Skip to Content

Consello Escolar

Eleccións Consello Escolar 22-23

consello escolar 22-23

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: directora do Centro, un/ha profesor/a, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores día 2 de novembro ás 10:20h na aula 31.

 

Composición actual do organismo

 

novo

Neste mes de novembro van ter lugar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. Estas eleccións son moi importantes, dado que o Consello Escolar é o órgano de participación no goberno do colexio dos diferentes membros da comunidade educativa, a saber: pais/nais/titores legais,  persoal de administración e servizos e profesorado. Neste órgano tamén están representado o Concello de Santa Comba  a través da persoa designada polo mesmo.

Dende a Dirección animámosvos a presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar.

QUEN PODE PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS?

 Pode presentarse calquera persoa que sexa:

  • nais/pais/titoras/titores legais do alumnado do centro
  • pas (persoal de administración e servizos).Este ano non hai eleccións neste sector.
  • Mestras,mestres do centro

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Desde o 9  de novembro ata o 21 de novembro

COMO ME PRESENTO

  • Na Secretaría do centro

CENSO

censo provisional de nais/pais/titores/titores legais,   e profesorado está dispoñible para a súa consulta no taboleiro de anuncios do colexio entre o 9  e o 18 de novembro.

O período de enmendas ao censo electoral provisional abrangue dende o 20 ata 22  de novembro.

 

COMO PODO RECLAMAR/ENMENDAR O CENSO ELECTORAL PROVISIONAL?

Dúas vías:

  • Na secretaría do centro.

En ambos casos hai que utilizar ben o pdf "Solicitude de corrección_Censo", ou ben o pdf "Solicitude de inclusión no Censo".

 

CANTAS PRAZAS SE VAN RENOVAR?

·       Nais/Pais/Titoras /Titores legais: 1 ,poderían ser 2 se a ANPA non nomease representante.

·       Profesorado: 2        

DOCUMENTACIÓN DE UTILIDADE       

Consello Escolar

CONSELLO ESCOLAR 22-23

 

PRESIDENTA:

·      Mª DOLORES NIETO CAAMAÑO

 

SECRETARIO

·      CÉSAR RAMOS DOMÍNGUEZ

 

XEFA DE ESTUDIOS:

·      Mª DOLORES PÉREZ CANCELA

 

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

 

·      Mª CARMEN GARCÍA ESPASANDIN

 

·      Mª JOSÉ LOIS ORTÍZ.

 

·      Mª ISABEL BARRIENTOS ROMERO

 

·      CARMEN ESPASANDÍN VILARIÑO

 

·      SANDRA FRAGA LEIS

 

 

REPRESENTANTES DOS/AS PAIS/NAIS DE ALUMMOS/AS:

 

·      XOAN RAMÓN ALVITE ALVITE

 

·      SUSANA PAZOS RIEIRO

 

·      SONIA SOLÍS CALO

 

·      SORAYA OTERO FARIÑA 

 

·      LUCIANA TRIÁNS BORGES

 

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS:

 

·      ESTHER GARCÍA TORREIRA

 

 

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

 

·      Mª ESTHER ESPASANDÍN TURNES

 

Eleccións Consello Escolar 21-22

Eleccions Consello Escolar 21-22

INFORMACIÓN IMPORTANTE ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 21-22. Podes descargar o documento aquí 

  • Datas importantes:
      • Do 5 ao 12 de novembro, de 9:40 a 14:00 horas --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.
      • Do 16 ao 22 de novembro --> campaña electoral.
      • 23 de novembro --> votacións 
  • Compoñentes do consello escolar no noso centro (15):
    • Membros natos:
      • 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
    • Membros elixibles:
      • 5 representantes do profesorado.
        • A renovar 3 nesta convocatoria
      • 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 4 nesta convocatoria.
      • 1 representante do persoal de administración e servizos.
        • A renovar 1 nesta convocatoria.
    • Membros designados:
      • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.    
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

 

Modelo de presentación de candidatura pais/nais do alumnado

 

Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación.

Normativa que regula o proceso:

 

 

 

 


 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021. DOG do 29 de setembrorealizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

  • Directora do Centro: María Dolores Nieto Caamaño (ou membro do ED en funcións)
  • Unha Profesor/a: María de la Paz Pérez Gorgal
  • Nai, pai ou Titor legal: Sonia Solís Calo
  • Representante do PAS: Ernesto Antelo Antelo

Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores día 27 de outubro ás 11:45 no ximnasio do noso centro.

 

Unha vez efectuado o sorteo poderán consultar nestá mesma entarda os resultados. 

Resultado do sorteo

Sector de profesorado

María de la Paz Pérez Gorgal 

 

Sector de nais e pais             

Sonia Solís Calo 
Sector de PAS

 

Ernesto Antelo Antelo                                                   

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e poderán seguir nesta mesma web.

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 1 de outubro), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, o outro pai será o representante da Anpa. Os outros dous representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14´00 horas do día 14 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 16'00 horas do día 11 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 14 de novembro, ás 15:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 9:30 a 13'15 horas e de 15:30 a 16:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9:20 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Santa Comba 4 de novembro de 2016

O/A PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Membros do Consello Escolar (renovación novembro 2016)

PRESIDENTA

Mª Dolores Nieto Caamaño

SECRETARIO

Rafael del Río Bolón

XEFA DE ESTUDOS

Mª Dolores Pérez Cancela

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

Begoña Castro Iglesias

Mª Carmen García Espasandín

Mónica Vilariño Fociños

Carmen Espasandín Vilariño

Sandra Fraga Leis.

REPRESENTANTES DO/AS PAIS/NAIS DO ALUMNADO

Sandra García Gómez

Beatriz Rieiro Barbeira

Xoán Ramon Alvite Alvite.

Mª Luz Facal Mouro

Silvio Antelo Riveiro (Representante ANPA)

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Esther García Torreira

REPRESENTANTE DO CONCELLO

María Esther Espasandín Turnes

Distribuir contido


by Dr. Radut