar uns días para que nolas enviedes, mentres tanto podedes animar aos pequenos e pequenas a continuar inventando retos ou repetindo os anteriores.

 

 

Un saúdo para todos e todas!!

 

DEIXAMOS AQUÍ UN CUESTIONARIO PARA QUE AVALIEDES A ACTIVIDADE QUE SE REALIZOU. NON LEVA NIN DOUS MINUTOS CUBRILO E FACILITA MOITA INFORMACIÓN PARA PODER SEGUIR REALIZANDO ACTIVIDADES SEMELLANTES. GRAZAS!

 

https://forms.gle/cWhYvDQBa8rH584G9

 

 

Tal como informamos con anterioridade todos os nenos e nenas que enviaron a fotografía coa medalla recibirán o seu merecido premio. A partir de mañá comezarédelo a recibir. Aínda podedes enviarnos a foto os que o teñades pendente. Se hai algún erro, e non os recibides ou tamén algunha errata nos nomes, por favor comunicádemo.

Xa temos os resultados da enquisa que vos enviamos, podedes descargalo dende aquí:

 

RESULTADOS ENQUISA

 

Como todos e todas demandades máis que vos parece se continuamos cos retos?

 

Aquí vos deixamos un resumo dos últimos retos, lamentablemente neste caso non puidemos incluílos todos porque recibimos moitísimos. Esperamos que vos guste.

 

 

A partir de mañá comezaremos a colgar na web os novos retos. Imos cambiar a dirección de correo onde tedes que enviarnos os retos. A partir de xa a dirección será:

 

Eusonatletacontraovirus@gmail.com

 

Para a consecución dos novos retos vale só con que nos enviedes unha foto ou un fragmento dun vídeo de non máis dun minuto de duración.

 

Moito ánimo a todos e todas.

 

#IstoSuperámoloEntreTod@s

 

Reto 11: Ás apalpadas. Distribúe cinco rolos de papel hixiénico polo corredor da casa. Pide a axuda dunha persoa adulta e tapa os ollos cun pano.  Desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) tenta localizar os rolos e colocalos todos un enriba do outro sen mirar. Se tes dificultade podes pedir a alguén que che axude dando indicacións. Cando remates poderás sacar o pano e terás superado o reto.

 

 

RETO 12: Colle unha vasoira pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo marcha atrás, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da vasoira que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, botellas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos.

 

 

Reto 13: Lanzamento de zapato. Colle cinco zapatos vellos e séntate no chan. Deberás lanzar os zapatos e metelos nunha caixa ou balde que se atopa a unha distancia determinada segundo a túa idade. Cada vez que encestes un, deberás tocar o chan e saltar dando una palmada no aire cinco veces. Cando encestes os cinco verás superado o reto.

 

 

Reto 14: Salto de altura e baixo altura. Coloca un pau de vasoira sobre dúas botellas de auga mineral. Deberás saltalas e pasar por debaixo sen que caia o pau 10 veces. Se che parece moi fácil podes repetilo saltando cos pés xuntos e pasar por debaixo desprazándote boca arriba.

 

 

Reto 15: Convértete nun troll e practica ioga. Deberás practicar un mínimo  de 15 minutos. Podes buscar na internet "ioga trolls", premer na ligazón de abaixo para seguir o vídeo ou se o prefires pon calquera outro vídeo de ioga para nenos e nenas.

 

 

Reto 16: Colle 5 zapatos ou zapatillas vellas, Tumbado boca arriba colle os zapatos cos pés e trata de metelos nun balde un a un situado detrás da túa cabeza. Se non eres quen de facelo podes xirar o teu corpo para poder meter os zapatos. Repite a operación ata que encestes en total 10 veces.

 

 

A partir de hoxe os nenos e nenas xa poden sair facer exercicio fora da casa así que propoñemos un reto final. Se antes fixeramos unha medalla agora queremos que fagades un trofeo e nos mandedes unha foto con el. Deixámosvos un video para podee facelo con material de refugallo:

Eu son atleta contra o virus

 

#IstoSuperarémoloXunt@s

 

Proxecto Deportivo de Centro

 



A administración sacou axudas para familias beneficiarias de comedor durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

(clic na imaxe para acceder)

Axudar comedor COVID-19

 

A dirección do centro elaborou un resumo que recomendamos revisar para  saber como tramitalas.

(clic na imaxe para descargar o resumo pdf)

axudas comedor resumo



Aquí tedes actividades da materia de Sociais para o alumnado de 5ºB 

 

NOVAS ACTIVIDADES PARA 5º B DE SOCIAIS novo


   

Espero que todos esteades moi ben e con moito ánimo. Xa queda menos para que poidamos volver vernos.

Para estes días propóñovos as seguintes actividades de Ciencias Sociais. Aquí tedes unhas ligazóns con xogos e actividades de repaso dos temas que xa deramos no cole. Son moi sinxelas e seguro que sodes quen de facelas todas sen problema. Podedes utilizar o libro de texto ou calquera outro material de consulta. 

Iniciación e coñecemento da materia de fin de curso.

Despois mirade os vídeos explicativos que vos poño máis abaixo sobre a IDADE MEDIA e tratade de facer a web quest. Engade (como hai ligazóns que non funcionan buscade información na rede ou no libro de texto) .

Facede o mesmo coa IDADE MODERNA, mirade os vídeos explicativos e despois tratade de facer as actividades on line de abaixo (tendo en conta que varias das ligazóns non funcionan buscade información na web ou no libro de texto).

  Podedes facer os traballos na libreta ou directamente no ordenador cun procesador de textos. Tede en conta que deben ser en Lingua Galega.

LIGAZÓNS DE REPASO:

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/JClic/geespana/index.html

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/JClic/clima/index.html

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/JClic/atmosfer/index.html

-        http://www.aitanatp.com/nivel5bcas/index6.htm

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/JClic/viajesol/index.html

VIDEOS EXPLICATIVOS:

IDADE MEDIA

-        https://www.youtube.com/watch?v=bitgq2DvZZM

-        https://www.youtube.com/watch?v=ZK05C7t50dI

IDADE MODERNA

-        https://www.youtube.com/watch?v=C6YcDnY4vs4

-        https://www.youtube.com/watch?v=oaOGQsdE7c0

-        https://www.youtube.com/watch?v=QPv4RoXF6fI

ACTIVIDADES ON-LINE, IDADE MEDIA:

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/virgen_cabeza/tic/emedia/index.html

ACTIVIDADES ON-LINE, IDADE MODERNA:

-        http://www.ceiploreto.es/sugerencias/juntadeandalucia/Navegando_por_el_tiempo/descubrimientos/presentacion.htm

* Podedes contactar comigo se tedes calquera dúbida no meu correo cesarramos@edu.xunta.gal

 Revisaremos os traballos á volta.

Unha forte aperta e moito ánimo!!!

 

TRABALLO ENVIADO CON ANTERIORIDADE 


 


 

 

Webquest:


 

Déixovos unha Webquest para facer sobre o Día de Europa. Facede clic na imaxe para acceder a ela.

Webquest 

Fotografía:


Propóñovos unha actividade de fotografía. Os nenos e nenas que teñades posibilidade, podedes facer retratos aos familiares que convivan con vós, coa cámara de fotos ou coa axuda dun móbil.

Lembrade utilizar só iluminación natural.

As fotografías que fagades verémolas cando voltemos.

 



Aprendemos en casa

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) xunto con RTVE lanzan a iniciativa "Aprendemos en casa"

Comezarán as súas emisións segundo o horario que segue o luns 23 de marzo de 2020.

Horario aprendemos en casa

Se queres máis información non deixes de ler este documento facendo clic na súa imaxe

Nota de prensa MEFP e RTVE

 

Ademais a CRTVG emitirá tamén contidos para apoiar aos estudantes galegos. Clic na imaxe para acceder á nova.

CRTVG contidos educación



Día Mundial do Síndrome de Down

A síndrome de Down sempre formou parte da condición humana, existe en todas as rexións do mundo e habitualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

 

 

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención temperá e ao ensino inclusivo, así como a investigación adecuada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

 

Nesta data son varias as entidades que propoñen distintas iniciativas.

DownEspaña aposta pola campama #LosVerdaderosInfluencers. Así, durante 24 horas, persoas con Síndorme de Down se porán no lugar dos maiores influencers do noso país. 

 

Por outro lado, dende a páxina oficial do world down syndrome day aléntannos a usar calcetíns de cores e subir fotos cos seus hashtags #LotsOfSocks , #WorldDownSyndromeDay e #WDSD20.

Día Mundial do Síndrome de Down

 

 Non deixedes de escoitar este conto sobre a Síndrome de Down



 Novo material de Educación Musical  novo


 

Material para 1º e 2º de EP

 Descarga aquí

Material para 3º e 4º de EP

Descarga aquí

Material para 5º e 6º de EP

Descarga aquí

  

 

 

TRABALLO MANDADO CON ANTERIORIDADE


Material para 1º e 2º de EP

 Descarga aquí

Material para 3º e 4º de EP

Descarga aquí

Material para 5º e 6º de EP

Descarga aquí

 

 Fai clic na imaxe para descargar o documento pdf

Educación Musical



Día Mundial do Autismo

LIUB

 

O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.



O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

Ademais, queremos lembrar a non estigmatización das persoas  con Autismo. É a sociedade quen ten que ser repectuosa e non dubidar do bo facer das familias que saen coas súas fillas e fillos á rúa porque así o precisan. Non debería ser necesaria ningunha marca.

non

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



  Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 



Os vídeos de Eugenia Romero poden ser vistos en familia e participar de forma lúdica: deixamos algúns exemplos para que poidades organizar as vosas rutinas diarias. 

1.º  Vídeos: 


 As profesións


Estimulación da linguaxe e as súas compoñentes:




         


         

Para Xogar e cantar


 


Canal de Gallinita pintadita
Neste canal o alumnado pode cantar e as persoas lectoras seguir a letra das cancions estilo Karaoke.

Contacontos
Logo de escoitar a historias podedes realizar preguntas sobre ela, por exemplo, quen aparece no conto? Por que crees que pasou …? e así sucesivamente

Contos con pictogramas
De gran utilidade para amenizar horas mortas do alumnado con TEA

Xogo veo- veo

Podedes seleccionar os vídeos do voso agrado e traballalos. 

2.º Material para imprimir


 


Facilitamos distintas web na que podedes atopar diversos materiais para imprimir

ARASAAC

Unidades didácticas adaptadas

Pasapalabras

Orientación Andújar

9 letras

Material de Jesús Jarque

La eduteca

El sonido de la hierba al crecer

Ciencias Sociales

Asignaturas varias adaptadas

Autismo Navarra materiales adaptados diversas asignaturas

Juego Stop

Juego de la Oca

Sopa de letras

Sopa de letras II

Cuadernillo de Lengua

Fichas diversas asignaturas

Más fichas

Material para imprimir Miri-Blog


3.º Aplicacions e webs de xogos educativos




Vedoque

Jueduland

Mundo Primaria

Material de diversas asignaturas

Aula PT

Pictosonidos

Matemáticas

Otras asignaturas

Aplicaciones educativas con su explicación 

Juegos Genially

 

Material recopilado da entrada do blog de "Nubecitas de Sabiduría"



4ºA


 

Lembrade que podedes contactar comigo a través de Padlet

https://padlet.com/fernandopinreca/bwo0ym2sm45r

 Padlet 4ºA

Ademais, facilito o meu correo electrónico por se non recordades a palabra de acceso ou tedes calquera outra dúbida.

rpintos@edu.xunta.es 

Clic na imaxe para descargar o documento pdf

traballo 4ºA

  

4ºB


 

Acceso ao blog do 2º ciclo:

blog 2º ciclo

  • Traballo sobre as plantas.
  • Contas e problemas para facer no caderno de matemáticas.
  • Fichas de cálculo.
  • Libro de Matemáticas: todos os exercicios das páxinas 108 e 109.
  • Repasar as táboas de multiplicar.
  • Ler todos os días polo menos 20 minutos (hora de ler).
  • Repaso libro de galego.


 SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 15 DE  XUÑO  


  

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 Solución 3ºB semana 15 de xuño

  Traballo VOLUNTARIO para o verán  


(NON ten que ser entregado en setembro)
 

 

 

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 15 DE XUÑO   


 

Páxinas 49 e 60 do caderno de LENGUA (se teñen moito problema para facelas que as deixen porque son difíciles)  + Traballo semanal 15  de xuño.
 
Traballo voluntario:

INFORMACIÓN CONEXIÓN VIDEOCONFERENCIA 3ºB (MARTES 16 DE XUÑO ÁS 18:00 H.)


 

 

Moi boas familias ofrecemos aquí unha maneira de poder comunicarnos con vós e posibilitar que o alumnado se vexa a través da plataforma Webex que a Administración Educativa nos facilitou.

 
Aquí vos deixamos o enlace da sala da profe Rebe.
 
·      Rebeca María Santos Queiruga: https://eduxunta.webex.com/meet/rebesq

 

 

Tamén se pode acceder dende a app dándolle unirse á reunión e usando o código da sala da profe Rebe: 843 322 398 
 
Vídeo explicativo de como acceder: 
 

 



Que debedes facer?

Debedes distinguir en se vos ides conectar dende móbil, táblet ou dende un PC. RECOMENDAMOS O USO DENDE PC PARA PODER VERVOS MELLOR.
 

  1. Se vos ides conectar dende teléfono móbil ou táblet debedes instalar primeiro a aplicación dispoñible tanto para Android como para IOS, aquí tedes os enlaces tamén.

 
·      Androidhttps://play.google.com/store/apps/details?id=com.cisco.webex.meetings&hl=es
 
·      IOShttps://apps.apple.com/es/app/cisco-webex-meetings/id298844386
 
Cando instaledes a app debedes dar a permitir e a aceptar ás condicións e peticións que vos diga para  que despois non fallen micro nin cámara. Ao rematar a instalación ide a aula virtual e facede clic no enlace da sala da profe na que queirades entrar respectando a hora que vos dixeran para facelo, polo contrario non haberá ninguén na sala e non vos veredes.
 
Cando fagades clic o móbil/táblet preguntaravos con que aplicacións queredes abrir dicídelle Webex “sempre”. Unha vez feito isto pode ser que se vos pida un nome (para identificarvos na sala) e un correo electrónico.
 

  1. Se entrades dende un PC NON PRECISADES INSTALAR NADA aínda que volo pida. Abrirase unha pestana no voso navegador e se esperades un pouco na parte baixa aparecerá en azul o texto “únase desde el navegador”. Se facedes clic aí entraredes noutra zona na que tamén se vos pedirá un nome e un correo para identificarvos dentro da sala. Feito isto facemos clic en siguiente e finalmente nun botón verde que porá “Unirse a la reunión”.

 

Normas xerais básicas en videoconferencias:

 
·      É un bo costume poñer o nome do alumno ou alumna para que sexa fácil de recoñecer pola persoa que organice a reunión.
 
·      Procurade ter os micros apagados (aparece en cor vermella cando está bloqueado e en negro cando está activado) para que a persoa que dirixe poida falar e darvos paso de maneira organizada. Se os temos todas e todos abertos será moito máis difícil a comunicación.
 
·      Cando a profesora nos dea paso podemos abrir o micro e cando rematemos debemos lembrar apagalo.
 
·      Nos últimos minutos podemos xogar a telos todos abertos que de seguro tamén será divertido.

 

  SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 8 DE  XUÑO 


Solucións 3ºB semana 8 xuño

 

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 8 DE XUÑO    


 

 

 SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 1 DE  XUÑO 


  

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 SOLUCIÓNS 3º semana 1 de xuño

 

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 1 DE XUÑO   


 

Páxinas 55, 68 e 69 do caderno de actividades de Lengua + traballo semanal 1 de xuño.

 

 
Traballo voluntario:

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 25 DE MAIO   


 

 

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 

 

solucións 3ºB semana 25 de xuño

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 25 DE MAIO  novo


 

Páxinas do cuaderno de actividades de lengua: 59, 63 e 64 + traballo semana 25 de maio.
 
Traballo voluntario:

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 18 DE MAIO  


 

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 

Solucóns 3º8 maio

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 18 DE MAIO  


 

Semana do 18 de maio + páxinas 50,51 e 54 do caderno de actividades de Lengua. Tamén deberán facer unha copia do texto da páxina 54: "Doña Disparate".
 
Traballo voluntario para esta semana:

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 11 DE MAIO  


 

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 

Solucións 3ºB semana 11 de maio

 

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 11 DE MAIO  


 

Traballo semana 11 de maio + páxinas 46, 47, 48 do cuadernillo de LENGUA e, copia na libreta da páxina 48 "La otra historia de la Caperucita Roja".

 
Traballo voluntario:

 

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 4 DE MAIO  


 

  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 

SOLUCIONS 4 DE MAIO

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 4 DE MAIO  


(Clic na imaxe para descargar o pdf)

Traballo para a semana do 4 de maio:

 

- Cuadernillo de actividades de LENGUA. Páxinas: 42, 43,44 e 45.

- Material imprimible como cada semana. Pincha no seguinte enlace: descarga de material  

 

Actividades voluntarias:

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 27 DE ABRIL 


  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

 Traballo 3ºB semana 27 de abril

TRABALLO 3ºB SEMANA DO 27 DE ABRIL 


(Clic na imaxe para descargar o pdf)

Traballo 3ºB semana 27 de abril

 

Traballo voluntario:

 

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 20 DE ABRIL  


(Clic na imaxe para descargar o pdf)

Solucións 3ºB semana do 20 de abril 

 

TRABALLO PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL (SÓ PARA 3ºB) 


 

(Clic na imaxe para descargar o PDF)

Traballo 3ºB semana do 20 de abril

Traballo Voluntario:

 

  • XOGO TABÚ (en castelán) PARA DESCARGAR COA FINALIDADE DE XOGAR EN FAMILIA E MELLORAR A EXPRESIÓN ORAL. ( NORMAS + TARXETAS).
  • RECORRIDO VIRTUAL POLO MUSEO DEL PRADO (adaptado para nenos/as). PARA LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE É NECESARIO TER INTERNET. (Para acceder ao enlace debes entrar no seguinte documento).

INFORMACIÓN PARA ALUMNOS/AS DE 3ºA 


 

Para poder visualizar as tarefas a facer polo alumnado de 3ºA debedes facer clic no seguinte enlace https://padlet.com/sandrateixido/76lcubt4eo972xrw 

Se tedes problemas para acceder poñédevos en contacto coa titora a través do espazo abalar ou no seguinte correo electrónico sandrateixido@edu.xunta.es  

 

SOLUCIÓNS 3ºB SEMANA DO 14 DE ABRIL  


  (Clic na imaxe para descargar o pdf)

Solucións 3ºB semana 14 de abril

TRABALLO PARA A SEMANA DO 14 DE ABRIL (SÓ PARA 3ºB)  


  

Aquí facilitamos traballo do alumnado de 3ºB para a semana do 14 de abril. O libro de sopa de letras e as fichas de divisóns, son traballo voluntario, para aqueles nenos/as que rematen as tarefas semanais.

Traballo Voluntario

 

 

Solucións 3º actividades do 30 a 3 de abril


 

(clic na imaxe para descargar o pdf)

solucións 3º semana 30 de marzo ao 3 de abril

 

(clic na imaxe para descargar o pdf) 

Solucion comprensión lectora

 

 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL  (COMÚN PARA 3ºA E 3ºB)


As tarefas a realizar esta semana son unha comprensión lectora e uns exercicios de matemáticas (contidos todos traballados na aula).

Se tedes algún problema na visualización das tarefas poñédevos en contacto coas titoras a través do espazo abalar.

O venres subiremos as solucións das tarefas desta semana.

Do 6 ao 13 de abril non subiremos material para traballar xa que son as vacacións de Semana Santa.

COMPRENSIÓN LECTORA


 

(Clic na imaxe para descargar)

Traballo 3º semana 30 de marzo 

EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS


 

(Clic na imaxe para acceder á presentación en Genially) 

Matemáticas 3ºEP

 Se non ves correctamente o Genially podes descargar o documento pdf facendo clic aquí

 

Material complementario


Aqueles nenos/as que rematen as tarefas desta semana e queiran seguir avanzando, deixámosvos un enlace con material para traballar as áreas de lengua e matemáticas. Podedes descargalo AQUÍ

 

So para alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo español da aula de 3ºB 


Debe continuar traballando ademais co material da semana do 23 se non o rematou e posteriormente continuar co seguinte:

 

 

Traballo de semanas anteriores


 


 


 

3ºA



 

Do material facilitado o xoves 12 de marzo

Matemáticas

  • 2 fichas das tablas de multiplicar.
  • Practicar as operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división).

Lingua Galega e Lingua Castelá:

  • As páxinas 31, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 43 e 48 do libro de exercicos de Lingua Castelá.
  • Ficha de repaso de Lingua Castelá.
  • Ficha "Máquina de caramelos"
  • Lectura libre.

 

3ºB 



 

Aquí tedes o meu correo por se precisades calquera cousa, non dubidedes en utilizalo: rebesq@edu.xunta.es

 

SOLUCIONARIO DO MATERIAL DE 3ºB DA SEMANA DO 23 DE MARZO.


 

   (clic na imaxe para descargar o pdf)

3ºB SOLUCIÓNS SEMANA DO 23 DE MARZO

 TRABALLO PARA A SEMANA DO 23 DE MARZO


 

Como sei que non todos teredes impresora a única opción que se me ocorre, se podedes, é copiar os deberes da pantalla.

 

(clic na imaxe para descargar o traballo) 

Traballo 3ºB semana 23 de marzo

Aquí deixo tamén material adicional, descargado da web, para as persoas que rematen o traballo semanal:

 

Traballo para alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo español

  


 

  • Facer as duas fichas de Matemáticas e Lingua Castelá que levaron o xoves 12 de marzo no sobre viaxeiro.
  • Facer ditados, ler en voz alta, estudar o reloxo analóxico.
  • Facer operacions básicas de división, multiplicación, resta e suma.
  • Repasar o nome dos ósos e os músculos.


TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 2º DE EP  (Semana do 7 ao 15 de maio)novo


 

Traballo do 11 ao 15 de maio 

 

 

TRABALLO ANTERIOR


 

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 2º DE EP  (Semana do 4 ao 8 de maio) 



Traballo de 4-8 de maio 

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 2º DE EP  (Semana do 27 ao 30 de abril) 


 

Traballo 2ºEP semana do 27 o 30 de abril

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 2º DE EP (Semana do 20 ao 24 de abril)


(Clic na imaxe para descargar o pdf)Traballo 2º de EP do 20 ao 24 de abril

  

Enlace á paxina web do programa educativo Aprendemos na casa que aparece no documento.

 

Solucións ao traballo enviado (Do 30 de marzo ao 3 de abril)


LENGUA 2ºTRIMESTRE

http://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000003850/archivos/5d7cd8806e115.pdf

MATEMÁTICAS 2ºTRIMESTRE

 https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000003274/archivos/5bc48eb8ad58e.pdf

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 2º DE EP. (Do 30 de marzo ao 3 de abril)


 


 

(clic na imaxe para descargar)

Traballo para 2º de EP 

  

2ºA


  • Lecturas comprensivas 7: unha lectura diaria cos seus correspondentes exercicios ata rematar na lectura 19.
  • Matemáticas: fichas de restas e sumas.
  • Recoméndase lectura diaria dun libro que eles escollan e lles guste. 

 

2ºB


 

  • Cada día unha lectura do libro lecturas comprensivas.
  • Ficha de matemáticas.
  • Libro de lectura: "La mamá que ganó muchos premios"

 

 

 



TRABALLO PARA ALUMNADO DE 1º DE EP (semana do 11 de maio) novo


 
Traballo 1º EP semana do 11 de maio

 

Aquí tedes o vídeo do que se fala no documento.

