Skip to Content

Novas

Bolsas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)

Bolsa alumnado de NEAE

Beneficiarios: alumnado con trastorno grave de conduta e/ou discapacidade. Alumnado con altas capacidades.

Prazo: 30 de setembro de 2020 (inclusive)

Documentación: consultar na convocatoria.

Solicitude: deberá solicitarse online cubrindo o formulario no seguinte enderezo https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html e entregarase na sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es/portada.html e/ou no centro educativo no prazo indicado.

 

Tanto para conseguir o informe preciso para a tramitación da axuda como en caso de dúbida, poderán dirixirse ao Departamento de Orientación do noso centro, previa cita, debido a situación da COVID-19. 

Teléfono: 881866918

e-mail: acmaceiras@edu.xunta.gal

 

(Clic na imaxe para descargar a convocatoria)

Bolsa alumnado de NEAE

14 de xuño, Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

Día nacional da LSE

 

Día nacional da LSE

O 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (LSE). Trátase dunha importante oportunidade para difundir unha imaxe positiva das linguas de signos e por tanto das persoas xordas e  sordociegas. Así mesmo, esta conmemoración servirá para lembrar a todos os estamentos que conforman a nosa sociedade que as linguas de signos en España cumpren un papel fundamental para a transmisión de ideas, a relación persoal e social, e o intercambio de coñecemento.

 

Canto maior sexa o coñecemento destas linguas e da súa transcendencia para moitas persoas xordas e  sordociegas, con máis facilidade adoptaranse actitudes de tolerancia e empatía entre a cidadanía.  

  

Cada 14 de xuño, celebraremos a capacidade da sociedade española por levantar pontes de sensibilización e coñecemento mutuo, e comprobaremos como cada vez máis, impóñense os principios de solidariedade  e de equidade social. 

 

E ti? xa sabes presentarte en LSE?


 

Se miras este vídeo aprenderás como presentarte eo abecedario para saber como deletrear o teu nome.

 

PODEDES VER AQUÍ AS PRESENTACIÓNS DO NOSO ALUMNADO 

Outros vídeos de interese para distintos niveis


 

Infantil:


 

Me he perdido (9:21)

Conto falado e signado da editorial Carambuco. Esta editorial ten unha colección de contos en papel no que o texto vai acompañado dos debuxos dos signos e tamén inclúen un DVD co conto enteiro

https://youtu.be/PIgNx-uH1Pk

 

A espía que xurdiu do fillo (3:36)

Curtametraxe galega de animación na que o protagonista está convencido de que o seu pai é espía xa que sabe ler os beizos, ten un aparello no oído e domina un sistema de comunicación secreto.

https://youtu.be/HZ8C-DNP-tI

 

Fundación ONCE perros guía (7:02)

Documental no que se explica como adestran aos cans guías desde o nacemento ata que se lles asigna unha persoa cega ou xordocega.

https://youtu.be/fFOUGxUNgEg

 

Primaria:


 

El sueño de Pedro (9:40)

Curtametraxe valenciana de animación na que o protagonista, un neno xordo, nos ensina que son as barreiras de comunicación e a integración.

https://youtu.be/voVlXKPL9uw

 

A espía que xurdiu do fillo (3:36)

Curtametraxe galega de animación na que o protagonista está convencido de que o seu pai é espía xa que sabe ler os beizos, ten un aparello no oído e domina un sistema de comunicación secreto.

https://youtu.be/HZ8C-DNP-tI

 

El camino de los sentidos (4:23)

Trailer do documental do mesmo nome sobre o camiño en bici desde Roncesvalles a Santiago que realizou Gerardo, un chico xordocego de Vigo.

https://youtu.be/_5moVAjygck

 

 

Texto traducido da páxina de Confederación Estatal de Persoas Xordas

Enlaces de vídeos facilitados por Tareixa Martínez Intérprete en LSE

21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down

Día Mundial do Síndrome de Down

A síndrome de Down sempre formou parte da condición humana, existe en todas as rexións do mundo e habitualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

 

 

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención temperá e ao ensino inclusivo, así como a investigación adecuada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

 

Nesta data son varias as entidades que propoñen distintas iniciativas.

DownEspaña aposta pola campama #LosVerdaderosInfluencers. Así, durante 24 horas, persoas con Síndorme de Down se porán no lugar dos maiores influencers do noso país. 

 

Por outro lado, dende a páxina oficial do world down syndrome day aléntannos a usar calcetíns de cores e subir fotos cos seus hashtags #LotsOfSocks , #WorldDownSyndromeDay e #WDSD20.

Día Mundial do Síndrome de Down

 

 Non deixedes de escoitar este conto sobre a Síndrome de Down

2 de abril, Día Mundial do Autismo

Día Mundial do Autismo

LIUB

 

O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro  autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro  autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.



O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.

