Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 22-23

consello escolar 22-23

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: directora do Centro, un/ha profesor/a, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores día 2 de novembro ás 10:20h na aula 31.

 

Composición actual do organismo

 

novo

Neste mes de novembro van ter lugar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. Estas eleccións son moi importantes, dado que o Consello Escolar é o órgano de participación no goberno do colexio dos diferentes membros da comunidade educativa, a saber: pais/nais/titores legais,  persoal de administración e servizos e profesorado. Neste órgano tamén están representado o Concello de Santa Comba  a través da persoa designada polo mesmo.

Dende a Dirección animámosvos a presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar.

QUEN PODE PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS?

 Pode presentarse calquera persoa que sexa:

  • nais/pais/titoras/titores legais do alumnado do centro
  • pas (persoal de administración e servizos).Este ano non hai eleccións neste sector.
  • Mestras,mestres do centro

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Desde o 9  de novembro ata o 21 de novembro

COMO ME PRESENTO

  • Na Secretaría do centro

CENSO

censo provisional de nais/pais/titores/titores legais,   e profesorado está dispoñible para a súa consulta no taboleiro de anuncios do colexio entre o 9  e o 18 de novembro.

O período de enmendas ao censo electoral provisional abrangue dende o 20 ata 22  de novembro.

 

COMO PODO RECLAMAR/ENMENDAR O CENSO ELECTORAL PROVISIONAL?

Dúas vías:

  • Na secretaría do centro.

En ambos casos hai que utilizar ben o pdf "Solicitude de corrección_Censo", ou ben o pdf "Solicitude de inclusión no Censo".

 

CANTAS PRAZAS SE VAN RENOVAR?

·       Nais/Pais/Titoras /Titores legais: 1 ,poderían ser 2 se a ANPA non nomease representante.

·       Profesorado: 2        

DOCUMENTACIÓN DE UTILIDADE       



page | by Dr. Radut