 

TRABALLO PARA ALUMNADO DE 1º DE EP (semana do 4 ao 8 de maio)  


 

 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf) 

Traballo 1ºEP semana do 4-8 de maio

 

 

   

TRABALLO MANDADO CON ANTERIORIDADE


 


 TRABALLO PARA ALUMNADO DE 1º DE EP (semana do 27 ao 30 de abril)  



 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf) 

Traballo 1ºEP semana do 27 de abril

 

Podedes descargar copias das páxinas do libros facendo clic na imaxe que segue:

 Copias libro Matemáticas

TRABALLO PARA ALUMNADO DE 1º DE EP (ata 26 de abril) 


 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf)

  

Traballo 1ºEP ata 26 de abril 

 

TRABALLO PARA ALUMNADO DE 1º DE EP (30 de marzo ao 3 de abril)


 

(clic na imaxe para descargar o documento pdf)

 Traballo 1ºEP

 

Enlace a Pandemia dos contos que aparece no documento.

 

Tarefas para realizar esta quincena de suspensión de clases:


  

  • O alumnado lerá 20 minutos como mínimo cada día de libros axeitados a súa idade.
  • Copiarán 4 liñas nunha libreta de dobre pauta para practicar a caligrafía.
  • Realizarán sumas  e restas sin levadas e practicarán os números ata o 70: a súa escritura, anterior e posterior, unidades e decenas e problemas. 


Traballo de Matemáticas para 5º de EP (semana do 11 de maio) novo


 

 

Traballo de Matemáticas para 5º de EP (semana do 27 de abril)  


  

  

Solucions Matemáticas  


 

 

 Traballo de Matemáticas para 5º de EP (semana do 20 de abril) 


 

(Clic na imaxe para descargar o documento pdf)

Matemáticas 5ºEP semana do 20 de abril

 

  

Solucións das actividades enviadas 


 

 

 

TRABALLO ENVIADO CON ANTERIORIDADE 


Matemáticas

Lingua Galega: 

  • Descrición da foto
  • Ficha descrición
  • Páxina 170 ler e exercicios 2, 4, Ditado 17
  • Páxina 174 exercicios 6 e 7.
  • Páxina 175 exercicios 2, 3, 5 e 7.
  • Páxina 181 oracións sufixos.

Lingua Castelá:

  • Página 152, leer y hacer ejercicios 2, 3, 5, 6, Dictado.
  • Página 154 leer y hacer ejercicios 2, 3.
  • Página 155 leer y hacer ejercicio 5.
  • Página 156  hacer ejercicios  1, 3, 4 (ir a página 149) 5, 7, 9.
  • Página 158, 159, 160, 161, 162 leer.
    • Página ejercicios 163 4, 5, 6.
    • Página 167 leer y hacer ejercicios 2, 3.
    • Página 168, 169 leer cuadros y hacer ejercicios 3, 4, 6.
    • Página 170 leer y hacer ejercicios 9, 10 y 11.
    • Página 172 leer y hacer ejercicios 2, 6, Dictado
    • Página 174 leer y hacer ejercicios 3 y 4

NOTA: podedes acceder a páxina do CEIP Loreto para repasar Sociais, Naturais e as Linguas. Ide aos temas nos que estamos.



Pospoñemos os exame ata a volta ao Colexio.

 

27-03-2020: Xa tedes nos vosos correos novo traballo para as vindeiras semanas.

 

O alumnado de 6º de EP  mirade os vosos correos onde atoparedes traballo novo e seguimento.

 

Traballo anterior


 

 Sociais: ler tema 6 e ver a película de "Oliver Twist"

 

Galego: aprendín páxinas 122 e 140  (excepto o 2).

 

Castelán: repaso trimestral páxinas 138 e 139.

 

Matemáticas: exercicios 116 que queden por facer e da páxina 130 (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7) e 131 (12)



PARA CALQUERA DÚBIDA CORREO DA TEACHER:  carmen@geyne.com


 

Traballo Lingua Inglesa 4º EP (semana do 11  de maio)   novo


 

 

ENGLISH   LANGUAGE-    Semana do 11 Maio 2020

 

   4th Grade

 

Hi everyone, are you fine?

 

Remítovos os seguintes links sobre o topic de“ FOOD and DRINKS” para repasar e reforzar as destrezas comunicativas de  Listening  and Speaking. Aconséllovos que repitades o que escoitedes nos videos , xa que son moi instructivos, aparte de divertidos.

·       https://youtu.be/P2hqXTAQheY ( Vídeo enviado desde Denver por Diego, o noso auxiliar de conversa)

·       https://www.youtube.com/watch?v=rkoKjUayyS8

·       https://www.youtube.com/watch?v=bzoUMfYBl3Y

 

Para práctica de writing, creades 8sentences afirmativas sobre alimentos    que vos gusten.( “ I like…”) e 8 sentences  sobre alimentos que non vos gusten( “ I don´t like…” ).Seguidamente leédelas-Reading

 

(Gardáde esta tarefa de composición escrita  na carpeta de L.Ingles),

 

Hugs and kisses!

Carmen Espasandín Vilariño

 

Traballo Lingua Inglesa 5º EP (semana do 11  de maio)   novo


 

 

ENGLISH   LANGUAGE-    Semana do 11 Maio 2020

 

 5th Grade

 

Hello, are you  ok ? I hope so.

Remítovos os seguintes links sobre o topic de“ FOOD and DRINKS” para repasar e reforzar as destrezas comunicativas de  Listening  and Speaking. Aconséllovos que repitades o que escoitedes nos videos , xa que son moi instructivos, aparte de divertidos.

·      https://youtu.be/P2hqXTAQheY ( Vídeo enviado desde Denver por Diego, o noso auxiliar de conversa)

·      https://www.youtube.com/watch?v=rkoKjUayyS8

·      https://www.youtube.com/watch?v=NM_571wz0Po ( específico para 5º)

 

 

Coa finalidade de traballar a  Comunicación escrita, facedes lectura-( Reading) da explicación do último video sobre MENUS .Logo despois, redactades(- Writing ) your favourite Menu,seguindo os pasos ou  partes: Starters/ Main course or main dish/ dessert/ drinks, como explicamos na videoconferencia.Esta tarefa escrita arquivádela na carpeta de L.Inglesa .

Cheer up!

Carmen Espasandín Vilariño

 

 Traballo Lingua Inglesa 6º EP (semana do 11  de maio)   novo


 

 6th Grade

 

                         ENGLISH  LANGUAGE – Semana do 11 de Maio de 2020

 

           Hello, are you  fine ? I wish so

Remítovos os seguintes links sobre o topic de“ FOOD and DRINKS” para repasar e reforzar as destrezas comunicativas de  Listening  and Speaking. Aconséllovos que repitades o que escoitedes nos videos , xa que son  amenos e moi didácticos.

·      https://youtu.be/P2hqXTAQheY ( Vídeo enviado desde Denver por Diego, o noso auxiliar de conversa)

·      https://www.youtube.com/watch?v=rkoKjUayyS8

·      https://www.youtube.com/watch?v=y3_eOa5omRE ( específico para 6º) 

Para facer reforzo e repaso de lectura e escritura, Reading and Writing,leede o texto do último video. Seguindo os pasos, escribides unha RECIPE, receita que vos guste.Como comentamos na videoconferencia, gardádela  de momento, na vosa carpeta para logo vermos.  

 

Kisses for all

Carmen Espasandín Vilariño


Traballo Lingua Inglesa 4º EP (semana do 4  de maio)   


 

 

        4th Grade               

        Hello, are you ok?

-       Esta semana podedes ver  un video sobre Covid-19 e outro sobre Greek Gods( Deuses gregos)  feitos e enviados  por Diego, o noso auxiliar de conversa.

o   https://www.youtube.com/watch?v=U5n84_0ULbE

o   https://www.youtube.com/watch?v=pJBArU4SXa0

 

-       Envíovos  tamén o link de  un video sobre a  FAMILY  que tedes que escoitar (listen ) e Repetir (Repeat) .

o   https://www.youtube.com/watch?v=FHaObkHEkHQ&feature=youtu.be

 

-       Logo, na vosa libreta ou nun folio, presentades de forma escrita  a vosa Family (usade  o vocabulario que coñecedes  sobre a Family) . Tamén podedes servirvos de unha foto e pegala se a tedes).Gardádela como tarefa desta semana.

A primeiros do mes de Xuño concretaremos un día para entregarme esta actividade escrita xunto con algún outra que vaiamos facendo nestas  vindeiras semanas.  Axudan a subir nota  na última avaliación.

 

   Example:                           THe  FAMILY   PHOTO

       

       This is my Family..  I´m ……/This is my mum.Her name is …./This is my         brother.He is …/.etc.She is Mary,my sister,-….( cousins, uncle, aunt, grandparents,…. )

 

                       My best wishes!

 

 

                        Carmen

 

Traballo Lingua Inglesa 5º EP (semana do 4  de maio) 


 

 

Good afternoon,  I wish you to be in good health.

-       Esta semana presentámosvos dous videos que enviou o noso auxiliar  de conversa, Diego. Un versa sobre  Covid-19 e o outro sobre Greek gods ( deuses gregos).

Estes son os enlaces.

o        https://www.youtube.com/watch?v=U5n84_0ULbE

o   https://www.youtube.com/watch?v=pJBArU4SXa0

 

-       Ademais, ofrézovos dous videos  para repasar “ . Countries and Nationalities”  que debedes escoitar (LISTEN) and repetir(REPEAT).

o   https://www.youtube.com/watch?v=ZwSmUux1ZSg&feature=youtu.be

o   https://www.youtube.com/watch?v=zOti8U_-BNM&feature=youtu.be

 

-       Con idea de subir nota, ides a escribir (W RITE) na vosa libreta ou nun folio o nome dos Paises de Europa, a súa  nacionalidade  e a súa capital. Gárdadelo como traballo desta semana. A primeiros de Xuño concretaremos un día para darmos.

-       Seguimos usando Snappets. Recoméndovos que non vos saltedes topics.Hai nenos/as  que avanzan moito, pero deixan temas polo medio sen facer. Pay  attention!! Read slowly before answering the quetions!( leede con calma antes de clicar)

Hugs and kisses!

 

 

Carmen

 

 

Traballo Lingua Inglesa 6º EP (semana do 4  de maio) novo


 

 

Hello again, Are you fine?

 

-       Esta semana Diego,o noso auxiliar de conversa, enviounos material audiovisual sobre Covid-19 e sobre Greek gods ( deuses gregos). Moi interesante .

o   https://www.youtube.com/watch?v=U5n84_0ULbE

o   https://www.youtube.com/watch?v=pJBArU4SXa0

 

-       Tedes tamén  un video sobre formación de comparativo de superioridad  e superlativo para escoitar ( LISTEN) , e repetir ( REPEAT) .

o   https://www.youtube.com/watch?v=d4bojlDqhCs&feature=youtu.be

 

-       Dado que a semana pasada tíñades como tarefa repaso do pasado simple de verbs irregulares ( a fotocopia que vos dei) e regulares, ides a facer unha composición escrita( WRITING)  :  sentences/ frases  usando o pasado simple como tempo verbal ao mesmo tpo que podedes usar o grado  comparativo de superioridad e o  grado superlativo.   Imaxinade accións que faciades no noso Colexio con frecuencia.(always, usually, sometimes, often, never), tamén podeses usar conectores: and, or, but, .

 

    Example: Sam usually  ran faster than  Tom, but Tom often  did more physical activiy than her.

 

-       A composición escrita feita na libreta ou nun folio, gardádea na vosa carpeta.Xunto con outras tarefas de semanas próximas , darédesmas a primeiros de Xuño. Serven para subir nota na terceira avaliación.

 

-       Ademáis, seguimos traballando nas Snappets. Non saltedes os temas, tedes que ir ao voso ritmo, pero seguindo un orden.

My best wishes!

Carmen

 

 

Traballo Lingua Inglesa 4º EP (semana do 27  de abril) 


 

 Hello, how are you?

 -Adxunto vídeo desde Colorado(EEUU) feito  enviado por Diego, o noso auxiliar de conversa.

- Unit 6, Pupils Book :  (pages 58,59,60,61); Activity Book (pages 58,59,60,61)

- Recordovos que na nosa web ,tedes, con motivo da semana do libro, o conto ”Funny Animals” que vos convido a ler.

 

My best wishes!!

 Carmen

 

Traballo Lingua Inglesa 5º EP (semana do 27 de abril) 


 

GOOD MORNING,  how are you?

- Adxunto vídeo about hobbies feito e enviado por Diego, o noso auxiliar de conversa.

- Snappet:  Unit 2: están activados os topics 6,,7,8,9,10 para iredes facendo nas próximas semanas.

- Repaso, unit 1 : Pupil´s Book ( pages8,9,10,11); Activity Book (pages4,5,6,7)

- Repaso material libreta, dia a dia ata fin de curso.

- Tedes na nosa web , en recursos o conto “Comic of Treasure Island” que vos convido a ler.

 

  My best wishes!

  Carmen

 

 Traballo Lingua Inglesa 6º EP (semana do 27 de abril)  


 

Good morning,, how are you?

- Adxunto vídeo sobre  hobbies  feito e enviado por Diego, desde Colorado.

- Snappet: unit2,  ( abertos os topics,6,7,8,9,10), para iredes facendo nas próximas semans.

- Repaso fotocopia sobre pasado simple de  verbos irregulares.

- Tedes na web barrie en recursos e con motivo da Semana do Libro o conto “Comic of Treasure Island” que vos convido a ler.

 

My best wishes!

 

Carmen

 

Traballo Lingua Inglesa 4º EP (semana do 20 de abril) 


 

 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf)

 

Traballo Lingua Inglesa 4ºEP semana do 20 de abril

 

 

    Traballo Lingua Inglesa 5º EP (semana do 20 de abril) 


 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf)

Traballo Lingua Inglesa 5º EP semana 20 de abril

 

    Traballo Lingua Inglesa 6º EP (semana do 20 de abril) 


 (Clic na imaxe para descargar o documento pdf)

Traballo Lingua Inglesa 6ºEP semana do 20 de abril

 


 

 

Happy Easter Holidays

 

Recomendamos de xeito volutario para 4th , 5th e 6th grade students,  videos en YouTube sobre "Easter Bunny".

 

  

Deixamos tamén uns pasatemos para:

 

Lembrade que tedes todo o material nos vosos cadernos. 


 

A modo de repaso do que levamos traballado na materia de L. Inglesa, recomendo revisar, por niveles, o seguinte :

 

PARA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Por si algún de vós non ten ao seu alcance o material, podedes ter neste enlace tanto o Activity como o Pupils’book:

 

https://www.cambridge.es/catalogo/primaria/cursos/quick-minds/acceso-digital

 

 

(Dentro de este enlace tedes que buscar o nivel de 4º, aí encontraredes todos os vosos servizos).

 

Ademais, déixovos este outro link no cal podedes practicar o inglés de xeito lúdico:

 

https://cambridgeencasa.cambridge.es/recursos/primaria

 

Coidádevos moito.

 

Un saúdo.

 

  • Cardinal numbers 1-100
  • Ordinal numbers
  • Days of the week, months…
  • Verbs to be & to have
  • Simple Present
  • Continuous Present
  • Possession
  • There is, there are…
  • Time
  • Vocabulary: adjectives, routines, body parts, food and drinks.

Libros de lectura voluntaria en lingua inglesa:

  • Ed. Macmillan: " Things Thatcher fly" para 4th. 

 

 

 

If it’s possible we recommend these films

 

  • Hotel Transylvania
  • Chicken run
  • Snow Buddies
  • The Sandlot
  • Rio I
  • Rio II

 

Listen songs:

  • Stamp on the ground
  • Beautiful
  • Shape of you, and so on…

 

Para 5º de EP


Xa tedes colgado en Snappet novos topics da unidade 1 da materia de Lingua Inglesa. Iremos subindo máis unidades segundo vexamos o voso avance.

 

  • Cardinal numbers 1-100
  • Ordinal numbers
  • Days of the week, months…
  • Verbs to be & to have
  • Simple Present
  • Continuous Present
  • Possession
  • There is, there are…
  • Time
  • Vocabulary: adjectives, routines, body parts, food and drinks, jobs, shops and buildings
  • Adjectives
  • Frequency adverbs
  • Time adverbs
  • Comparative form
  • Superlative form
  • Describe yourself
  • Free time activities

 

If it’s possible we recommend these films

 

  • Hotel Transylvania
  • Chicken run
  • Snow Buddies
  • The Sandlot
  • Rio I
  • Rio II

 

Listen songs with lyrics:

  • Stamp on the ground
  • Beautiful
  • Shape of you, and so on…

Libros de lectura voluntaria en lingua inglesa:

  • Ed. Macmillan "London" , " A day in the city" para 5th.

 

 

 

Para 6º de EP


 

Xa tedes colgado en Snappet novos topics da unidade 1 da materia de Lingua Inglesa. Iremos subindo máis unidades segundo vexamos o voso avance.

  • Cardinal numbers 1-100
  • Ordinal numbers
  • Days of the week, months…
  • Verbs to be & to have
  • Simple Present
  • Continuous Present
  • Simple Past (regular and irregular verbs – ver fotocopias)
  • Simple future vs Immediately future
  • Possession
  • There is, there are…
  • Time
  • Vocabulary: adjectives, routines, body parts, food and drinks, jobs, shops and buildings.
  • Adjectives
  • Frequency adverbs
  • Time adverbs
  • Comparative form
  • Superlative form
  • Describe yourself
  • Free time activities

 

 

If it’s possible we recommend these films

 

  • Hotel Transylvania
  • Chicken run
  • Snow Buddies
  • The Sandlot
  • Rio I
  • Rio II

 

Listen songs with lyrics:

  • Stamp on the ground
  • Beautiful
  • Shape of you, and so on…

 

Libros de lectura voluntaria en lingua inglesa:

  • Ed. Macmillan " Caves", " The lucky accident" para 6th grade

 

 

REVIEW YOUR NOTEBOOK



Comeza o club de lectura grupo 2

O alumnado do grupo 2 do club de lectura celebrou hoxe, 12 de marzo de 2020, a súa primeira reunión. Algunhas das persoas xa comezaron a ler o libro. 

Fixemos un repaso sobre quen é a autora así como tamén a ilustradora da obra asignada "Siete reporteros y un periódico"

Club de lectura G2

Ademais, identificamos a todas as personaxes da obra con láminas que elaboramos o profesorado encargado.

Posteriormente o alumnado intentou adiviñar que acontecementos lles agardan nas páxinas do libro asignado.

Para rematar sorteamos un chaveiro do club de lectura entre as persoas do grupo. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Comeza o club de lectura grupo 2



INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

13 de marzo 2020


 


Novas Covid-19

 

 

12 de marzo 2020


 


INFORMACIÓN CORONAVIRUS

CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER Á WEB DA XUNTA. AÍ SE PODE VER O VÍDEO ONDE SE INDICAN AS MEDIDAS QUE SE TOMARAN EN RELACIÓN AO COVID-19 ENTRE OUTRAS, AS QUE INFLÚEN TAMÉN NO PECHE DOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE 14 DÍAS.  

 

“…no ámbito da educación tomamos a decisión de suspender todas as actividades lectivas e  extraescolares en todos os niveis educativos para os próximos 14 días. Polo tanto, suspendemos as clases, se é posible a partir de mañá [día 13 de marzo de 2020], aínda que mañá permanecerán abertos os colexios, pero se é posible os pais e as nais que non leven aos seus nenos, as súas nenas, os seus fillos ás escolas infantís, ás escolas primarias, aos institutos de secundaria, de formación profesional, ás universidades, é dicir, a todos os niveis educativos  incluíndo tamén a formación profesional…”

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

MÁIS INFORMACIÓN DE EDUCACIÓN



Semana da Prensa

Ao longo desta semana o alumnado do noso centro lembrará a importancia da prensa na sociedade.

Ademais, con motivo do 8 de marzo seguiremos centrando o foco das novas do noso mural en temática feminista.

(clic na imaxe para acceder á galería)

Semana da Prensa



Diego's Interview

Hoxe o alumnado de 5º de EP retornou á radio para realizarlle unha entrevista ao auxiliuar de conversa que este ano se atopa con nós no noso centro. Grazas Diego por acompañarnos e deixarnos entrevistarte.

(clic na imaxe para acceder á galería de podcast, fotos e vídeo)

Diego's Interview



Todo EI e 1º e 2º de EP escoitan a Caxoto Contacontos

Todo o alumnado de EI e o de 1º e 2º de EP hoxe puideron escoitar unha divertida historia da man de Caxoto Contacontos e a súa trastenda dos contos.

Cunha nena que quería ser pirata como protagonista, o alumnado descubriu que calquera pode ser o que queira e que non hai profesións de mulleres nin de homes, só de persoas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

Todo EI e 1º e 2º de EP escoitan a Caxoto Contacontos



Club de lectura

Hoxe comezou o Club de Lectura do noso centro. O alumnado do grupo 1 tivo a súa primeira reunión. 

Nesta primeira cita, tras os primeiros nervios e presentacións e antes da lectura da obra seleccionada, "Las Brujas", utilizamos a nosa imaxinación.

Club de lectura

 

O alumnado tivo que anotar detrás de distintas ilustracións sacadas da obra o que pensaba que ía acontecer na mesma. De seguro botaremos unhas boas risadas na próxima reunión cando, tras ler a obra, vexamos o que realmente nos querían contar as ilustracións. Tamén comezamos a dar cor ás ilustracións que no libro veñen só en branco e negro.

Ademais, tamén tivemos unha sorpresa, sorteamos entre o alumnado o primeiro chaveiro do noso clube realizado coa impresora 3D do noso centro.   

(clic na imaxe para acceder á galería)

Club de lectura

 



8 de marzo, día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades. 

 

Dende o noso centro quixemos dar voz e visibilidade a varias mulleres Xalleiras que destacan en distintos campos da ciencia e da tecnoloxía.

Grazas a todas as mulleres que acudiron ao noso centro para ser entrevistadas. Grazas por compartir o voso tempo, os vosos coñecementos e o voso cariño.

 

  • Rosa María Facal Varela (Arquitecta).
  • Fátima Sánchez Blanco (Arqueóloga).
  • Rocío Alonso Vieito (Delineante).
  • Olalla Maroñas Amigo (Científica).
  • María Dolores Cousillas Ferreiro (Enxeñeira Técnico Agrícola). 
  • Analía Míguez González (Estudante de Enxeñería Robótica).
  • María de los Ángeles Fariña Vieites (Policía Local).
  • María Mabel Antelo Collazo (Policía Nacional).

O alumnado preparou distintas cuestións para, hoxe día 6 de marzo, formularlle en diversas entrevistas dentro da radio do noso centro.

Se non puideches escoitarnos en directo... fai clic na imaxe para acceder á galería de imaxes, vídeos e podcast das entrevistas.

 8 de marzo, día Internacional da Muller

Ademais o alumnado de EI e de 1º e 2º de EP recibiu, para romper estereotipos de profesións asociadas a xénero masculino, a visita de dúas mulleres policias ás que tamén lles realizaron diversas preguntas.

Por úlitmo, non deixedes de consultar esta entrada da páxina da ONU que propón 12 pequenas accións con gran impacto para a xeración igualdade.

8 de marzo, día Internacional da Muller

 

8 de marzo, día Internacional da Muller

Parte da información desta entrada foi sacada da páxina da ONU



Entrevista a Fina Casalderrey

"Chámanme escritora porque vós ledes", con estas bonitas palabras se describía a autora de obras como "Historia da bicicleta dun home lagarto" ou "A lagoa das nenas mudas".

 

O alumnado de 5º de EP primaria puido entrevistar na radio do noso centro a esta consolidada autora de literatura infantil e xuvenil.

 

Ademais, non podiamos estar máis contentos pois converteuse na primeira persoa en ser entrevistada na nosa radio.

 

Non deixedes de ver as fotos e o vídeo da entrevista así como de escoitar o podcast da mesma.

(clic na imaxe para acceder á galería de imaxes, vídeo e podcast)

Entrevista a Fina Casalderrey



Mes do Ioga

Ao longo do mes de marzo o alumando do noso centro participará dun achegamento á calma e a quietude da man de Ana Prema, Pedagoga e Educadora Social cunha ampla formación en ioga, consciencia corporal, quietude e traballos grupais.

Esta actividade, que se encadra dentro do PDC do noso centro, ten entre outros os seguintes obxectivos:

  • Contactar coa capacidade de atención e concentración.
  • Tomar consciencia do propio corpo.
  • Desenvolver a socialización, crear sentimento de pertenza grupal e afianzar as alianzas de amizade entre as persoas participantes.
  • Aprender a canalizar as emocións e a xestionalas.

Non deixes de ver as fotos das sesións realizadas facendo clic na imaxe que segue. Iranse colgando ao longo de todo o mes según se vaian realizando.

(clic na imaxe para acceder á galería)

 

Mes do Ioga



Queima da Meca

E a Meca dixo adeus aos seus mandatos. O venres 28 prendemos lume a nosa Meca e desfrutamos dunha tarde de coplas do máis divertidas. Non te perdas a galería de imaxes e o vídeo facendo clic na imaxe que segue.

 



Queima da Meca

E a Meca dixo adeus aos seus mandatos. O venres 28 prendemos lume a nosa Meca e desfrutamos dunha tarde de coplas do máis divertidas. Non te perdas a galería de imaxes e o vídeo facendo clic na imaxe que segue.

 Queima da Meca



Recital homenaxe a Rosalía

 

O venres 28 de febreiro un grupo de nenas e nenos de sexto de EP do noso centro colaboraron no recital homenaxe a Rosalía de Castro organizado polo IES Terra de Xallas.

 

Léronse poemas como “Adeus ríos, adeus fontes”; “Negra sombra”; “Eu teño un cravo”; “Hora tras hora”, “Día tras día”; “Xan”... entre outros.

 

(clic na imaxe para acceder á galería de imaxes e vídeo)

Recital homenaxe a Rosalía

 

O alumnado do noso centro tamén elaborou distintas creacións audiovisuais para honrar á que foi unha das figuras literarias máis importantes do panorama galego.

(clic na imaxe para acceder)

Día de Rosalía de Castro



Gañadores concurso Diverticán

Parabéns aos gañadores do concurso de DIVERTICÁN  que hoxe recolleron o seu premio.

(clic na imaxe para acceder a galería)

Gañadores concurso Diverticán

 

Gañadores concurso Diverticán Gañadores concurso Diverticán
   


Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.

O alumnado do noso centro leva semanas traballando en distintas creacións para honrar a unha das figuras literarias máis importantes do panorama galego.

(clic na imaxe para acceder)

Día de Rosalía de Castro

 

Canto sabes de Rosalía?



ENTROIDO NO BARRIÉ

O alumnado de EI e de EP do noso centro tivo hoxe un día de auténtica diversión. 

Realizamos un animado desfile pola nosa vila co apoio dunha marchosa charanga.

Máis tarde de novo en centro, desfrutamos de auténticos pratos tradicionais destas festas.

(clic na imaxe para acceder á galería de fotos e vídeos)

 

ENTROIDO NO BARRIÉ



Xoves de Comadres

Durante o recreo desta xornada o alumnado de Educación Primaria do noso centro participou, coas bonecas elaboradas, no tradicional día de Xoves de Comadres. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xoves de Comadres



Falamos cos noso compañeiros de China

O alumnado de 4º de EI B e o alumando de 3ºA de EP puideron hoxe saudar por videoconferencia aos seus compañeiros que se atopan en China.

Falamos cos noso compañeiros de China

 



Club de lectura

Algo se está cocendo no Barrié! xa queda moito menos para comezar o noso club de lectura. 

53 membros do alumnado se anotaron a esta nova iniciativa do centro.

Ademais, xa sabemos que libros terá que ler cada grupo.

No vindeiro mes de marzo realizaranse as primeiras reunións.

Permanecede atentas!

Club de lectura 

AQUÍ TEDES O DETALLE DAS PRIMEIRAS LECTURAS E A SÚA ASIGNACIÓN AOS GRUPOS.

GRUPO 1  GRUPO 2   GRUPO 3
Club de lectura G1 Club de lectura G2   Club de lectura G3 E G4


A Meca manda

Esta semana a Meca manda! non esquezades seguir o seu mandato!

(clic na imaxe para acceder á galería)

A Meca manda

 

A Meca manda

A Meca manda luns

A Meca manda martes

A Meca manda mércores

A Meca manda xoves

A Meca manda venres



Carreira Solidaria

 “NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL”

 

 

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria para recadar fondos para ASANOG "Asociación de axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia". Por un circuíto circular de 500 metros foron correndo os nenos e nenas en quendas. Por cada volta percorrida cada neno ou nena ten distintos patrocinadores que se comprometen a doar unha cantidade de cartos (máximo 0,50 euros) por volta percorrida.

(Accede á galería facendo clic na imaxe)

Carreira Solidaria

 

Pola tarde foi a quenda na que participaron persoas adultas: mestres, mestras, pais, nais e persoal do centro.

 

Ademais, tamén participamos na dinámica #PaintGold que ten como finalidade visibilizar á loita contra o cancro infantil, polo que cada alumno ou alumna pintou na súa cara dúas liñas de cor dourada.

 

Carreira Solidaria 

 

A vindeira semana faremos o reconto de todo o recadado e organizaremos un acto de entrega de toda a recadación á dirección de ASANOG.

 

Pasámolo xenial, facendo exercicio e traballando por unha boa causa.

 

DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL!!!!

 


Entrada orixinal desta nova no blog do PDC, podes vela aquí



Mes da amizade

Ao longo do mes de febreiro o alumnado do noso centro estivo traballando en algo vital e de gran importancia nas nosas vidas, a amizade.

Podes ver fotos do evento ou escoitar algún audio creado polo alumnado de 1º e 2º de EP para lembrarnos a importancia desa gran palabra. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Mes da amizade



Xoves de Compadres

Durante o recreo desta xornada o alumnado de Educación Primaria do noso centro participou, coas bonecas elaboradas, no tradicional día de Xoves de Compadres. 

Xoves de Compadres

Non deixedes de ver as fotos e o vídeo do evento. 

Xoves de Compadres

 



Día Mundial da Radio

 

NON TE PERDAS O NOSO PROGRAMA!

 

 

 O persoal da ONU explícanos que é este día:

A radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. A radio segue sendo, ademais, o medio de comunicación máis usado en todo o mundo. Esta capacidade de chegar ao maior número de público posible convértea nunha ferramenta indispensable para dar forma á experiencia da sociedade na diversidade, e é o escenario perfecto para que todas as voces exprésense libremente, sentan representadas e poidan ser escoitadas. As emisoras de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecer unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contido, e deben reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións.

 

 

No Día Mundial da Radio 2020, a UNESCO fai un chamamento ás emisoras de radio para que defendan a diversidade, tanto na súa sala de redacción como nas ondas.

Gif Día da Radio 

 

Esta edición do Día Mundial da Radio divídese en tres  subtemas principais:

 

  • Avogar polo pluralismo na radio, de modo que haxa unha combinación de medios públicos, privados e comunitarios.
  • Fomentar a representación na sala de redacción, onde os equipos estean integrados por diversos grupos da sociedade.
  • Promover a diversidade dos contidos editoriais e os tipos de programas para que reflictan a variedade dos públicos.

Día Mundial da Radio

 

Non deixedes de escoitar a nosa radio. Haberá moitas sorpresas!

Clic no boneco para acceder á radio

  

Texto traducido da páxina das Nacións Unidas



Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS). Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo para inspirar e promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, as mulleres seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.

 

Aquí podedes ver algún traballos realizado polo alumnado do centro:

 

(clic na imaxe para acceder)

 

Mulleres de Ciencia

 

A ciencia é unha disciplina colaborativa, pero tropeza co obstáculo da brecha de xénero.

 

Aquí tedes 11 mulleres que cambiaron a ciencia.

 

 

E aquí outras 26.

Mulleres de Ciencia

As nenas e os nenos obteñen os mesmos resultados en ciencias e matemáticas, pero só unha parte das estudantes opta por carreiras científicas na educación superior.

 

 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Para estar á altura dos desafíos do século  XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero.

 

Hai que apoiar ás científicas e as investigadoras no exercicio da súa profesión. Aquí tedes algúns exemplos!

 

Esta científica axudou a acabar co Ébola.

 

 As mulleres fan que os equipo sexan máis fortes e creativos na NASA

 

 

Os Principios para o Empoderamento das Mulleres, establecidos pola ONU Mulleres, ofrecen orientación ás empresas e outras entidades.

 

Texto traducido da páxinas da Nacións Unidas



Día Mundial do Transplante

Durante varios anos España encabezou as listas como líder en doazóns de órganos, pero cunha cifra de 40,2 doantes por millón de persoas, un verdadeiro  record se o comparamos co resto dos índices mundiais.

 

 Día Mundial do Transplante

Ser doante é un dos actos máis humanos que existen, un xesto de solidariedade, amor e empatía. Moitas veces estas doazóns non están exentas de riscos ou molestias. E aínda así, a persoa toma a decisión de axudar a outra persoa que o necesita.

 

 

 

Texto traducido da páxinda díainternacionaldel.com



Día Mundial das Legumes

Que son os legumes?


 

Os legumes son as sementes comestibles das plantas  leguminosas que se cultivan para ser consumidas. Os feixóns secos, as lentellas e os chícharos son os tipos de legumes máis comunmente coñecidos e consumidos.

 

Están presentes nas distintas gastronomías de todo o mundo, desde o  humus no Mediterráneo (garavanzos), a un tradicional almorzo inglés ( feixóns brancos) ou o  dal da India (chícharos ou lentellas).

 

INFOGRAFÍA DOS LEGUMES BANDA DESEÑADA SOBRE OS LEGUMES 
Infografía dos legumes Banda deseñada sobre os legumes 

 

 

Os legumes non inclúen os cultivos que se cultivan verdes, como os chícharos verdes ou as xudías verdes, xa que estes clasifícanse como hortalizas. Tamén se exclúen os cultivos utilizados principalmente para a extracción de aceites, como a soia ou o cacahuete, e os cultivos  leguminosos que se utilizan exclusivamente para fins de sementa (sementes de trevo e alfalfa).

 

Por que é importante cultivar legumes?


 

Valor nutritivo

Os legumes conteñen moitos nutrientes e teñen un alto contido en proteínas, polo que son unha fonte ideal de proteína, en particular en rexións onde a carne e os lácteos non son moi accesibles, xa sexa física ou economicamente. Os legumes son, ademais, baixos en graxa e ricas en fibra, o que fai que poidan reducir o colesterol e axudar a controlar o azucre en sangue. Por todas estas calidades, as organizacións sanitarias recomendan o seu consumo para facer fronte ás enfermidades non transmisibles, como a diabetes e as enfermidades cardíacas. Tamén se demostrou que os legumes axudan a combater a obesidade.

 

Seguridade alimentaria

Para os agricultores, os legumes son un cultivo moi beneficioso porque poden vendelas e consumilas, o que lles axuda a manter a seguridade alimentaria dos seus fogares, ao mesmo tempo que xera estabilidade económica.

 

Beneficios ambientais

Os legumes teñen a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico nos chans, o que mellora a fertilidade do chan, e por tanto, aumenta a produtividade das terras de cultivo. Así mesmo, usando legumes para os cultivos  intercalados e de cobertura, os agricultores poden promover a biodiversidade agrícola e do chan, mantendo baixo control as pragas e enfermidades nocivas.

 

Así mesmo, os legumes poden contribuír á mitigación do cambio climático, reducindo a dependencia dos fertilizantes sintéticos utilizados para achegar nitróxeno ao chan. Durante a fabricación e aplicación destes fertilizantes libéranse gases de efecto invernadoiro e o seu uso excesivo pode ser prexudicial para o medio ambiente.

 

Texto traducido da páxina das Nacións Unidas



Comeza Divertipatio

A pasada semana comezamos coa actividade de patios saudables "DIVERTIPATIO". A continuación algunha imaxes dos primeiros días de DIVERTIPATIO:

Comeza Divertipatio

 

Non deixe de ver o vídeo!

Comeza Divertipatio

 

Podes ver a entrada orixinal desta nova no blog do PDC facendo clic aquí



Grand Prix Financeiro

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP do noso centro está a participar no "Grand Prix Financeiro".

O obxecto deste programa é desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.

Grand Prix Financeiro

Non te perdas o vídeo!

Grand Prix Financeiro 



Mesa Redonda pola Paz

Continuando coas actividades realizadas no noso centro para a celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz,  o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tivo a sorte de poder escoitar a testemuña de varias persoas de orixe estranxeira.