Ademais, queremos lembrar a non estigmatización das persoas  con Autismo. É a sociedade quen ten que ser repectuosa e non dubidar do bo facer das familias que saen coas súas fillas e fillos á rúa porque así o precisan. Non debería ser necesaria ningunha marca.

non

O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

 

Algúns recursos


 



  Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións

 

Guía sobre o Autismo

 

Información recollida da páxina das Nacións Unidas

 

Material de PT e AL

Os vídeos de Eugenia Romero poden ser vistos en familia e participar de forma lúdica: deixamos algúns exemplos para que poidades organizar as vosas rutinas diarias. 

1.º  Vídeos: 


 As profesións


Estimulación da linguaxe e as súas compoñentes:




         


         

Para Xogar e cantar


 


Canal de Gallinita pintadita
Neste canal o alumnado pode cantar e as persoas lectoras seguir a letra das cancions estilo Karaoke.

Contacontos
Logo de escoitar a historias podedes realizar preguntas sobre ela, por exemplo, quen aparece no conto? Por que crees que pasou …? e así sucesivamente

Contos con pictogramas
De gran utilidade para amenizar horas mortas do alumnado con TEA

Xogo veo- veo

Podedes seleccionar os vídeos do voso agrado e traballalos. 

2.º Material para imprimir


 


Facilitamos distintas web na que podedes atopar diversos materiais para imprimir

ARASAAC

Unidades didácticas adaptadas

Pasapalabras

Orientación Andújar

9 letras

Material de Jesús Jarque

La eduteca

El sonido de la hierba al crecer

Ciencias Sociales

Asignaturas varias adaptadas

Autismo Navarra materiales adaptados diversas asignaturas

Juego Stop

Juego de la Oca

Sopa de letras

Sopa de letras II

Cuadernillo de Lengua

Fichas diversas asignaturas

Más fichas

Material para imprimir Miri-Blog


3.º Aplicacions e webs de xogos educativos




Vedoque

Jueduland

Mundo Primaria

Material de diversas asignaturas

Aula PT

Pictosonidos

Matemáticas

Otras asignaturas

Aplicaciones educativas con su explicación 

Juegos Genially

 

Material recopilado da entrada do blog de "Nubecitas de Sabiduría"

8 de marzo, Día Internacional da Muller

8 de marzo, día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades. 

 

Dende o noso centro quixemos dar voz e visibilidade a varias mulleres Xalleiras que destacan en distintos campos da ciencia e da tecnoloxía.

Grazas a todas as mulleres que acudiron ao noso centro para ser entrevistadas. Grazas por compartir o voso tempo, os vosos coñecementos e o voso cariño.

 

  • Rosa María Facal Varela (Arquitecta).
  • Fátima Sánchez Blanco (Arqueóloga).
  • Rocío Alonso Vieito (Delineante).
  • Olalla Maroñas Amigo (Científica).
  • María Dolores Cousillas Ferreiro (Enxeñeira Técnico Agrícola). 
  • Analía Míguez González (Estudante de Enxeñería Robótica).
  • María de los Ángeles Fariña Vieites (Policía Local).
  • María Mabel Antelo Collazo (Policía Nacional).

O alumnado preparou distintas cuestións para, hoxe día 6 de marzo, formularlle en diversas entrevistas dentro da radio do noso centro.

Se non puideches escoitarnos en directo... fai clic na imaxe para acceder á galería de imaxes, vídeos e podcast das entrevistas.

 8 de marzo, día Internacional da Muller

Ademais o alumnado de EI e de 1º e 2º de EP recibiu, para romper estereotipos de profesións asociadas a xénero masculino, a visita de dúas mulleres policias ás que tamén lles realizaron diversas preguntas.

Por úlitmo, non deixedes de consultar esta entrada da páxina da ONU que propón 12 pequenas accións con gran impacto para a xeración igualdade.

8 de marzo, día Internacional da Muller

 

8 de marzo, día Internacional da Muller

Parte da información desta entrada foi sacada da páxina da ONU

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS). Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo para inspirar e promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Con todo, as mulleres seguen atopando obstáculos para desenvolverse no campo da ciencia.

 

Aquí podedes ver algún traballos realizado polo alumnado do centro:

 

(clic na imaxe para acceder)

 

Mulleres de Ciencia

 

A ciencia é unha disciplina colaborativa, pero tropeza co obstáculo da brecha de xénero.

 

Aquí tedes 11 mulleres que cambiaron a ciencia.

 

 

E aquí outras 26.

Mulleres de Ciencia

As nenas e os nenos obteñen os mesmos resultados en ciencias e matemáticas, pero só unha parte das estudantes opta por carreiras científicas na educación superior.

 

 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Para estar á altura dos desafíos do século  XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero.

 

Hai que apoiar ás científicas e as investigadoras no exercicio da súa profesión. Aquí tedes algúns exemplos!