Compartiron as súas vivencias, as dificultades atopadas ao chegar, as similitudes e diferenzas entres as distintas culturas e sobre todo as ganas coas que chegaron para traballar no noso país.

Mesa Redonda pola Paz

O alumnado do centro realizou numerosas preguntas en relación a aspectos como: gastromonía, traxes típicos, tipos de vivenda, documentación necesaria para a residencia, sentimentos de acollida na comunidade....

A experiencia foi marabillosa e axudou a que o alumnado do centro comprendera a importancia de recibir ben as persoas que veñen ao noso país, persoas que ademais precisamos para que a nosa comunidade sexa cada vez mellor. 

Grazas a Asmae Aljebari, Abdelhamid Benslaiman e Talia Bernaola por compartir con nós e o alumnado o voso tempo. 

Non deixedes de ver tamén o vídeo do evento:

Vídeo Mesa Redonda Pola Paz 



Día Mundial da Educación Ambiental

Todos os anos celébrase o 26 de xaneiro o Día Mundial da Educación Ambiental, unha efeméride que busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.

A educación ambiental pretende crear conciencia en todas as persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, de protexer a flora e a fauna das súas localidades e sumarse ás iniciativas mundiais. Pero tamén busca facer presión aos gobernos para que cren políticas que resgarden as contornas naturais e dean solucións ás problemáticas ambientais do seu país.

Día Mundial da Educación Ambiental

 

Principais obxectivos do Día Mundial da Educación Ambiental:

  • Facer que as persoas tomen conciencia e sensibilícense con respecto aos problemas ambientais da súa contorna, para que poidan buscar, protexer e brindar solucións aos mesmos.
  • Educar á sociedade para que entendan que é o medio ambiente, a súa importancia e o delicado equilibrio que existe entre home e natureza.
  • Sementar valores ambientais.
  • Axudar aos grupos sociais a desenvolver as habilidades necesarias para buscar solucións aos problemas ecolóxicos da súa contorna inmediata.
  • Levar as estatísticas da realidade en materia ambiental e ensinarlle ás persoas para avaliar a evolución do proceso, ben sexa para evidenciar a melloría ou detectar unha problemática que se lles está indo das mans.
  • Incentivar a participación da sociedade na procura de solucións aos problemas do medio ambiente e a que eles teñen o deber de esixirlle aos gobernos que tomen medidas.



Día da Paz

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz no noso centro vanse levar a cabo, ao longo desta semana, varias actividades.

No día de hoxe o alumnado de EI e EP experimentou de primeira man algunhas das causas que adoitan romper a Paz no noso planeta: a desigualdade e o reparto inxusto.

Levouse a cabo unha dinámica en distintas estancias do centro na que o alumnado, previamente clasificado en tres zonas, dispoñía de distintos materiais para poder xogar. Atopáronse lugares cunha gran cantidade de materiais e espazo, outros con menos recursos e outros sen nada.

Tras unha hora de dinámica reflexionaron en aula, co profesorado titor, sobre que aspectos levaron a que se rompese a paz e as posibles solucións aos conflitos.

Dinámica Día da Paz

 Vídeo Día da Paz



Día Internacional Da Educación

A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva.

 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.

 Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable.

(texto recollido e traducido da páxina da UNESCO)



Papá Noel no Barrié

O noso centro non para de recibir visitas incribles!

 

Hoxe o noso alumnado coñeceu nin máis nin menos que a Papá Noel!

Non deixes de ver a galería de imaxes.

(clic na imaxe para acceder)

Papá Noel no Barrié

 

Non deixes de ver o vídeo:

Papá Noel no Barrié



O CEIP PLURILINGÜE BARRIÉ DE LA MAZA QUERE FELICITAR ESTAS DATAS COA POSTAL DO CENTRO.

BO NADAL E SOSTIBLE E FELIZ ANINOVO

(clic na imaxe para descargar)

 Postal Nadal 2019_20

 

Árbore decorada con elementos realizados polo alumnado con material de refugallo

 

Bo Nadal



Noitevella no Barrié

No CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza hoxe despedimos con antelación o ano. 

 

Despois de cantar panxoliñas tocou o reparto de cotillón e, vestidas de gala, todas as persoas comemos as uvas.

 

Ademais, tal e como manda a tradición, rematamos a nosa festa cun estupendo chocolate con churros.

 

Queres compartir con nós estes momentos? fai clic na imaxe que segue para acceder á galería dos eventos. 

Noitevella no Barrié

Non deixes de ver os vídeos da Noitevella e da chocolatada:

Noitevella no Barrié

 

Noitevella no Barrié

 



Imos ao cine

Hoxe tivemos realmente un auténtico Nadal de Cine. Todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza acudiu ao cine de Cee para ver a película Frozen 2.

Aquí tes o trailer da película:

Podes ver a galería de imaxes do evento facendo clic na imaxe que segue:

Imos ao cine

 

Mira aquí o vídeo:

Imos ao cine



Viñeron as Carteiras Reais

Hoxe todo o alumnado do CEIP Barrié de la Maza estibo de parabéns!

Con moita ledicia entregaron as cartas escritas con toda a ilusión as Carteiras Oficiais das Súas Maxestades de Oriente.

Ademais o alumnado non deixa de sorprendernos e de ensinarnos a importancia de manter a inocencia e a ilusión.

Non deixes de ver a galería de imaxes do momento.

(clic na imaxe para acceder)

Viñeron as Carteiras Reais 

Tamén podes ver os vídeos:

 

Viñeron as Carteiras Reais

 



Entrega chapa e decálogo xoguetes non sexistas

Tal e como estaba previsto, ao longo da xornada de hoxe o alumnado de 4º de EP participante na iniciativa "Que non te enganen con falsas ideas", repartiu polas aulas do centro unha chapa e un decálogo para lembrar a importancia de non escoller un xoguete en base a ideas sexistas.

(clic na imaxe para acceder á galería)

chapas e decálogo xoguetes non sexistas

 



Ao longo da historia da humanidade, a migración foi unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e buscar unha vida mellor.

 

Na actualidade, a globalización, xunto cos avances nas comunicacións e o transporte, incrementou en gran medida o número de persoas que teñen o desexo e a capacidade de mudarse a outros lugares.

 

Esta nova era creou retos e oportunidades para sociedades en todo o mundo. Tamén serviu para subliñar o vínculo que hai entre migración e desenvolvemento, así como as oportunidades que ofrece para o  codesenvolvemento, é dicir, para a mellora concertada das condicións económicas e sociais tanto no lugar de orixe como no de destino. 

Día Internacional do Migrante

"Todos os  migrantes teñen dereito a igual protección de todos os seus dereitos humanos. Neste Día Internacional, insto os líderes e ás persoas de todo o mundo a que dean vida ao Pacto Mundial, para que a migración funcione para todos."

Antonio Guterres (Secretario Xeral da ONU)

 

Queres coñecer historias reais? fai clic na imaxe que segue:

 

Día Internacional do Migrante

 Tamén podes ver este vídeo para entender mellor toda esta cuestión:

 



Carta das súas Maxestades

As súas Maxestades de Oriente, enviaron unha carta ao noso centro. Non deixedes de botarlle un ollo á misiva que trae suculentas novas!

Carta das súas Maxestades



Malibú visita o Barrié

O alumnado do noso centro hoxe coñeceu a Malibú a cadela adoptada pola Casa Grande de Xanceda. Puideron afondar na súa historia e aprender unha importante elección: un animal é unha gran responsabilidade e require respecto, coidados e afecto.

(clic na imaxe para acceder á galería)

Malibú visita o Barrié

Levaron un diploma e unha calcomanía da súa nova amiga. Non deixes de ler a súa importante mensaxe.

(clic na imaxe para descargar o diploma)

Malibú visita o Barrié



Que non te enganen con falsas ideas

O alumnado de 4º de EP vén de realizar no noso centro, da man da entidade Aquelar, unha actividade de igualdade centrada na eliminación de falsas creencias sobre os xoguetes. O alumnado elaborou un decálogo de boas prácticas e chapas en relación con ese temática para poñer en marcha, no centro e na Comunidade Educativa, unha pequena campaña de concienciación na que todas e todos debemos ser partícipes: alumnado, profesorado e familias.

(clic na imaxe para acceder ao decálogo)

Que non te enganen con falsas ideas

Ao longo das vindeiras xornadas as persoas participantes repartirán unha chapa e un decálogo para cada membro do alumnado do centro.

O obxectivo da actividade, ademais de facer conscientes e partícipes a todas as persoas da importancia da eliminación de falsas ideas en relación á elección sexista dos xoguetes, foi tamén conseguir que o alumnado pasara á acción cos seus iguais, co profesorado e coas súas propias familias. 

(clic na imaxe para acceder á galería da xornada)

Que non te enganen con falsas ideas 



thanksgiving

  

We learned about. "Thanksgiving Day" (tradition, food  history).

It is celebrated in the USA, every year, on the fourth Thursday of November. It is a National Holiday and it is considered one of the most popular and familiar Festival.

(clic de image below to view more photographs)

thanksgiving

American Families gather around the table to eat turkey, pie, sweet potatoes,...

 

It is known the Mercy's Thanksgiving Day Parade un New York. The day after is the famous "BLACK FRIDAY".

 

We work the values of Thanks. WE ARE THANKFUL FOR...WATER, FOOD, CLOTHES, HOME, SCHOOL,...



Contacontos Ula-Lúa?

Hoxe no CEIP Barrié de la Maza tivemos a visita dunha contocontos moi especial: Celtia Figueiras e a obra Ula Lúa?.

 

O alumnado dende Educación Infantil ata 3º de Educación Primaria, desfrutou desta bonita historia.

 (Clic na imaxe para acceder á galería)

Contacontos Ula-Lúa?



25 N

 

Hoxe no noso centro foi un día de lembranzas. O alumnado colocou no mural as noticias recollidas coas súas familias sobre mulleres vítimas dunha das grandes lacras da sociedade, a violencia contra a muller. 

25 N

Non deixe de ver a galería de imaxes da construción do noso mural

(clic na imaxe para acceder á galería)

25 N

 

Por que debemos eliminar a violencia contra a muller?

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os  perpetradores, e o silencio, a  estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

 

Non deixes de ver o vídeo que segue facendo clic na imaxe así como outras animacións con datos destacables sobre este día. Vídeo 25N

En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:

 

1.- Violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, malos tratos psicolóxicos, violación conxugal,  femicidio).

 

2.- Violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, espreita, acoso na rúa, acoso  cibernético).

 

3.- Trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual).

 

4.- Mutilación xenital.

 

5.- Matrimonio infantil.

 

Accede á páxina da ONU facendo clic na imaxe que segue.

25 N

 

No es no

Podes ver máis material para traballar a igualdade neste apartado da nosa web.

 (texto traducido ao galego da páxina da ONU)



Votación Divertipatio

No día de hoxe o alumnado do noso centro realizou a votación democrática para a elección do cambio de actividades no patio (DIVERTIPATIO) coincidindo co Día Universal da Infancia. Deste xeito puideron poñer en práctica algún dos dereitos recollidos na Convención, que este ano cumpre xa 30 anos, neste caso o dereito a participar. 

Votación Divertipatio



O noso centro participará na CodeWeek a través dunha actividade na que simularán ser robots e programadores. A actividade, deseñada polo italiano Alessandro Bogliolo e posta en marcha polo equipo de TIC do noso centro, permite introducir ao alumnado no pensamento computacional e na resolución de problemas dunha maneira divertida. 

CodeWeekQueres ver como se fai? Mira o vídeo que segue.

 



Antía Yáñez Breve historia sobre o feminismo gaelga

O día Internacional da nena o alumnado de sexto, ademais da actividade organizada polo noso centro, tamén acudiu a unha interesante charla a cargo de Antía Yáñez Rodríguez que levaba por título “Breve historia divertida do feminismo galego”

A recoñecida escritora deu unha visión histórica da inxusta minusvaloración da muller ao longo do tempo. Falou das grandes desigualdades da sociedade na que, polo simple feito de ser muller, xa hai cousas que están mal vistas en comparación co home.

Defendeu deste xeito a figura de mulleres que “amolan”, mulleres que se empoderan e se fan ver.

Antía Yáñez Breve historia sobre o feminismo gaelga

Realizou ademais, un entretido percorrido histórico no que falou de mulleres senlleiras. Dende Exeria, importante escritora nacida na Idade Antiga en Gallaecia, autora da obra Itinerarium Egeriae; pasando por Dona Urraca e a soldadeira medieval de Coirós María Balteria.

Nese percorrido  chegou a Idade Moderna e  non esqueceu a figura de importantes mulleres coma: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou María Victoria Moreno, autora da famosa obra Anagnórise. Non esqueceu tamén a Maruxa e a Coralia Fandiño, as dúas en punto, ou a Marcela e Elisa precursoras galegas do matrimonio entre persoas do mismo sexo a comezos do século XX.

Con ese caldo de cultivo a autora de “Senlleiras” realizou unha importante cuestión ao auditorio, cantas destas mulleres foran recoñecidas no Día das Letras Galegas? Destacou que só catro mulleres recibiran esa honra dende hai 56 anos. De aí, segundo a ponente, a necesidade de “amolar”, a necesidade de facerse ver e de empoderar á muller e en concreto ás mulleres galegas.



Non máis princesas, contacontos con Pedro Brandariz

Alumnado de EI e EP do noso centro puido desfrutar dun contacontos moi especial. Non máis princesas, así era o título proposto por Pedro Brandariz para acoller unha iniciativa inspirada en contos cunha clara mensaxe de igualdade e que avogan por romper con estereotipos asociados ao xénero.

(non te perdas as fotos e o vídeo na nosa galería facendo clic na imaxe)



Comeza o curso escolar

Hoxe  no CEIP Barrié de la Maza pasamos un día de moita ilusión e nervios. Comezou un novo curso escolar e non puido ser de mellor maneira. O alumnado do noso centro desfrutou das cancións e bailes do Capitán Garfo e estivemos cociñando música. Ademais, o noso profe de música tocou con el!

Non vos perdades a galería de imaxes e vídeo (clic na imaxe para acceder)

Don Garfo cociñando música

Queres escoitar de novo ao Capitán Garfo?

 



Nas seguintes ligazóns podes descargar a revista deste últimos curso escolar do CEIP Barrié de la Maza:

1ª PARTE

2ª PARTE


 



Durante este curso vimos de desenvolver un proxecto a través do que promover a alimentación saudable entre o noso alumnado.



As alumnas e alumnos de 2ºB están contribuíndo decididamente a manter o noso centro limpo e a que o noso mundo sexa mellor co seu traballo en prol da recollida de lixo e reciclaxe. Nestas últimas semanas encheron o colexio de carteis sobre o que se debe facer co lixo, nunca se debe tirar no chan aquilo que non queremos...

NORABOA NOVAMENTE POLO VOSO TRABALLO E POR AXUDAR A TER UN MUNDO MELLOR E MÁIS LIMPO.



Aquí podedes observar o excelente traballo realizado polo alumnado de 2ºB no 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora senlleira da literatura galega. Aprenderon unha morea de detalles sobre a súa vida e obra que plasmaron neste traballo.

Abaixo podedes abrir o documento que contén o traballo.

Noraboa!



O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.

Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!



Os alumnos e alumnas do centro realizaron na entrada do colexio un precioso mural do outono. Cada curso participou na súa creación coloreando e engadindo diferentes elementos: cogumelos, follas, animais orixinais creados por nós… Ata conseguir este bonito resultado!



Os nenos e as nenas, de primeiro e segundo, demos a benvida ao outono "ese tempo no que pasas calor coa chaqueta pero frío en manga curta".

 



Os nenos e nenas de 4ºB representaron unha obra teatral titulada "Seis pezas seis" para todo o alumnado do colexio.

Este vídeo corresponde ao traballo realizado nesta aula por seis equipos de alumnos. A partir de varios textos os nenos/as fixeron o traballo de pensar e organizar a escenificación das mesmas sen apoio de son, nin iluminación, vestiario, e o mínimo de atrezzo (catro sillas, unha mesa e un cubo do lixo son todos os elementos que empregaron para as seis pezas).

 Agardamos que o disfrutedes como fixemos nós.



A alumna María  Varela, do curso 1ºB, foi a gañadora do concurso "Debuxa o teu almorzo" que organizou a Xunta de Galicia dentro do Plan Xermola. Ela e os seus compañeiros foron recoller o Premio.  Pincha aquí para saber máis. Noraboa!



Os nosos rapaces e rapazas de 6º atópanse de excursión en Londres desfrutando da capital británica e pasando uns días que nunca esquecerán. Visitarán Oxford, o Museo Británico, o Támesis, o London Eye... Agardamos a súa volta para que nos conten as aventuras vividas.

Por suposto, levaron o Proxecto Deportivo de Centro máis alá das nosas fronteiras para facelo máis internacional aínda.

Seguide disrutando da viaxe!

 

 



O número premiado no sorteo da cesta de entroido é o 2781.

 

Aquí temos á premiada recollendo a cesta, noraboa!



 

Felices festas para todos e que disfrutedes moito co noso lipdub!

Puxémoslle a máxima ilusión e traballo.



Aquí tedes a galería cos fotos das actividades que realizamos o último día antes de Nadal: peliculas, visita de Papá Noel, proxección do lipdub e dos "cantos de reis", chocolatada, panxoliñas...

Foi un día moi intenso

Premendo neste enlace podedes ver máis imaxes.



O número premiado no sorteo da cesta de nadal foi o 7052 sorteado ante os nenos no comedor.

Aquí temos á premiada recollendo a cesta.

 



O gañador da cesta de entroido sorteada para axudar aos nenos de 6º coa súa excursión final de curso é o posuidor do número 649.

Noraboa ao premiado/a.



 

 Xa temos gañador da cesta de Nadal das rifas dos nenos de 6º: número 820.

Noraboa ao premiado/a.



Horario xuño

Lembramos que o luns 3 de xuño comezamos co horario de xornada en sesión única de mañá.

O horario será exactamente igual ao que tiñamos no mes de setembro.

A entrada do alumnado (tanto transportado como non transportado será entre as 8:50 e as 9:00 horas polo portalón).

A entrega do alumnado usuario de comedor e non transportado farase pola porta principal a partir das 15:15 h.

Podedes revisar o horario neste enlace



Resultados votación xornada única 23/24

Resultados da votación xornada única.

Censo: 339.

Votos emitidos: 281.

Votos a favor: 213.

Votos en contra: 65.

Votos en branco: 2.

Votos nulos: 1.

Maioría absoluta: 197.

 

Acádase polo tanto a xornada única para o noso centro cun total de 213 votos a favor.

 



Do you want to learn about Easter in the United States? Clic on the image below.

Easter in the US



Miniatura dereitos humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos  inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Dereitos humanos

 

Genially

 

Clic na imaxe para ver o documento orixinal 

 

Día dos Dereitos Humanos

 Aprende máis con este vídeo

 

 Clic na imaxe para ver unha versión ilustrada os dereitos.

Día dos Dereitos Humanos

 

Para máis información clic na imaxe para acceder á páxina da ONU 

ONU Dereitos Humanos

 



miniatura xornada única

Xa foi realizado o sorte das persoas que formarán parte da mesa electoral. A administrativa do centro está xa contactando con elas para informalas. Deixamos a captura da imaxe cos números correspondentes coa lista do censo de familias. 

números censo familias

 

Lembramos ademais que mañá 7 de maio terá lugar no noso centro educativo a charla informativa sobre a xornada para as familias en dous horarios, 16:30 e 18:00.  Lembrar tamén que se pode acudir a calquera das charlas.

 

Sorteo público das persoas que van compoñer a mesa electoral: luns 6 de maio ás 11.15 no noso centro.

 

O martes 14 de maio de 2024 terá lugar a votación da xornada única.

Previo a esa data dende o centro vanse dar dúas charlas informativas para as familias no seguinte día e horas.

  • 7 de maio de 2024 
    • 16:30 
    • 18:00
  • Lugar comedor do centro educativo.

Nota: pódese acudir a calquera das charlas ofrécense dúas horas para facilitar a conciliación.

  


   

Xa tiñamos colgado o proxecto da xornada. Non deixedes de consultar ese documento e os outros que poden ser do voso interese. 

 

Moi boas familias, facendo clic nos textos que seguen podedes acceder a:

 

 

 



Educación Primaria

Os materias dos distintos cursos iranse publicando ao longo dos vindeiros días.

 

MATERIAIS

 

1º DE EP A e B 2º DE EP A e B

3º DE EP A

3º DE EP B

3º DE EP C

 1ºEP 2EP   3EP
     

4º DE EP A

4º DE EP B

 

5º DE EP 6º DE EP A e B
4EP 5EP 6EP
 

 

 Reunións coas familias: 

  • 1º (A e B), martes 26 de setembro ás 16:00.
  • 2º (A e B), martes 26 de setembro ás 17:00.

 

 

 



Impreso autodeclaración Comedor Escolar Curso 2023-24

Xa está á disposición das familias o impreso de autodeclaración para comedor escolar do curso 2023-24.

Nos documentos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Entregarse na secretaría do centro en horario de 10 a 13:00h.ata o 10 de xullo sen cita previa e a partir do 11 con cita previa no número 642 37 46 55

O prazo remata o 11 de setembro

 

Modelo autodelcaración

Instrución 2/2023 

autodeclaración instrución comedor 23-24

Clic aquí para descargar as aclaracións

 

 



HORARIO DE VERÁN

Teléfono para solicitar cita previa ou consulta telefónica a partires do 11 de xullo e ata o 31 de xullo:

642 37 46 55 

Horario de solicitude de cita previa ou consulta telefónica de 10:00 a 13:00 h. de luns a venres.

 horario verán 2



Información equipos EDIXGAL no verán

En relación aos equipamentos EDIXGAL: 

  • O alumnado  de 5º de EP quedará co equipo ata comezo do próximo curso académico 23-24.
  • Pola contra, o alumnado de 6º de EP deberá devolvelo para continuar a súa andaina cara a secundaria.  Existen dúas casuísticas e dúas datas para devolución:
    • Alumnado que acode a SpringWeek entregará os equipamentos co acordo de recollida cuberto e asinado polas familias o venres 9 de xuño de 2023.
    • Resto de alumnado de 6º de EP entregará os equipamentos co acordo de recollida cuberto e asinado polas familias o venres 16 de xuño de 2023.

 

Os acordos de recollida son 2 follas unha para o centro e outra para as familias. Devolveremos esta última con selo do centro e sinatura de dirección como resgardo da entrega entre os días 19 e 21 de xuño. 

Lembramos que podedes tramitar un seguro opcional para o portátil

(clic na imaxe para descargar o documento)

 Seguro EDIXGAL



Información equipos EDIXGAL no verán

En relación aos equipamentos EDIXGAL: 

  • O alumnado  de 5º de EP quedará co equipo ata comezo do próximo curso académico 23-24.
  • Pola contra, o alumnado de 6º de EP deberá devolvelo para continuar a súa andaina cara a secundaria.  Existen dúas casuística e dúas datas para devolución:
    • Alumnado que acode a SpringWeek entregará os equipamentos co acordo de recollida cuberto e asinado polas familias o venres 9 de xuño de 2023.
    • Resto de alumnado de 6º de EP entregará os equipamentos co acordo de recollida cuberto e asinado polas familias o venres 16 de xuño de 2023.

 

Os acordos de recollida son 2 follas unha para o centro e outra para as familias. Devolveremos esta úlitma con selo do centro e sinatura de dirección como resgardo da entrega entre os días 19 e 21 de xuño. 

Lembramos que podedes tramitar un seguro opcional para o portatil

(clic na imaxe para descargar o documento)

 seguro



día mundial do medio ambiente

 

A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga.

 

Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. 

Unidade didáctica para 5ºe 6º de EP: enlace aquí

 

Recursos de SOGAMA

SOGAMA

 

Aprende cos Bolechas 

  Para máis recursos podes consultar este Genially.

 

 

 

 



Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aquí.

Para o curso 2023/2024 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aquí e presentala presencialmente.

 



becas neae 23-24

Neste apartado podedes atopar a documentación que vaia sendo publicada en relación coas axudas para alumnado NEAE para o curso académico 2023-24

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro de 2023



instrucións votación xornada mixta

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada mixta.

Será preciso identificarse para poder votar (DNI, NIE, carnet de conducir, pasaporte etc...) 

nota previa a día da votación 22_23

Descarga aquí a nota en castelán

 

Deixamos tamén a papeleta por se desexan traela xa da casa. De todas formas tamén se disporá de papeletas no centro educativo.

(clic na foto que segue para descargar a papeleta, tamén disporedes delas no centro para cubrir)

papeleta



Votación xornada mixta 22-23

Moi boas familias, facendo clic na imaxe que segue podedes acceder á folla de información sobre a votación da xornada mixta.

(clic para descargar)

Información xornada mixta



texto postais nadal 22-23

Estamos moi orgullosas e orgullosos de anunciar que o noso alumno Pedro de 4ºB vén de gañar o primeiro premio do concurso de postais de Nadal, organizado polo Concello de Santa Comba, deste ano 2022.

Tamén queremos felicitar a Venus de 4ºC por facerse cun accésit no citado evento.

PARABÉNS!

Postal Nadal gañadora concurso 22-23



 

Facilitamos unha presentación sobre o Halloween elaborada polo noso auxiliar de conversa. Grazas Aaron!

(clic na imaxe para descargar)

Halloween 22-23

 

Do you want to see our decorations? Click here! 



miniatura texto aaron

 

We already have Aaron with us, our conversation assistant. He prepared a document to present himself to the educational community.

 

Xa temos con nós a Aarón, o noso auxiliar de conversa. Preparou un documento para presentarse á comunidade educativa

clic the image below to see de document.

aaron documento



Agradecemento ACNURR

O CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza vén de recibir o agradecemento de ACNUR pola doazón realizada.

Podes ver o diploma facendo clic aquí



DÍA DA INFANCIA E 25 N

FAI CLIC NA IMAXE PARA DESCARGAR O DOCUMENTO

 RECURSOS 25N DÍA INFANCIA



axudas mascarillas 21-22

A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de 9:40 a 13:30.

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)

Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:

SO TEN QUE ENTREGAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE NON SOLICITOU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR



 Día Mundial da Saúde

 

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

 

Aprende máis con este Genially

 

 



Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 

A Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, no seu artigo 1.1 define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexan ou foran o seus cónxuxes ou de quen estean ou estiveran ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia” e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade”.

 

Desde o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos propoñervos unha serie de recursos para traballar esta conmemoración.

 

Dunha banda, ofrecemos esta guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller durante todo o mes de novembro.

 

Guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller

 

Na última páxina desta guía didáctica recóllese un enlace para accedera máis recursos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aos cales podedes acceder tamén facendo clic na seguinte imaxe.

 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

 

Finalmente, desde o Equipo de Biblioteca Escolar propoñemos unhas lecturas adecuadas aos distintos niveis educativos para traballar esta temática, ás cales podedes acceder facendo clic na imaxe seguinte.

 

Enlace á web da biblioteca escolar



 Como buscar no catálogo da biblioteca?

 

Facendo clic AQUÍ accederedes á sección do catálogo

de libros do blog do Bibliorrato Xalleiro.

 

Aquí atoparedes un vídeo onde se explica paso a paso

como buscar un libro na biblioteca escolar do CEIP

Plurilingüe Barrié de la Maza. 



 Samaín no Barrié 20_21

Este ano é diferente aos anteriores. Non podemos poñer caixas misteriosas polos corredores para descubrir a cegas o que hai no seu interior, non podemos colgar adornos polos corredores creando un ambiente terrorífico, non podemos ir polas clases dando sustos nin reunirnos todos xuntos para ver unha película no ximnasio ou na Biblioteca. Pero si podemos seguir celebrando a festa do Samaín doutras formas. Por iso, desde aquí queremos facilitarvos unha chea de recursos que estivemos preparando para que sigamos disfrutando desta festa.

 

Dunha banda, no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega atoparedes os seguintes recursos:

  • Podcasts de Samaín: aquí atoparedes as historias de medo contadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, ás cales poderedes acceder a partir do venres 30, despois da súa primeira emisión en directo ás 11:40 horas a través da emisora da nosa radio escolar: Barrié nas Ondas

 

  • Curtametraxes de medo: recóllense nesta sección diversas propostas de curtas para proxectar nas aulas o día 30 pola tarde. O profesorado escollerá unha curtametraxe ou varias, mais na casa podedes ver todas con máis tempo.

 

  • Recursos de Samaín: nesta sección podedes acceder a unha presentación de Genially cunha chea de recursos para traballar o Samaín (cancións, contos, manualidades, receitas, unidades didácticas, etc.).

 

 Facendo clic na imaxe podes acceder a todos estos recursos:

 

Samaín no Barrié

 

 

Doutra banda, desde o blog do Bibliorrato (da Biblioteca Escolar), podedes acceder ás recomendacións de lecturas con temática da festa do Samaín que vos propoñemos desde o Equipo de Biblioteca Escolar.

Fai clic na imaxe para descubrir todos os títulos!

 

Recomendacións de lecturas

 

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos desexarvos un

FELIZ SAMAÍN!



Este 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e dado que este ano non se poden levar a cabo moitas das actividades que se estaban a desenvolver, estamos preparando novidades no blog do Bibliorrato para ofrecervos moitos recursos.

 

Así, queremos celebrar este día estreando dúas seccións do blog:

 

Unha delas é o catálogo da Biblioteca. Dunha banda pódese consultar no proxecto MEIGA todos os fondos da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Doutra banda, contamos tamén cun catálogo máis visual segundo a temática, que iremos actualizando pouquiño a pouco.

Podes consultar o catálogo facendo clic AQUÍ.

 

Outra das seccións novas é QUE PODO LER? Nesta recóllense recomendacións semanais de libros que se atopan na biblioteca. Unhas semanas serán máis adecuados para os máis pequenos e outras para os máis maiores.

AQUÍ podes atopar cada semana unha nova recomendación.

 

Que podo ler?

 

Ademais, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar para compartir con vós a exposición da Biblioteca sobre a temática do Samaín. Podedes consultar estes fondos a través do blog do Bibliorrato facendo clic AQUÍ.

 

Samaín no Barrié



Os contos do avó

Hoxe o alumnado de 2°, 3° e 5° de EP tivo a oportunidade de acudir ao multiusos de Santa Comba á acividade ofertada pola biblioteca municipal: Os contos do avó. Lendas e contos de  Galicia.  De David Merelas (MOC MOC Espectáculos).

(clic na imaxe para acceder á galería)

Os contos do avó



Charla saúde bucodental

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de EP tiveron no día de hoxe unha charla. Aprenderon a importancia de coidar a saúde das súas bocas.

(Podes ver fotos facendo clic na imaxe.)

Charla saúde bucodental



Día Mundial da Neve

O 19 de decembro celébrase o Día Mundial da Neve (World  Snow  Day) co obxectivo de promocionar os deportes brancos e o goce da natureza. Este día foi proclamado pola Federación Internacional de Esquí, e celébrase en todas as estacións de esquí do mundo, con actividades que convidan a estar en contacto co branco elemento.

 

Pero ademais de celebrar o deporte e a natureza, o Día Mundial da Neve tamén debe servir para concienciar sobre os perigos dos aludes e grandes nevadas en cotas baixas que poden producir incidencias nas estradas.

 

E por suposto, o máis importante. A neve é moi beneficiosa para o medio ambiente, xa que forma parte do ciclo da auga. A neve que se acumula durante o inverno en zonas de montaña funciona como un almacén de auga que se libera na primavera co desxeo e que vai parar aos encoros e aos ríos.



concurso AMTEGA

76 membros do alumnado do noso centro veñen de participar no concurso de AMTEGA, "Captura a sociedade dixital!". 

O alumnado debía recoller nos seus debuxos como sería a sociedade galega dentro de 10 anos en relación aos avances tecnolóxicos.

As persoas participantes poden gañar unha táblet. Moita sorte a todas e a todos!

Non deixedes de ver as obras creadas así como os textos explicativos que as acompañan.

 

debuxos AMTEGA

 

Para máis información do concurso pode visitar a páxina de AMTEGA



Hoxe o CEIP Barrié de la Maza deu auténtico medo. Todo o alumnado e o profesorado pasou un día verdadeiramente arrepiante. Non faltaron os sustos pero sobre todo tamén as risas.

 

Ademais puidemos desfrutar a bonita película de Coco, unha longametraxe chea de mensaxes positivas.

 

Non te pergas a nosa galería de imaxes e vídeos facendo clic na foto que segue.

SAMAÍN



Neste día unifícase a celebración de todos os patróns dos distintos niveis educativos, polos beneficios organizativos e pedagóxicos que a devandita unificación implica.



Auga. O sangue da terra

Alumnado de 4º e 5º de EP acudiu no día de hoxe á exposición "Auga. O sangue da terra". O fotoperiodista Manuel Valcárcel creou un proxecto co que mostra a realidade de rexións como Nova Zelandia ou o propio río  Lor, na provincia de Lugo, para concienciar sobre a importancia da auga, o elemento que sustenta o planeta Terra.

Auga. O sangue da terra

Para máis información, clic na imaxe que segue

Auga. O sangue da terra

 




Canta miña pedra canta

No días das Bibliotecas o alumnado de 3º, 4º e 5º de EP desfrutou do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas " Canta Miña Pedra Canta"

Canta miña pedra canta

Canta miña pedra canta

Ademais, tamén tiveron un bonito agasallo o libro "O fillo do rei e outros contos populares".

O fillo do rei

 

 



 

Día da biblioteca

O noso alumnado despexou todas as dúbidas. O misterio que se estaba tramando no CEIP Barrié de la Maza era que a biblioteca do centro estaba a piques de abrir. Ao longo dos días pasados todo o alumnado estivo investigando este gran misterio. Por fin está resolto! Hoxe 24 de outubro celebramos o Día internacional das Bibliotecas.

Día da biblioteca



Anacos de vida

Podes ver o episodio completo facendo clic na imaxe que segue:

Anacos de vida

O xoves 31 de outubro ás 20:30 no auditorio, edificio de multiusos de Santa Comba, terá lugar a pre-estrea do programa "Anacos de vida".

No episodio en cestión participou alumnado do noso centro e persoas maiores da vila de Santa Comba. 

Anacos de vida



Anacos de vida

O xoves 31 de outubro ás 20:30 no auditorio, edificio de multiusos de Santa Comba, terá lugar a pre-estrea do programa "Anacos de vida".

No episodio en cestión participou alumnado do noso centro e persoas maiores da vila de Santa Comba. 

Anacos de vida



Excursión 4º e 5º EP

O alumnado de 4º e 5º de EP por fin fixo a súa excursión tras ser adiada por mal tempo no pasado curso escolar. 

Visitaron a Cibdá  de Borneiro, fixeron ruta polo Rego dos Muíños e pasaron pola enseada de Anllóns. Ademais, tamén visitarón Valarés e descubriron Centro Arqueolóxico do Dólmen de Dombate.

(Non te perdas as fotos nin o vídeo da viaxe facendo clic na imaxe)

Excursión 4º e 5º EP

 



O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro estivo de sorte! Asistiron aun contacontos moi especial na biblioteca pública do noso concello. Alí descubriron que: non hai contos de nenos nin de nenas, só de persoas.

Non hai cousas de nenos nin de nenas: só de persoas



No día de hoxe Pablo Seoane visitou o CEIP Barrié de la Maza. Deu a coñecer a súa labor de ensino da música tradicional galega con alumnado do noso centro.

 (No vos perdadeas a galería e imaxes e o vídeo)

Pablo Seoane no noso centro



Este curso o alumnado de 6º participou no programa Meteoescolas, levando a cabo a medición de temperatura e de precipitacións na nosa estación metereolóxica.

Ademais realizáronse diferentes traballos por proxectos relacionados co tempo, todos recollidos nun FANZINE ( publicación feita con poucos medios e de tirada reducida que trata de temas culturais: cómic, literatura, tiras de humor,...)

Algúns dos traballos realidados foron:

 

-Murais de fenómenos atmosféricos.

- Murais das estacións:

 

- Traballos de investigación:

 



O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.

Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!



Pinchando na imaxe accederás ao blog do Segundo Ciclo.



by Dr. Radut