 

Esta científica axudou a acabar co Ébola.

 

 As mulleres fan que os equipo sexan máis fortes e creativos na NASA

 

 

Os Principios para o Empoderamento das Mulleres, establecidos pola ONU Mulleres, ofrecen orientación ás empresas e outras entidades.

 

Texto traducido da páxinas da Nacións Unidas

4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro.

Día Mundial contra o Cancro

O 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro, promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro ( CIIC) e a Unión Internacional contra o Cancro ( UICC) co obxectivo de aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.

Que é o cancro?


Todos oímos falar de cancro, e a maioría de nós, coñecemos directamente a persoas con esta enfermidade que causa tanto temor. Pero sabemos realmente que é o cancro?

O cancro é unha enfermidade que fai que un grupo de células do organismo crezan de maneira anómala e incontrolada dando lugar a un vulto ou masa. Isto ocorre en todos os cancros excepto na leucemia (cancro no sangue).

Día Mundial contra o Cancro

 Factores de risco para o cancro


Existen moitos tipos de cancro que unha persoa pode desenvolver, debido a causas múltiples. En moitos casos, os factores de risco non poden modificarse, pero ao redor dun terzo dos casos de cancro poden evitarse reducindo os factores de risco principais.

Factores de risco non modificables son a idade ou a xenética.

Os factores de risco que si podemos controlar son, entre outros:

  • Consumo de alcol, tabaco e drogas.
  • Alimentación e dieta.
  • Actividade e exercicio físicos.
  • Radiacións ou exposición a substancias canceríxenas.
  • Determinadas infeccións.

O lema do Día Mundial contra o Cancro deste ano, «Eu Son E Vou A» trata sobre ti e o teu compromiso para actuar. Cremos que, mediante as nosas accións positivas, todos xuntos podemos lograr o obxectivo de reducir nun terzo o número de mortes prematuras por cancro e enfermidades non transmisibles para 2030.

(clic na imaxe para acceder á web oficial)

Yosoyyvoya

Texto traducido de "día internacional de"

Mesa Redonda pola Paz

Mesa Redonda pola Paz

Continuando coas actividades realizadas no noso centro para a celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz,  o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tivo a sorte de poder escoitar a testemuña de varias persoas de orixe estranxeira.

Compartiron as súas vivencias, as dificultades atopadas ao chegar, as similitudes e diferenzas entres as distintas culturas e sobre todo as ganas coas que chegaron para traballar no noso país.

Mesa Redonda pola Paz

O alumnado do centro realizou numerosas preguntas en relación a aspectos como: gastromonía, traxes típicos, tipos de vivenda, documentación necesaria para a residencia, sentimentos de acollida na comunidade....

A experiencia foi marabillosa e axudou a que o alumnado do centro comprendera a importancia de recibir ben as persoas que veñen ao noso país, persoas que ademais precisamos para que a nosa comunidade sexa cada vez mellor. 

Grazas a Asmae Aljebari, Abdelhamid Benslaiman e Talia Bernaola por compartir con nós e o alumnado o voso tempo. 

Non deixedes de ver tamén o vídeo do evento:

Vídeo Mesa Redonda Pola Paz 

Día Mundial do Abrazo

Día Mundial do Abrazo

O 21 de xaneiro é o Día Internacional do Abrazo, unha data creada por Kevin  Zaborney, un estadounidense quen preocupado polas poucas mostras de afecto que realiza a xente en público mesmo cos membros da súa familia, pensou en crear unha festividade que lles brindará unha escusa de facer algo que a todos gústanos e é dar e recibir abrazos.

 

Entre as súas principais achegas están os seguintes:

 

-Achegan seguridade: O ser humano é moi fráxil por natureza, sobre todo cando somos bebés, así que unha boa dose de abrazos axúdanos a sentirnos seguros e confiados.

-Provoca pracer: Cada vez que abrazamos a alguén ou nos abrazan o noso cerebro  segrega dúas substancias que son a  dopamina e a  serotonina, ambas reducen a tensión e xuntas proporcionan calma, tranquilidade e acougo.

-Cobre as nosas necesidades afectivas: Unha persoa necesita diariamente 14 abrazos para sentirse plenamente querido. As persoas que non mostran afecto sofren de algo que en psicoloxía coñécese como fame de pel e non é máis que a necesidade de contacto humano.

-Permiten funcionar de mellor maneira: Cada abrazo axúdanos a centrarnos e manternos felices e funcionais cada día.

-A mellor cura contra a timidez: Permite ás persoas tímidas entrar en confianza, ser máis abertos, espontáneos e seguros de si mesmos.

-Diminúe a presión arterial: As persoas que non teñen moito contacto físico posúen unha frecuencia cardíaca e unha presión arterial moito máis alta que as persoas que reciben abrazos de maneira frecuente.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut